miércoles, 17 de febrero de 2010

O ESPACIO

Imos comezar co estudo do espacio. Para que vaiades mirando algo do que hai máis alá da nosa atmósfera, deixamos varios enlaces que vos levarán a videos marabillosos aloxados en Youtube.
Imaxes tomadas dende o telescopio Hubble.
http://www.youtube.com/watch?v=4gaSMVBu5qg
Fotos da Terra e da Lua a 50 millóns de quilómetros
http://www.youtube.com/watch?v=4a_lDbvFc4E
Fotos da NASA
Meteoriños contra a terra
Na biblioteca xa estamos a facernos con bibliografía axeitada a este tema.

sábado, 30 de enero de 2010

DÍA DA PAZ



O día 29 de xaneiro celebramos en San Tomé o Día da Paz. Dende o Departamento da Biblioteca queremos felicitarvos polas pescudas e o interese tan grande que puxéchedes profesorado e alumnado por coñecer ós/ás nóbeles da Paz e a outras persoas que incluso deron a súa vida por un mundo máis xusto, ou a aquelas que adican a súa vida e o seu tempo de lecer en axudar tanto nos momentos tráxicos coma na vida diaria a aquelas persoas que tanto o precisan. Unha aperta a todos/as.

lunes, 21 de diciembre de 2009

Nadal na escola

Nenos e nenas de San Tomé... Feliz Nadal!!! Pero esto non rematou. Á volta de vacacións continuaremos todo o mes de xaneiro con Xulio Verne a petición do profesorado. Mentres tanto, podedes visitar o blogue de actividades extraescolares para ver o voso belén. Nós seguiremos traballando para a volta.

lunes, 7 de diciembre de 2009

Segundo ciclo con Xulio Verne



A obra elexida polos de 4º é "20.000 leguas de viaxe submarina", así que temos a escola chea de auga por abaixo e por arriba. Tamén están os do primeiro ciclo a traballar  "A volta ao mundo" e"5 semanas en globo". Estes últimos, con 30 globos formarán parte do Belén de San Tomé este ano xunto cos faros e os submarinos de terceiro.

Jules Verne e o terceiro ciclo

Os 5º da profesora Adela leron a novela "Viaxe ao centro da Terra", entre outros, e en Plástica quixeron facer os volcáns. Fáltanos por meter aquí unha portada preciosa de Victor, un alumno de 5º que temos reservada para o mural que o equipo de extraescolares vai facer sobre os títulos de Xulio Verne, pero o que podedes ver a continuación é igual de bonito. Tamén están os nenos e nenas de 6ºB que se decidiron pola "Volta ao mundo en 80 días".



Xulio Verne e os faros

Os rapazas e rapaces de 6º adicáronlle o traballo plástico á novela "O faro do fin do mundo" e saíronlle 6 faros moi persoais como podedes ver. Agora, os profes de actividades extraescolares están a facer un faro -tamén moi persoal.- para poñelo na entrada do cole e, dentro duns días, convertiranse todos no belén de nadal.



Infantil e Jules Verne

Os de infantil, tal como ameazaban, chegaron á entrada e empezan a enchernos de mar. Deixámosvos unha reportaxe dalgúns dos seus traballos. Cada curso, dende 3 a 5 fixeron un animaliño submarino que encheron de tiras de papel de periódicos para darlles corpo. Este é o resultado


sábado, 5 de diciembre de 2009

A escola en funcionamento

Rematou outra semana. As lecturas van fenomenal. Hoxe, unha nai contounos algo precioso. Ten na casa un libro "case tan vello coma ela" - 40 anos- que lle regalara seu avó sendo moi pequena. Alí estaba, no medio doutros, esquecido. Os seus fillos nunca se fixaran nel, nen tan sequera ela se acordaba da súa existencia. Pero hai uns día Iago, o máis pequeno da casa, bateu cos ollos no canto e foille pedir á nai que lle dera o libro de Julio Verne. A nai buscou na mochila, no cuarto, na cociña, no curral ... pensando nun dos libros da biblioteca da escola que Iago debía ter en préstamo. Desesperada díxolle ó neno se outra vez ía ter que mercar un libro por ser tan descoidado e perdelo. Non, mamá! O libro debe ser teu porque está enterrado na estantería da saliña. E sí, estaba alí, un libro que nunca lera e que agora está a descubrir co seu neno, 40 anos despois. Benvida. No cole temos moitos máis a túa/vosa disposición.

viernes, 20 de noviembre de 2009

Axel vive co seu tío Otto Lindenbrock, un profesor de mineraloxía ao que lle regalaron manuscrito de gran valor. Este libro contén non seu interior un pergameo de orixe rúnica. O profesor intenta descifralo pero será Axel quen logre descubrir a clave do documento de forma casual. Arne Saknussemm, un alquimista islandés di como chegar ao centro da terra. O profesor eufórico decide ir ao lugar indicado no pergameo xunto co seu sobriño Axel. Este négase pero non pode impedir a viaxe... Trasládanse ata Islandia e buscan un guía co que entran no volcán Snefells. Unha vez no fondo , percorren miles de quilómetros pero o que alí descobren págalles a pena os medos e sufrimentos. Ó final... "

Este é o argumento dun dos libros de Xulio Verne. De ningunha maneira imos contar o final. Témolo en cómic, adaptado e a versión completa. Elixe ti! Despois, se queres, contesta as preguntas que están ó lado do volcán do cole... Esta é un exemplo.

jueves, 19 de noviembre de 2009

Saúdos

Benvidos ó blog da biblioteca. Xa dispoñemos de moitas que cousas que ofrecervos, pero ante todo, esperamos que teñades bo curso, boas lecturas e bo traballo durante este ano.
O programa de actividades para o primeiro trimestre xa o coñecedes: Xulio Verne
Trátase, ante todo, de ler as súas obras adaptadas ás vosas idades. Para esto, mercamos todas as novelas adaptadas a primaria que hanía nas editoriais. Recoñecemos que faltan moitos títulos adaptados, pero para iso contamos coa axuda dos departamentos de Normañización Lingüística, Actividades Extraescolares e Tics que están botando fume e resumindo as novelas para que as poidades ler.
Temos tamén moitas obras completas para os lectores/as avanzados e cómics.
Na biblioteca tendes os libros seleccionados nos andeis expositores e todos aqueles que teñan ficha podedes levalos para ler na casa.
Ademáis, os vosos profesores e profesoras van proporñervos outras actividades arredor das novelas que estades a ler. Esperamos que vos gusten...