Feliz descansoooooo!!!!
LECTORIÑO
BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP SAN TOMÉ DE CAMBADOS
sábado, febrero 18, 2012
UN ANTROIDO DE CONTO
Por agora despedímonos co antroido de onte. Como no blogue de extraescolares, a profe Guada vai pasar horas procesando as fotos para que non aparezades ningún dos que non tendes permiso, nós imos deixar aquí só os disfraces de algúns profes -anque a verdade, non lles pedimos permiso-. Felicitar a todas as titoras e titores polo enorme traballo feito cos disfraces e as coreografías, todas arredor dos contos e do noso proxecto de Rodari; a Mónica pola música, ás nais, pais, avoas, tías... pola gran cantidade de postres que trouxeron para celebrar a festa con xantar, os especialistas pola decoración do pavillón, a organización das mesas de postres, o servizo, a animación, a recollida..., ó equipo directivo pola organización e agradecerlle a Inés a Cristina e a Mon o traballo de ter que limpar o pavillón despois da festa. Todo o fixemos para que pasarades un día especialmente agradable. Un abrazo para todas e todos.
MÁIS ACTIVIDADES DIVERTIDAS
A petición de algunha titora, argallamos outras sopas de letras para os maiores e os máis pequeños. A dos maiores xa están no seu sitio, a dos pequenos queda para a volta das vacacións de antroido. Ide traballando dende a casa se tendes tempo entre bailes de disfraces, desfiles, orellas e filloas.
Tantos xentilicios coma provincias hai no estado español. Lembrade: XENTILICIOS e non as provincias.
Este é doado para os maiores pero non para os de 1º ciclo. Cada vez que atopedes unha animalada (UN NOME DE ANIMAL), ademáis de marcala na sopa debedes riscala ao marxe para indicar que xa foi localizado. Unha pista: só estan en horizontal, de esquerda a dereita, e en vertical, de arriba cara a abaixo.

TÉCNICAS DE RODARI: UN CONTO
Traballando as técnicas de Rodari, comezamos a escribir outros contos (como fixemos coa Carapuchiña alá no primeiro trimestre). Neste caso comezamos pola Ensalada de Contos e enredamos a Carapuchiña -que tiña un problema debido á crise- e a Pinocho. Esperamos que vos guste e sirva de exemplo para outras mesturas que vos propoñan as profes ou que se vos ocurran.
ADIVIÑAS DE CONTOS
Pola zona do segundo ciclo, colocamos outro panel de adiviñas, neste caso sobre contos porpulares. Tamén están enumeradas e tendes que contestalas na folla de solucións. Pode ser que consideredes que algunha delas identifica a máis de un conto. Nese caso, escribideos.
Aquí debaixo poñemos uns exemplos das adiviñas.
Tamé podedes atopar este outro cartel
Xa comprobamos que está case rematado. Pero non tendes porque deixalo aí. Se tendes máis ideas, continuade colocándoas sobre as paredes. A falta de espazo non será quen vos pare.
BIBLIOGRAFÍA EN GALEGO
Rescatamos a bibliografía en galego. Xa vedes que hai moi pouco de Rodari traducido a nosa lingua pero, lembrade, tendes obriñas traducinas na biblioteca.
ADIVIÑAS DE MON
Como sempre, Mon está disposto para imaxinar e inventar... e inventounos todas estas adiviñas tanto para o cole como para quen queira empregalas nas súas aulas. Iso si, para propios e alleos sería de agradecer, por cortesía, que alomenos se acordaran de citar a súa autoría. Veña, a solucionalas.
jueves, febrero 16, 2012
PROXECTO DOS POR QUE
Como vos vai cos vosos por ques, coas respostas orixinais...?
Xa vos dixemos a dificultade para atopar o libro, por iso o equipo da biblioteca fixo unha adaptación do libro que conseguimos en italiano. Podedes velo polos corredores. Tamén podedes coller os paneis e metelos nas clases, así facédesvos unha idea de como Rodari contestaba ás preguntas que lle formulaban nenos e nenas coma vos.
Como vedes, tendes a versión en italiano e, ao par, a versión adaptada que fixemos na biblioteca. Por que a versión en italiano?... Pois .... para que vos confirmedes se a traducimos ben, ... porque vos ides facer a unha adaptación propia...
Así é como está quedando o oco onde colocamos esas tapas das caixas de folios forradas de cores. Agora vos tendes que pegar sobre elas as vosas respostas que, como vedes, xa empeza a encherse. Para axudarvos cos por que, inventamos e procuramos da rede e tamén do alumnado, varios listados de posibes POR QUE... En total son 200 e desexariamos que contestarades os máis posibles.

Só estas imaxes pois tendes as outras seis polo cole adiante. Se non as atopades é posible que "anden" por dentro dalgunha aula.
Así é como está quedando o oco onde colocamos esas tapas das caixas de folios forradas de cores. Agora vos tendes que pegar sobre elas as vosas respostas que, como vedes, xa empeza a encherse. Para axudarvos cos por que, inventamos e procuramos da rede e tamén do alumnado, varios listados de posibes POR QUE... En total son 200 e desexariamos que contestarades os máis posibles.
Estes son os POR QUE do espazo para colocar as respostas.
Estes estaban na subida das escaleiras pero... desparareceron. Onde estarán?
Tamén podedes traballar con eles desde a casa e mandarnos a contestación ao bogue.
Tamén podedes traballar con eles desde a casa e mandarnos a contestación ao bogue.
Aquí están as preguntas das profes e as respostas dos nenos e nenas.
Máis respostas dos pequenos da escola
E tamén algunhas preguntas que fixeron eles mesmos.
Aquí xa subimos a quinto, coa colaboración do profe Mon.
Aquí dáse resposta a POR QUE AS BAILARINAS SEMPRE ANDAN DE PUNTIÑAS?
Varias propostas e respostas do equipo da biblioteca.
O por que desta tarxeta é POR QUE AS PLANTAS MEDRAN PARA ARRIBA E O PELO MEDRA PARA ABAIXO? Como vedes, ademáis de imaxinar unha resposta persoal, tratamos de escribila para vos dunha maneira estética, bonita, que chame a atención. O mesmo podedes facer coas vosas.E... POR QUE CHORAN OS CROCODILOS?
Para rematar -agora tócavos a vos - acabamos coa tarxeta que responde a POR QUE OS RATOS TEÑEN O RABO TAN LONGO?. Esperamos que vos guste a proposta.
BIBLIOGRAFÍA ILUSTRADA
Agora toca presentarvos a bibliografía.
Esta está á porta da biblioteca, ó lado dos Contos escritos a Máquina. Aquí deixamos a obra de Rodari según os anos en que a foi publicando.
Na rede atopamos as portadas da maioría das súas publicacións para nenos, nenas e mestres. Se vos entretén, intentade traducir os títulos. É moi posible que as profes de inglés traballen con vos na traducción a aquela lingua.
Nesta porta-panel, na zona do segundo ciclo, deixamos as portadas en castelán. Moitos dos libros xa os temos na biblioteca, outros están traducidos polo departamento de normalización lingüística ó galego -ou polo menos algún dos capítulos-. Debaixo de cada portada tendes o resumo do libro. Elexide o que máis vos chame a atención... e a ler.
Aquí podedes ver as ilustracións dos capítulos que compoñen o libro "Contos para Xogar". Está na subida ó piso de arriba. Polo menos seis destes capítulos están na biblioteca en libriños individuais. Ao final de cada libriño facémosvos propostas como Que final che gustou máis e por que? Escribe tí outro final, Adiviña o final de Rodari.... Alí tendes tamén uns sobres pegados na contraportada para que metades os vosos escritos. Xa hai algún.
E preguntarédesvos: onde está a bibliografía en galego? Sofreu un pequeno accidente (Aos rapaces pequenos, cando teñen o pincel na man, non hai quen lles poña límites nas súas creacións. Así que o papel branco non se acabou no mural da bibliografía e foi ilustrado dun xeito moi orixinal pero inoportuno). Pronto a renovaremos.
TRABALLOS SOBRE AS TÉCNICAS DE RODARI
O equipo da biblioteca está escribindo contos e exemplos de como traballar as técnicas de Rodari. Xa vedes que polos corredores tendes actividades para ir facéndoas cando estedes esperando para entrar na aula de inglés, ou na de música... Cando a profe vos poña fóra da clase polo que vós xa sabedes... Ben, para cando vos apeteza. Así como as vaiades facendo, iremos renovándoas. Unha cousiña: debedes axustarvos ó que se vos propón (por exemplo: Santiago non é un xentilicio), vale?
Acabáchedelo pero... con algúns erros. No seguinte teredes que "afinar" máis.
Os de primeiro e segundo nono fixeron nada mal. Acabaron nun instantiño.
CONTO
Ola... hai xa varios días que temos cousas para ir poñendo aquí, pero xa sabedes que o tempo é escaso. Hoxe deixámosvos o conto dos que están a facer na aula os nenos e nenas de 2ºA. Polo de agora só rematou Lucía pero xa sabedes: se escribides, nós poñeremos aquí os traballos para que llos ensinedes ás vosas familias.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)