O ANO ESTÁ A PUNTO DE REMATAR, E PARA QUE NON VOS ESQUEZADES DA LECTURA NESTAS DATAS DE NADAL, RECORDÁMOSVOS CALES SON OS LIBROS QUE NOS RECOMENDAN OS NENOS E NENAS DO COLE:
LEMBRADE QUE TODOS ESTES LIBROS ESTÁN DISPOÑIBLES NA BIBLIOTECA DO COLE.
Na nosa BIBLIOTECA desfrutamos da lectura todo o ano, pero en abril aínda máis...
Por iso, para conmemorar o DÍA DO LIBROfixemos un apadriñamento por todo o cole, os máis maiores contáronlle contos aos máis pequenos e estes, como forma de agradecemento, agasalláronos cuns marcapáxinas moi orixinais!
A empatía é unha cualidade imprescindible para vivir en sociedade.
Para traballala cos nenos e nenas do San Tomé, ademais de todo o que facemos nas aulas diariamente, esta semana tivemos a posibilidade de poñernos no lugar de outras persoas, analizando así as dificultades e como nos podemos axudar segundo as nosas necesidades, facendo a vida máis doada e accesible para todos e todas.
Gracias polas experiencias que se compartiron cos nenos e nenas!
Aquí vos deixamos unha mostra de fotos do que vivenciamos!
A biblioteca do CEIP San Tomé está moi ben organizada!!
E, para logralo, os nenos e nenas máis maiores do cole explicáronnos as normas de uso da biblioteca:
Todos os libros que podemos levar emprestados, teñen un gomet e unhas letras. A cor do gomet establécese en función da idade recomendada: gomet vermello para os primeiros lectores (infantil, 1º e 2º de primaria); gomet verde para 3º e 4º de primaria; e gomet amarelo para 5º e 6º de primaria.
Ademais, están distribuídos en dúas zonas: GALEGO (os libros en galego teñen na súa etiqueta unha G) e CASTELÁN (estes libros teñen unha C na súa etiqueta).
Todos os libros teñen na etiqueta unhas letras, para saber en que lugar debemos ubicalo despois de lelo. Pero para que sexa moito máis doado, non debemos esquecer traer o noso MARCADOR para colocar no lugar onde está o libro que queremos ler, e logo retiralo unha vez colocamos o libro.
Así, poderemos buscar os nosos libros favoritos con facilidade e sempre manteremos a biblioteca ben ordenada! Aquí vos deixamos unhas fotos da formación que nos deron os máis veteranos do cole...