domingo, 17 de julio de 2016

Despedida de Laura

A nosa coordinadora, Laura, cambia de colexio e polo tanto temos que despedila.

Despois duns cantos anos connosco aportando sempre o seu traballo e ilusión, acompañados sempre dun sorriso, non nos queda outra que agradecerlle a súa dedicación e desexarlle de todo corazón que sexa feliz no seu novo destino.

Un enorme bico, Laura!

martes, 21 de junio de 2016

O Eco de San Tomé

Un ano mais ao chegar estas datas publicamos un novo número do Eco de San Tomé, a revista que resume o curso escoalr que estamos a rematar.

Revista San Tome 2015-2016

lunes, 13 de junio de 2016

UN CONTACONTOS MOI ESPECIAL

Hoxe visitounos Alfonso, profe de 6º de Primaria do CEIP Magariños. Explicounos a cousa que máis doe do mundo cun conto moi divertido! Graciñas Alfonso!!

CLICA PARA VER MÁIS FOTOS

jueves, 2 de junio de 2016

AVALIAMOS O TRABALLO

Ola nen@s e profes! xa está a rematar o curso e queremos valorar algúns aspectos da biblioteca. Queres cubrir a enquisa? É moi doado, clica no enlace que che corresponda, le as preguntas e marca a resposta. Saúdos de Lectoriño! Grazas pola vosa colaboración.

ENQUISA PARA O ALUMNADO

ENQUISA PARA O PROFESORADO

viernes, 22 de abril de 2016

SEMANA DO LIBRO NO COLEXIO

Algunhas imaxes do que deu de sí esta semana na biblioteca e na escola.




O noso lema deste ano foi  "EN ABRIL LIBROS MIL", e para xuntar máis libros pedímoslle a todo o alumnado e profesorado que trouxera un libro da casa para poder prestarllo a quen o quixera.












Puxémolos todos moi ben colocadiños nun espazo fóra da biblioteca. Bueno, máis ben ampliamos a pequena biblioteca ata a entrada do cole.

Diciamos que colocamos os libros moi ben colocadiños pero, por fortuna, axiña se rompeu o orden e empezamos a coller, apuntar e levar. Tanto éxito tivo que ampliamos a experiencia unha semana máis: ata o vindeiro venres 29.





Estes son algúns dos moitos folios que empregamos para facer o rexistro de préstamo.
















E aquí vemos aos maiores axudando a rexistrar o préstamo.


















E tamén lendo no currucho especial.







Tamén acordamos ambientar un pouco os arredores e enchemos os teitos de paraugas coa axuda dos colaboradores da biblioteca e do profe Javi.




E dos paraugas colgaron pingas de todos e cada un dos nosos nenos e nenas








Fixemos carteis,


E todo rematou cunha visita á exposición de libros de medo que preparamos este día na biblioteca







Lembrade: hoxe, día 22, celebrámolo na escola pero mañá 23 DE ABRIL podedes celebralo nas vosas casas.

Noraboa a todos e todas.

APADRIÑAMENTO LECTOR

Hoxe foi unha mañá preciosa. 400 nenos e nenas ciscados polo partio lendo ou escoitando. Para que o lembredes deixamos aquí esta morea de fotos.

sábado, 26 de marzo de 2016

QUE É UNHA PANTASMA?

Já! Parece doado, non si? Pois tentade superar estas definicións, deixádeas na biblioteca e publicarémolas.Este é un traballo do alumnado de 2º ciclo

.

E TI, QUEN TE PERSIGUE?

Danos a risa ler os medos dos nosos rapaces e rapazas. Escachamos de risa agás con algunha das tarxetas como aquelas que din... PERSÍGUEME A MIÑA NAI, PERSÍGUENME OS ONE DIRECTION........... A algunhas de nós tamén nos pasou.

POEMAS ENCADEADOS

Unha cousa leva a outra, ou mellor dito, unha cousa acaba coa outa. É o que reflexan estes poemas de 6º que destrúen galaxias, iguanas, velas e canta cousa queiran.




UNS CANTOS MONSTROS

Os equipos da aula de 6ºA fixeron uns poemas adicados aos seus monstros preferidos. Cales e como son? De seguido podedes lelos e velos nas imaxe.




lunes, 1 de febrero de 2016

LA CASA DE LOS MIEDOS

O alumnado de 3º A e 3º B rematou coa lectura e o traballo  do libro La casa de los miedos de Ricardo Alcántara. É imposible deixar aquí todo o que fixeron nas aulas con esta obra pero sí poñemos o remate final da mesma: unha ficha escrita imaxinando o robot de cada equipo e unha imaxe que recolle o traballo plástico dos equipos axudados polas familias.


lunes, 18 de enero de 2016

AQUELO

ÉVOS COUSAS DE MON QUE ESTE NADAL, CON ISO DA CHOIVA E DO ABURRIMENTO QUIXO EMPREGAR O SEU TEMPO EN IDEAR UN CONTO CON MISTERIOP: AQUELO, E NUNCA MELLOR DITO. QUE SERÁ O AQUELO?.... SÍ, TODO NOS LEVA A PENSAR EN ISO PERO IDE VOS SABER SE SERÁ O QUE PENSAMOS. LEDE O CONTIÑO PARA DESCUBRILO.