domingo, 30 de noviembre de 2014

OBRAS DE CÉSAR PORTELA

Un pouquiño máis para ver algunhas das obras civiles, particulares e o traballo que Portela fai no medio onde levanta as súas construccións.

VISITA DE CÉSAR PORTELA

César Portela é o arquitecto do faro de PUNTA NARIGA en Malpica, entre outras moitas obras tanto en Galicia como en España e no mundo enteiro. Xa sabedes que nos vai visitar o vindeiro martes pola maña para ter unha conversa co alumnado de 3º ciclo na Biblioteca. É por iso que vos deixamos aquí unhas entrevista  nas que fala da súa obra baixo o título "ELOGIO DE LA LUZ".  Hai máis videos na rede que tamén podedes ollar, como o emitido pola TVE na 2, neste enderezo que vos deixamos  www.rtve.es/...cesar-portela-arquitectura.

Aquí tendes a imaxe do faro e os videos



Sobre o faro de Punta Narig

a

Sobre o cemiterio de Fisterra



Sobre a súa vida




http://www.rtve.es/alacarta/videos/elogio-de-la-luz/elogio-luz-cesar-portela-arquitectura-solidaria/1792351/

sábado, 29 de noviembre de 2014

jueves, 27 de noviembre de 2014

EXPERIMENTOS NA ESCOLA

Estamos a piques de rematar os 15 días de experimentos de óptica, luz, vista e visión, pero non imos publicar as fotos ata rematar de todo. Parécenos que vos gustaron moito e polo que estamos lendo nas vosas libretas, estamos moi contentas e contentos dos vosos comentarios e dos escritos. Para nós está sendo un pracer contar e ensinar esas experiencias que non están nos libros pero que son tan marabillosas. Encántanos as vosas caras sorprendidas, as bocas abertas, as ganas de probar, as preguntas tan complicadas que nos facedes e que non sempre sabemos respondervos ao instante pois temos que investigar para dar a resposta correcta. Aseguramos que aprendemos ao par, vos descubrichedes un montón de cousas e nos tivemos que buscar e organizar de maneiras diferentes para atendervos a todos. Unha chea de gracias ao alumnados e ao profesorado. O equipo da biblioteca.

CÍRCULOS ÓPTICOS

Aqueles/as que queirades máis círculos ópticos podedes descargalos no documento que está máis abaixo. Tamén podedes miralos en google pois alí hai milleiros. Outra opción vai ser que os diseñedes vos. Posiblemente vos queden máis bonitos e personalizados. Animámosvos a que miredes moitos e logo os debuxedes ao voso gusto.
A opción máis doada para facelas no ordenador é empregar as ferramentas de paint para deseñar os circulos, anque se vos manexades en Photoshop ou arcsoft teredes máis posibilidades e variedades.

domingo, 16 de noviembre de 2014

O FARO DE ONS

A seguinte imaxe serve para dúas cousas: primeiramente, para felicitar ao profe Manu por un regalo que nos vai facer a todos e todas para Reis, e como cariño, as profesoras Camino e Laura fixéronlle a maqueta do faro de Ons, que polo de agora quedará na escola. E en segundo lugar, para que vexades o efecto que fai unha lente cóncava sobre unha imaxe. Gracias Manu.

CARACOL ROSA

CARACOL ROSA QUERÍA VER A LUZ DO FARO é unha historia feita polas nenas e nenos de 4 anos da profesora Elena. A súa protagonista saiu de outro conto que a profe lles leu na clase, e quixeron ter a súa propia historia: desde a elección da protagonista, a súa feitura, o nome, o título e o relato. Fixeron que Elena andara de noite pola illa de A Figueira asombrando aos habitantes se San Tomé co caracol no colo dun lado para outro. Aquí o tendes.

sábado, 15 de noviembre de 2014

A LUZ PARA 3º CICLO. Documento para o profesorado

NENOS e NENAS... Vos non o miredes ata o martes!!!! (jejejejé)

O LUNS 17 ... EMPEZAMOS

Xa vos dirían as profes que o luns empezamos cos experimentos da luz e óptica. Os primeiros seredes os de 5º, martes baixan os de 6º e así o resto da semana e da seguinte tamén. Esperamos contar co profesor Mon, que destas cousas sabe un montón e seguro que nos fai máis bonitos os días.
As sesións van ser así:
1. Baixades ata a entrada da escola, pois non hai outro sitio amplio onde traballar xuntos en varias mesas. Alí sentades nos banquiños e miramos unha montaxe que nos explicará cousiñas sobre a luz, de onde ven, as súas propiedades, como se move, que instrumentos axudan a ver...
2. Despois repartirémonos en dous grupos: uns iredes ao cuarto escuro (a aula de PT) onde miraredes como se descompón a luz a través de aparellos ópticos, e outros quedaremos na entrada para practicar aquilo que miramos na montaxe:a auga como lente, espellos planos e curvos, as lentes cóncavas e convexas, microscopios e lupas, debuxos en movemento,...
Pensamos que ides aprender e, por enriba, vai gustarvos.

Algo así vai pasar



lunes, 10 de noviembre de 2014

Semana dos experimentos

Despois de tantas semanas caladiños/as, xa case estamos a piques de sorprendervos cunha semana de experimentos sobre óptica, luz, visión... POR FIN!!! Experimentos!!!
Haberá un pouquiño de todo pero, anque vos pareza máxia non o é. Os ollos enganan, a luz xóganos malas pasadas -ou boas-. Xa veredes.
Adiantamos este:

O rato Francisco

Neste este tempo fresquiño, de castañas e matanzas, hai un ratiño lambón que,por circunstancias da vida e da boca, viuse en serios apuros. Podedes mirar o conto no seguinte video.