lunes, 16 de diciembre de 2013

VAIA... UN ESQUECEMENTO

Pedimos desculpas á nosa alumna de 3º A por esquecer ao seu avó. Quedounos mesturado entre os papeis do Nadal. Pensamos que non foi Bertucho o que se agochou, ou si?. Ben, sexa como fora aquí queda a biografía do avó de Amina, que ben o merece.

domingo, 15 de diciembre de 2013

BIOGRAFÍAS FAMILIARES

O alumnado de 3º das profes Camino e Lula leron o libro de Tucho Calvo "a castaña que chegou á árbore".Logo da lectura fixeron un traballo moi completo do libro e do seu autor. Aquí vos queda unha das partes que xurdeu dese traballo: a biografía dalgúns familiares do alumnado destas aulas. Parabén a todos eles e elas.

martes, 10 de diciembre de 2013

UN CONSELLO DE INFANTIL

O alumnado de infantil de 5 anos parouse a meditar sobre as medidas que deben tomar os seus familiares cando conducen. E claro, despois de tanto pensar ferveulles a cabeza e quixeron rematar o traballo cunha recomendación para todos os compañeiros de San Tomé. Na parede que está ao lado da porta da biblioteca colgaron as súas ideas para que as leamos e llo contemos aos pais e nais. Xa sabedes: facédelles caso.
        Esta foto é a última parte das recomendacións, recén saído do forno.

PROXECTO QUE REMATA

As vallas publicitarias déronnos xogo este último mes. Todo o cole as estudou, imaxinamos que podían publicitar, como se elaboraban, o tipo de texto, a imaxe, a localización.... Ata as deseñamos. E todo este traballo, ademáis de para aprender tiña/ten un obxectivo final: a elaboración da nosa propia valla para convidar ás familias a pasar e ver o noso belén. Belén? Pero que Belén si o único que facemos son boliñas de papeis de cores?. Ai! Canto misterio...

Lembrade: nas escaleiras temos o panel das vallas publicitarias e, sobre a mesa, un rexistro para que contestedes esas preguntiñas. Ánimo.

MÁIS AÍNDA

Para todos aqueles que vos gustaron os paneis dos textos dos pasillos, acabamos que poñer outro máis. Difíciles? Esperamos que si, que vos custe resolvelas e teñades que pensar, buscar e falar.
Neste caso as vosas hipóteses podedes escribilas nos carteis en branco dispostas ao pé de cada texto. Iremos mirando as  vosas suposicións.

QUE SERÁ, SERÁ

Para todos/as vos, dende a biblioteca queremos felicitarvos polas aproximacións tan atinadas que fixéchedes das estructuras dos textos polos corredores: cartas, tarxetas de presentación, menú de voda, menú de restaurante, problemas de matemáticas, páxinas de libros, índices, etiquetas de productos, carteis, esquelas, noticias de xornais, instruccións de funcionamento de aparellos eléctricos, nomes de xornais, boletíns de notas... De verdade que foi para nós unha enorme satisfacción ver os resultados tan bos logo do esforzo que supuxo elaborar os carteis. 
O paso seguinte será traballar eses tipos de texto... Pero acougade. Será despois do nadal. Merecedes ese descanso.

Unha de cine

     Fixachedesvos na páxina principal da web do cole?. É un misterio, non si? Mañá seguro que aparece un novo "trailer" que nos desvelará un pouco do segredo que oculta. Ou non. Quen sabe!

    Pero hai algo que si ten que ver co asunto que nos publicitan os profes de extraescolares. É este cartel de cine -a propósito, é un texto expositivo informativo-. Ledeo atentos e veredes unha pista moi interesante.

sábado, 30 de noviembre de 2013

SABES LER?

Ola pequenos, medianos e grandes. Como xa temos respostas a algún dos carteis colocados no panel de SABES LER deixámosvos aquí os resultados perfectamente "traducidos" de dous dos retos para aqueles/as que ainda non sodes capaces de descifralos. Seguro que unha vez leades isto xa non teredes dúbidas. Noraboa a todos e todas que déchedes co resultado.

martes, 19 de noviembre de 2013

Novas

Boas!
Despois dunha semana sen prácticamente actividade na bliblioteca (xa sabedes, mudáronnos as xanelas) xa podemos dicir que volve estar a pleo rendemento. Os titores xa poden baixar aos alumnos/as nas sesións de biblioteca e tamén se pode facer uso dela polas tardes.

Tamén comezamos o traballo do proxecto deste curso. Polos corredores do colexio podedes ver diversos tipos de textos en diferentes idiomas e con diversas tipoloxías. Iso si, resultan igualmente recoñecibles.

Para demostrar que son recoñecibles, ao lado de cada panel hai un cadro cos textos en pequeno para que os nenos e nenas escriban neles o que consideran que representan.

Isto acaba de comezar!!




jueves, 19 de septiembre de 2013

Os Bolechas, na pequena pantalla



Boas!
Se antonte falabamos do paso de Xabarín da pantalla ao papel hoxe imos facer o percorrido á inversa, do papel á pantalla, e é que Os Bolechas levan xa un tempo facendo as ledicias dos nenos na TVG. Se premedes na imaxe accederedes á páxina web que a TVG ten reservada para os nosos amigos, onde poderás ver todos os capítulos.
Disfrútaos!

miércoles, 18 de septiembre de 2013

Le máis, sé feliz.

Mirade este interesante vídeo sobre a lectura.



martes, 17 de septiembre de 2013

Xabarín salta ao papel

O Xarbarín Club foi unha auténtica revolución para o audiovisual galego. Neste proxecto infantil da TVG participaron míticos grupos musicais galegos coma Siniestro Total, Heredeiros da Crus, Aerolíneas Federales, Os Diplomáticos de Monte Alto ou Nación Reixa. Tamén serán lembradas as galas conducidas por Manquiña ou series de debuxos coma "As bólas do Dragón".

Pois ben, o noso querido Xabarín non se conforma con ser o rei da pantalla galega e decidiu aventurarse no mundo da revista.
Será de publicación mensual e conta con atractivas ilustracións e diversos temas de interés: ciencia, arte ou historia adaptados aos nenos.

En fin, longa vida ao Xabarín e á súa revista: OINK!

Os xogadores do Barça animan a ler

Os xogadores do FC Barcelona dan exemplo e con este vídeo animan a todo o mundo a ler polo menos 20 minutos ao día. A ver se outros equipos se suman a esta iniciativa



viernes, 13 de septiembre de 2013

Notas o cambio?

Boas!
Este curso comezamos facendo algún pequeno cambio na biblio do cole; realmente o que fixemos foi mudar algunha que outra cousa de sitio para conseguir algo máis de espazo. Serías capaz de dicir cal?
Como podedes ver na imaxe, as cadeiras aínda están enriba das mesas esperando que alguén lles dea uso; así que os/as titores/as xa poden animarse a baixar cos alumnos.

Lembrade que no mes de outubro xa poderedes vir tamén todas as tardes de 16h a 18h.

Lémonos!

sábado, 7 de septiembre de 2013

VOLVEMOS


A máquina quenta motores


Benvidos, benvidas ao blogue Lectoriño de San Tomé. Estamos esperándovos e polo que escoitamos vos tamén tendes ilusión por volver. Arrincamos co desexo dun próspero curso. Faremos todo o posible para que así sexa, dende os da xeneración do chupete ata os/as que estades a piques de dicir adeus. Vémonos o mércores.

miércoles, 26 de junio de 2013

O Eco de San Tomé

Aquí podedes ver a revista noutro formato; facendo un click enriba poderás ampliar a imaxe e navegar con comoidade pola revista

jueves, 20 de junio de 2013

O TEMPO HAI QUE DISFRUTALO

O alumnado de 6º A tamén escribiu un texto cheo de sentimentos e reflexións que lles van ser moi útiles para o futuro, porque aprenderon e concluiron entre todos/as que hai que darlle importancia ao que é importante. Lede o que nos dí Antía, una das rapazas deste curso:


    Hola pequeños: os escribo esto para que sepais que sois los mejores compañeros del mundo, y los mejores profes del mundo y tú, Diana, la mejor tutora del mundo. Y ahora, la pregunta del millón: ¿Por qué tuvimos que desperdiciar todos estos años en pelearnos unos con otros hasta acabar haciéndonos daño? Pero... nos dimos cuenta ahora, ¿verdad?
    Cuando nos vamos a separar lo que vamos a echar de menos no es el colegio, no, este seguirá aquí cuando lo necesitemos. Lo que vamos a echar de menos son todos los momentos vividos juntos, algunos buenos y otros no tanto. Pero esto tampoco es lo importante. Lo importante fueron las broncas, enfados, risas y abrazos en piña que nos dimos juntos, TODOS, y así, al final, las cosas acabaron bien, no mal.
 ¿Recordáis las navidades? ¿El Halloween? ¿Carnaval? Continuamente nos decíamos que eran los últimos momentos que íbamos a estar juntos... Y ese día llegó. Sólo nos queda hoy y  mañana. Cuidaros, por favor, nunca nos olvidemos y aprovechemos todo lo que nos espera. Seguir siendo como sois y ... nunca olvidéis esas clases desde 1º a 6º. 
     ¡Os quiero miles, pequeños!

ALGO FACEMOS BEN...

Estamos a piques de rematar o curso, pero o penúltimo día con vos resultou emocionante. Esta entrada no blog Lectoriño non a tiñamos pensada, nin se nos pasara polos miolos, pero queremos deixala aquí, esta e a seguinte. Grazas a vos, pero reconforta, agradécese escoitar o que hoxe nos dixéchedes. Alguén nos dí que o facemos ben e como sempre, como non, sodes os nenos/as. Un abrazo e toda a sorte. 



  Chegou ao seu fin un curso máis, e esta vez tócanos a nós, os de 6º, despedirnos. Non con tristeza senón con alegría pois aquí comeza unha nova etapa das nosas vidas. 

   Deixamos atrás amigos cos que levamos moitos anos. Tócanos cambiar de colexio e non todos coincidiremos na clase, pero non perderemos a esperanza e, sobre todo, sabemos que para os verdadeiros amigos sempre quedará un rincón no noso corazón. Coñeceremos xente nova, pero a pegada dos nosos primeiros compañeiros ninguén nola quitará. Deixamos atrás lembranzas marabillosas grazas a vos, os Mestres, do voso esforzo, ilusión, ganas de traballar e paciencia que é o que nos trasmitístedes nestes anos.

 Lembrarémonos sempre do profesorado que nos deu clase dende infantil ata sexto: Emma, Camino, Pili, Lucía, Guadalupe, Carlos, Jaime, Mónica, Marisa, Esther e Adela. Eles preparáronnos para este paso e agora que marchamos levarémosvos sempre no corazón. Tampouco esquecemos aos mestres que nos apoiaron na clase e fóra dela: Elvira, Paz, Javier… Grazas a todos de corazón! Polo voso traballo e o que facedes a cotío para que isto funcione. Fixéstesnos sentir como se cada mañá seguiramos nas nosas casas. Xuntos fomos unha gran familia. Sempre facéndonos participar neses proxectos anuais dos que tanto aprendemos, como se fose un xogo. Seguro que todo o que nos ensináchedes seranos de proveito. E por suposto, isto non é un adeus porque nos nosos recordos sempre estaredes vos. Sentídevos orgullosos do traballo realizado e de non facernos víctimas dos vosos problemas. A pesares dos recortes nunca nos faltou de nada: nin os nosos festivais de Nadal, Entroido, festas, excursións (sobre todo a deste fin de curso que será inesquecible). Nenos de infantil, primeiro, segundo, terceiro, cuarto e quinto: coidade deles porque estes mestres son tesouros valiosos. 

  Tantos anos aquí … e sempre vimos lonxe este momento, o momento de marchar. Hoxe, con un pouco de sorte, escoitaremos a canción de todos os anos, e como ben dí, aquí queda unha parte de nós, pero vos tamén quedaredes gravados nos nosos recordos para sempre. Nunca esqueceremos o noso paso polo cole San Tomé! 


 Texto elaborado polos nenos e nenas de 6ºB.  Leuno, para todos/as, Jimena.

Revista 2012-2013

O último número do Eco de San Tomé:

revista_2013 by Ceipsantome

miércoles, 12 de junio de 2013

ARTE DA CHINA

Outro libro dun grupo de 6ºB; a arte chinesa. Por fin saiu do forno. Pedimoslles disculpas ás autoras por facelas esperar tanto.

lunes, 10 de junio de 2013

Memoria do Plambe 2012/2013

A continuación colgamos a memoria do que foi o proxecto do Plambe para este curso 2012/2013

jueves, 6 de junio de 2013

Vídeo resumo do proxecto

A continuación mostrámosvos un vídeo-resumo do curso 2012-2013, marcado polo proxecto Interculturalidade. Esperamos que vos guste.

lunes, 3 de junio de 2013

MENUDOS ERAN OS GREGOS.... E OS CHINESES.

Ola nenos e nenas de San Tomé. Dous capítulos máis da Arte no mundo: a Arte Grega e a Chinesa. Feitos polos grupos de 6º B poñémolos aquí para que os miredes con acougo. Merecen a pena.

viernes, 31 de mayo de 2013

ARTE NO PERÚ

NA AULA DE 6º B DA PROFE ADELA TRABALLARON A ARTE (PINTURA, ESCULTURA, ARQUITECTURA E LITERATURA)DE 5 ZONAS DIFERENTES DO MUNDO: PERÚ, GRECIA, MARROCOS, AUSTRALIA E CHINA. IMOS COMEZAR CO PERÚ POR ISO FIXEMOS ESTA MONTAXE PARA IR VENDO, MÁIS XA SABEDES QUE ESTÁN NA EXPOSICIÓN DO COLE.

jueves, 30 de mayo de 2013

CZESC, NI HÁO, GUTEN TAG, SALAM ALEIKUM

Sabemos escribir en galego, en castelán, en inglés pero... os nenos e nenas de 5ºB tamén aprenderon a facelo nunha chea de idiomas moi, moi descoñecidos. Atentos as explicacións das nais que viñeron visitalos á aula e a outras informacións ás que chegaron cos libros e con internet, a profe Teresa axudounos a facer este capítulo sobre a interculturalidade: as linguas do mundo. Claro é que non están todas, pero as que están son moi importantes.

PLANTAS E ÁRBORES DE AMÉRICA E RUSIA

Os rapaces e rapazas de 4º foron ata Rusia con Andrei e a Uruguai con Santi. Andaron mirando plantas e árbores curiosos, curativos, con flores e sin elas. O resultado queda neste libro que podedes ver cando queirades.

viernes, 17 de mayo de 2013

Animalario dos 2º

O alumnado de 2º de primaria xa rematou co seu traballo anual sobre a interculturalidade. Ademais de ler e buscar información, debuxaron, escribiron, fixeron resumes, xogaron, viron montaxes, resolveron actividades e concluiron cos tres libros que tendes a continuación. Si, tres libros porque non quixeron seguir, xa que comezaron con este tema alá polo mes de novembro. Sabemos que é difícil poñer sobre o papel todo o que fixeron pero sírvennos de mostra os seguintes documentos. Noraboa a nenas e nenos e por suposto ás profes Mari Carmen Nogueira e Pili Prego.


miércoles, 8 de mayo de 2013

AS RAZAS DO MUNDO

Para non esperar máis. Aquí tendes os vosos libriños, pero todos xuntos. 3ºA e 3º B das profes Mari Carmen Aguín e Encarna. Felicitámosvos polo traballo tan bonito que fixéstedes.

martes, 7 de mayo de 2013

E AGORA... A FLORA DA CHINA

Aqui está recollido outra parte das actividades finais de 4ºB sobre a interculturalidade. Sen máis comentaros.

PAÍSES E MÁIS PAÍSES

Canto viaxaron os de 6ºA coa profe Diana... Non lles quedou currucho por explorar anque, iso si, cada un a un país diferente. En total 26 países do mundo mundial. Deixáronnos este exemplar para uso de todos/as.

A FLORA DE PERÚ 4ºB

Seguimos cos vosos libros da interculturalidade. Tócalle aos nenos e nenas de 4ºA e á profe Lula. Como non lles chegaba un, fixeron tres. Por que non? Quen lle pon cancelas ao mar?. Lula non e os seus alumnos tampouco. Neste día quédavos o da flora de Perú pois Sebas é dese país e fixo o traballo con moita ilusión.

martes, 30 de abril de 2013

DE RESTAURANTE

Queredes probar menús do mundo? Pois visitade o restaurante "A Cocinita" da profe Elena. Alí afreceranvos esta carta na que elexir o menú. Iso si, cóbranvos! e non son baratos. Hai que botarlle imaxinación e ilusión. Con todo, a carta non ten chata algunha.

A CARTA
OS MENÚS
SOBREMESA E BEBIDAS
Todo clariño. Só unha pregunta: levará o IVE incluido?

ADEUS EXPOSICIÓNS... OLA LETRAS GALEGAS

Acabáronse as exposicións. Hai que deixar sitio para as Letras Galegas. Pero preparamos un pequeno trivial para que lembredes todo o que durante dous meses encheu os corredores da escola. Así que mañá, tal e como falamos, poderedes dar unha volta virtual polos pasillos. Que vos preste.

COMER. HUUUMMM!

Ola a todos/as e en especial aos cociñeiros/as de Infantil das profes Mar e Marité. Menudo libro de receitas que nos preparástedes. Levades varios meses cociñando e comendo na escola e xa estades preparados para presentarvos ao concurso de chefs. Para que vos e o resto do cole poidades repasalo cando queirades, quédavos aquí gardadiño. Parabéns polo traballo tan agradable que fixéstedes.

domingo, 28 de abril de 2013

UN CONTO MEXICANO

Outro libro precioso que nos ven dende infantil. Ainda que xa está na exposición poñémolo aquí para velo dende a casa ou nas aulas. Grazas aos pequenos.

EDUCACIÓN PARA TODOS E TODAS

O título non fai xustiza. Segundo os datos manexados polo alumnado de 5º A e o libro que presentaron, a educación non é igual para todos e todas e as oportunidades de ir á escola tampouco. Nin se cumplen os Dereitos Humanos nin tampouco os Dereitos de Nenos.

jueves, 25 de abril de 2013

XOGAMOS?

Aquí temos o traballo final dos nenos, nenas e profes Camino e Elena de Infantil. Unha parte dos froitos de todo un curso quedan reflexados neste exemplar que xa está na biblioteca. Como descubriredes, este curso fixeron os fondos do libro con anacos de papeis pintados para paredes. Calquera pode con elas!!!!

miércoles, 24 de abril de 2013

UN DÍA ESPECIAL: O DÍA DO LIBRO

Gustouvos o día de onte? Pensamos que si, tanto a vós como ás profes e ós pais. Senón ides ver. Para este día dende a Biblioteca organizamos os espazos nos que colocamos os libros nos que traballamos durante todo o curso. Este ano eleximos o corredor de 3º ciclo, porque era o que estaba "máis libre".
Démoslle ás profes unha tarxetiña para cada un/unha de vos cunha frase ou proverbio de escritores de todo o mundo nos que reflexaban o que para eles era a lectura : Cervantes, Shakespeare, Steinbeck, Tagore, Jordi Serra i Fabra, Sta. Teresa de Jesús... Hoxe contáronnos o proveito que sacástedes deses pensamentos.



Saíronnos 137 pensamentos distintos que repartimos segundo as vosas idades: MAMÁ, PAPÁ, A LECTURA CONTÁXIASE foi unha das preferidas por educación infantil.

Peronon quedou aquí: estamos moi satisfeitas/o de que os distintos niveis organizaran durante toda a xornada lectiva actividades de lectura, contacontos entre clases, cambio de tarxetas, e... 

Escritura dos vosos pensamentos sobre a lectura

Libros reciclados de xornais

Murais coas tarxetas que sobraron

Decoración das portas das aulas

Resume dos libros persoais que máis vos gustaron e que trouxéchedes á clase para contarllos aos compañeiros.
Máis murais coas palabras "Ola" e "Ler" en canto idioma hai.

E tamén houbo para as familias
Dous paneis colocados nos patios para que leran, mentres vos esperaban á saída, e levaran con eles o pensamento que máis lles gustase. Nos colocámolos así....








E as 14:10 deixáronnos así

Estabamos encantados de comprobar que aos vosos pais, nais e avós/as tamén lles gustou a idea e decidiron colaborar. 

Nos vindeiros días o profe Manu subirá o documento con todas as etiquetas para que as usedes. Non podemos estar todo o tempo imprimindo. Tendes que disculpar....

Roupa e Música de Infantil 4 anos

As dúas aulas de Infantil de 4 anos xa remataron coa elaboración do seu libro: A roupa e a música do mundo". Traballaron un montón dende outubro para concluir-polo de agora- cun traballo impreso. Máis, para chegar ata aquí, os cincuenta nenos e nenas viaxaron polo mundo con Raimundo, viron montaxes en power point, películas, libros, internet. Retratáronse, pintaron, memorizaron, bailaron, tocaron, .... Unha chea de cousas que é imposible deixar no seguinte video.

Xogos do mundo

Durante estas dous últimas semanas os alumnos/as do Ceip San Tomé veñen aprendendo nas clases de Educación Física algúns xogos que se practican noutras partes do mundo. Algúns deles os descubrimos grazas a Karem (nai de Tamara e Fran) e outros os recompilamos de "debaixo das pedras".
Agora vos mostramos unha fotomontaxe con imaxes destes días, premendo aquí accederedes ao álbum.


Máis abaixo mostrámosvos vídeos con algúns destes   xogos:

Kigüi (Perú)


Seba Tizra (Albania)


El Pez (Mozambique e Zimbawe)


Cheia (Mozambique)


miércoles, 17 de abril de 2013

UNHA CARTA POR E-MAIL

Sabedes? Paula Carballeira non se fixo de rogar e  contestouvos. Hoxe a profe Lula recibiu a carta no seu correo. Quedou escatalada cando tal veu. Xa sabedes que Lula é moi rebuldeira e apaixoada da lectura. Cantos VIVAS! e OLÉS! botou. Como un lostro fotocopiou a carta, decorouna e colgouna da porta da biblioteca con ese arte que ela ten. Pois agora tamén a poñemos aquí para todos e todas as persoas desta escola que non tiveron o gusto de escoitala hai unhas semanas. 

Se non logrades ler ben, picade sobre a foto para ampliala.

martes, 16 de abril de 2013

ENTRE VESTIDOS

Nun dos cambios de clase cachamos aos alumnos e alumnas de 6ºB e de Infantil de 3 anos mirando a exposición dos vestidos (túnicas, chilabas, melfas, chullos, bufandas, sari, getas, fez, puyanbís, gorras, babuchas, ....). Case non se atrevían a tocar, pero temos que dicirvos que podedes tocar e ata probar sempre que esteades acompañados por unha profe. Tende en conta que os traxes son todos prestados e temos que coidalos mellor que se fosen nosos. Vale?

UN AGRADECEMENTO

Hoxe queremos deixar neste post unha mensaxe de agradecemento para Vita, unha muller letona que desinteresadamente se achegou ata o colexio para falarnos do seu pais, Letonia; dos seus idiomas,o letón e o ruso; da súa música, pois Vita é cantante e vive en Raxó, preto de Pontevedra. Ela veu ata Cambados sen máis interese que contarnos, informarnos, deixarnos ver un video moi ben montado por ela. O seu cariño é tan grande como a súa estatura. Moitas grazas Vita. 

domingo, 14 de abril de 2013

XOGOS DO PERÚ

Karen, a mamá de Francisco de Infantil de 4 anos estivo o venres xogando cos pequenos. Tróuxoxos 4 xogos do Perú: o MATAGENTE ( semellante ao noso partido matado), o KIGÜI (xogo de tirar latas por quendas), o xogo de PLEI (un enredo con chapas) e o xogo do MUNDO (como a nosa paturra ou peletre).
As profes de infantil teñen unha morea de fotos pero nós imos poñervos algunhas.

Xogo do KIGÜI



Xogo do PLEI



Xogo do MUNDO




xogo MATAGENTE



Agradecémoslle a Karen o tempo de xogo e o seu esforzo, pois marchou "aghotada"


jueves, 11 de abril de 2013

MONTÓNS DE PAXAROS EN GALICIA

Non é broma! Todos os paxaros que ides ver aquí non son viaxeiros. Pasan con nós o verán e o inverno aguantando frío, calores e choivas. Ao lado de cada un ides ver o mapa de Galicia, nalgúns casos todos pintados de laranxa, outras veces pintados por zonas. Ese é o hábitat do paxaro que se describe. 

miércoles, 10 de abril de 2013

Adeus a José Luis Sampedro

Dende a Biblioteca do CEIP San Tomé queremos sumarnos á homenaxe que se lle está facendo a José Luis Sampedro.
Ademais de ser un excepcional escritor era un firme defensor das bibliotecas.
Dende aquí mostramos o noso pesar pola súa perda e lle profesamos a nosa admiración e o máis profundo respeto.

lunes, 8 de abril de 2013

O elefante asiático

Quen nos ía dicir a nós que aos elefantes hai que cortarlles a uñas? Pois menudo cortauñas. Ou que se poden sentar, escaiolarlle unha pata e lavarle os dentes... Pois sí. Neste documento Mon explícanos eso e moitas máis cousas.

domingo, 7 de abril de 2013

Ano Novo Chinés. Exposición de Isabel

Deixámosvos aquí o documento que nos contou Isabel, a nai chinesa. Como ela ainda non fala ben o castelán nin o galego, nós axudámoslle a preparar esta exposición. Si as profes queren poden poñérvola na clase.
Todas as imaxes foron collidas da rede. Si os autores/as non permiten o uso das mesmas estamos á súa disposición para retiralas. Mentres tanto, agradecémoslle a súa disposición.

ANO NOVO CHINES. para 6º. Isabel 

Ole, ole, oleeeeeeeeeeeee!

Menuda semana a que rematou! A escola estivo chea de nais. Nais en infantil, en 5º, en 2º e 1º; nais en 6º, 4º, 3º. Nais na sala de profes... Despois de superar a vertixe inicial de verse fronte a vos (¿50 niños todos juntos?, preguntaban algunhas) foron quecendo e agora, tanto elas coma nós, queremos un pouquiño máis.
Houbo algúns cambios con respecto ao calendario inicial, sumouse algunha que outra mamá, pero a valoración é de todo magnífica. Desfilaron pola escola comidas, contos, bailes, películas, moitísimas palabras, abecedarios, escolas, mulleres, festas e flores. E ainda nos quedan para esta semana: os xogos peruanos, a lingua Quechua, uns contiños polacos e a muller no Perú. 
Temos que agradecer dende aquí a participación de:
Dina, a mamá de Niurka, dende o Perú.

Anna, a nai de Alejandro, polaca

Cris, a mamá de Marta, peruana

Fátima, a nai de Carmen Irina e Andrei

Elizabeth e Dina, Perú


Susana, nai de Raquel Qin

Isabel, nombre castelán adoptado pola nai de Jie Wang. O seu nome chinés é imposible de escribir
Karen, nai de Tamara e a mamá de Iker. As dúas terán proximamente a súa foto aquí. 
Moitísssssimaas grazas.