jueves, 10 de marzo de 2022

8M: Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible










O Día Internacional da Muller 2022 reivindinca os dereitos das mulleres baixo  o lema: "Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible", reclamando unha acción polo clima por e para as mulleres. 

A Axenda 2030 marca como obxectivo número 5: Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas. As bibliotecas deben apoiar a igualdade de xénero e ofrecer lugares, e actividades de encontro e empoderamento.

Na publicación elaborada polo Grupo de Traballo " Bibliotecas e Axenda 2030" do Consello de Cooperación Bibliotecaria: " A implicación das bibliotecas españolas na Axenda 2030" apúntase que é tamén destacable o papel das bibliotecas, como institucións de fonte de coñecemento, á hora de acabar coa brecha de xénero, atender á diversidade de xénero, lograr a igualdade e empoderar ás mulleres e as nenas.

As bibliotecas  escolares de Galicia traballan, todo o curso, en prol dunha igualdade efectiva na nosa sociedade, formando cidadanía crítica. Arredor desta data promoven actividades coa lectura, o cine, a radio, a publicidade, a creación, a busca e tratamento da información ... 


Para máis información Preme aquí


No noso centro festexamos este día tan significativo dialogando e ensalzando a figura da muller na nosa sociedade, e ensalzando a figura da muller na nosa sociedade e en distintos ámbitos, familiar, artístico, científico... Tamén puidemos disfrutar da actuación do grupo Migallas co seu espectáculo " Elas pintan moito" onde reivindicaron o importante papel de catro pintoras no ámbito artístico a nivel internacional.



martes, 8 de marzo de 2022

RETO " A MULLER E A MÚSICA"

Preme na imaxe para iniciar a investigación
 Dende a aula de música  envíannos un reto enmarcado dentro do día internacional da muller. Atréveste a resolvelo?



lunes, 7 de marzo de 2022

DÍA DE ROSALÍA


Para a celebración do Día de Rosalía levaronse a cabo diversas actividades no centro: elaboración dun mural para a entrada;  o alumnado e 5 anos traballou a imaxe da autora;  e o luns 21, o martes 22 e o mércores 23 os nenos e nenas do terceiro ciclo de primaria e a aula de 2ºA recitaron diversos poemas na hora de lectura.

A maiores, o EDLG elaborou un genially  dirixido ao alumnado de infantil e outro genially dirixido ao alumnado de primaria co que os nenos e nenas, a través do xogo, puideron profundizar na vida e obra de Rosalía de Castro. 


Preme aquí para poder acceder ao blog do EDLG.

BLOG EDLG