jueves, 11 de septiembre de 2008

BENVIDA Ó CURSO

Xa chegou o 11 de setembro!!!!! Así que a partires de mañá mesmo estamos á vosa disposición porque temos novidades na biblioteca e algo que imos estrear xa e que se vai repetir a cotío durante vinte minutos ó día despois do recreo: IMOS LER na clase, o que queiramos, o que nos apeteza: o libro de todas as noites, a revista que nunca me dá tempo a ver, a enciclopedia de animais mostruosos, o atlas do corpo humano, a sección local do xornal... O QUE QUEIRAMOS, e sabedes máis? Non nos van pedir contas!!! Nada de responde estas preguntas, fai un resumo do que leches, e esas cousas que sempre están a pedir os mestres e as mestras. Sorprendidos, eh?
Pois sí, xa vos van explicar nas clases. Pero ainda hai máis, só que iremos contándoo ós poucos. Como adianto estamos en tratos para que o escritor Agustín Fernández Paz veña á nosa escola e acaso logremos ver un cabaleiro medieval chegar a cabalo polos corredores de San Tomé convertidos en murallas dun castelo. Quen sabe, os libros teñen eso, fantasías e ilusións. Imos tentar facelas realidade.
Un bico para todos/as e bo curso 2008-2009