lunes, 6 de junio de 2022

Gañadores do certame radiofónico "O vello dos contos"

 

 Estamos de celebración! As nosas nenas e nenos de sexto de primaria veñen de gañar o IV Certame Radiofónico O vello dos contos. Dirixidas/os pola profe Mónica, fixeron un podcast de moita calidade na que mesturan rap e unha entrevista a don Maio Galán. Podedes escoitar o podcast a continuación.
Moitos parabéns!!

jueves, 19 de mayo de 2022

17 DE MAIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS




O venres 13 de maio festexamos as Letras Galegas  adicadas a Florencio Delgado Gurriarán e ao seu traballo en prol da nosa lingua. O seu compromiso vital coa terra e a lingua a través do seu traballo como poeta, articulista, editor, tradutor e a súa labor como activista cultural e político fanno merecedor de ser o gran protagonista das nosas letras no ano 2022. Para coñecer como o festexamos no noso cole so tedes que premer no seguinte enlace que vos levará ao blog de dinamización da lingua galega http://endlsantome.blogspot.com.


martes, 10 de mayo de 2022

domingo, 1 de mayo de 2022

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

O venres 22 de abril festexamos  o día do libro con un apadriñamento lector. Os nenos/as de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria eran os encargados de lerlle aos máis pequenos un libro elixido previamente por eles. Esta actividade tivo lugar tanto no interior como no exterior do centro, eran os rapaces os protagonistas da mesma, polo tanto podían elixir a ubicación que máis máxica lles parecera. Para rematar o día, os máis pequenos agasallaron aos seus padriños e madriñas con orixinais marcapáxinas feitos con moito amor.


                                                                                Preme na imaxe para ver máis fotos deste fermoso día.

jueves, 21 de abril de 2022

Gravamos podcast para as Letras Galegas

 Como este curso temos Radio na Biblio é obrigado sacarlle todo o rendemento posible, e boa proba diso son as gravacións de diferentes podcast para o Día das Letras Gaelgas.

A experiencia está a resultar moi enriquecedora, a implicación dos participantes é total e está a deixar unha semente importante: as gañnas de crear máis contidos.

Premendo na imaxe podedes acceder a máis fotos do proceso de gravación.



martes, 5 de abril de 2022

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2022

  

 
Ler é liberdade. Ler é respirar.
 
Ler permite que vexas o noso mundo con ollos diferentes e convídate a habitar mundos que nunca vas querer deixar.
 
Ler permítelle ao teu espírito soñar.
 
Seica os libros son amigos para toda a vida, eu acredito niso.
 
A plenitude do teu universo só medra cando les.
 
As historias son ás que nos axudan a remontar o voo cada día, xa quelogo busca libros que lle falen ao teu espírito, ao teu corazón, á túa mente.
 
As historias son menciña. Curan. Reconfortan.
 
Inspiran. Ensinan.
 
Benditos sexan os narradores, e os lectores, e os oíntes. Benditos sexan
os libros. Eles son a menciña para un mundo mellor, máis luminoso.
 
Mahsi cho. Moitas grazas.
RICHARD VAN CAMP, AUTOR
TRADUCIÓN: MERCEDES PACHECO


 

jueves, 10 de marzo de 2022

8M: Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible










O Día Internacional da Muller 2022 reivindinca os dereitos das mulleres baixo  o lema: "Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible", reclamando unha acción polo clima por e para as mulleres. 

A Axenda 2030 marca como obxectivo número 5: Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas. As bibliotecas deben apoiar a igualdade de xénero e ofrecer lugares, e actividades de encontro e empoderamento.

Na publicación elaborada polo Grupo de Traballo " Bibliotecas e Axenda 2030" do Consello de Cooperación Bibliotecaria: " A implicación das bibliotecas españolas na Axenda 2030" apúntase que é tamén destacable o papel das bibliotecas, como institucións de fonte de coñecemento, á hora de acabar coa brecha de xénero, atender á diversidade de xénero, lograr a igualdade e empoderar ás mulleres e as nenas.

As bibliotecas  escolares de Galicia traballan, todo o curso, en prol dunha igualdade efectiva na nosa sociedade, formando cidadanía crítica. Arredor desta data promoven actividades coa lectura, o cine, a radio, a publicidade, a creación, a busca e tratamento da información ... 


Para máis información Preme aquí


No noso centro festexamos este día tan significativo dialogando e ensalzando a figura da muller na nosa sociedade, e ensalzando a figura da muller na nosa sociedade e en distintos ámbitos, familiar, artístico, científico... Tamén puidemos disfrutar da actuación do grupo Migallas co seu espectáculo " Elas pintan moito" onde reivindicaron o importante papel de catro pintoras no ámbito artístico a nivel internacional.



martes, 8 de marzo de 2022

RETO " A MULLER E A MÚSICA"

Preme na imaxe para iniciar a investigación
 Dende a aula de música  envíannos un reto enmarcado dentro do día internacional da muller. Atréveste a resolvelo?



lunes, 7 de marzo de 2022

DÍA DE ROSALÍA


Para a celebración do Día de Rosalía levaronse a cabo diversas actividades no centro: elaboración dun mural para a entrada;  o alumnado e 5 anos traballou a imaxe da autora;  e o luns 21, o martes 22 e o mércores 23 os nenos e nenas do terceiro ciclo de primaria e a aula de 2ºA recitaron diversos poemas na hora de lectura.

A maiores, o EDLG elaborou un genially  dirixido ao alumnado de infantil e outro genially dirixido ao alumnado de primaria co que os nenos e nenas, a través do xogo, puideron profundizar na vida e obra de Rosalía de Castro. 


Preme aquí para poder acceder ao blog do EDLG.

BLOG EDLG

lunes, 14 de febrero de 2022

RECOMENDACIÓN LECTORA PARA O ENTROIDO

 

O alumnado de cuarto de primaria quere compartir con todos vós unha recomendación lectora para o mes de febreiro en relación coa temática do Entroido. Esperamos que vos guste e vos animedes a descubrila.



viernes, 11 de febrero de 2022

11F: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 

No ano 2015, a ONU estableceu un Día Internacional para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía, a través da Resolución A/RES/70/212. A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.
 
Lembremos que a ciencia e a igualdade de xénero son vitais para alcanzar os ODS,  incluidos na Axenda 2030, nos que moitas das nosas bibliotecas escolares están a traballar.
 
Esta é unha data que cada ano se traballa máis nas bibliotecas cara a paliar a brecha de xénero nos sectores STEAM, visibilizando o traballo das mulleres nestas áreas e coñecendo as dificultades que atopan. Visitas de científicas, seleccións de lecturas, traballos de investigación e experimentación... son algunhas das actividades que ocupan os espazos científicos, creativos, manipulativos e colaborativos das mesmas.
 
Máis información:





viernes, 28 de enero de 2022

30 DE XANEIRO: DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ


O alumnado e o profesorado do C.E.I.P San Tomé festexaron o día da Paz coa elaboración dun mural común baixo o lema " Pegadas pola Paz",  unha actuación na praza de Fefiñáns de Cambados  e a posterior 
liberación das pombas da Paz. 



martes, 25 de enero de 2022

Recomendación lectora para o Día da Paz

As nenas e os nenos de sexto aportan a súa experiencia e fan unha recomendación lectora para o Día da Paz. Nesta fotomontaxe podedes vela.