jueves, 25 de noviembre de 2021

25 N- DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

As bibliotecas escolares son espazos privilexiados para traballar valores democráticos, de igualdade e cidadanía, espazos únicos para a aprendizaxe da convivencia.

 O 25 de novembro é unha data do calendario civil que as bibliotecas escolares integraron nas súas programacións porque cómpre unha chamada de atencioón fronte a actitudes larvadas de violencia contra as nenas e as mulleres (con presenza nas relacións sociais, na publicidade ou en moitos productos audiovisuais), que fixan valores contrarios á igualdade. 

 Un curso máis, seguimosnecesitando accións para denunciar a violencia sistemática contra as mulleres e as violencias cotiás exercidas contra as nenas, mozas e muleres de toda idade e condición en distintos espazos e ámbitos, tanto privados como públicos. Dende a ONU alertan de que ademais do impacto COVI-19, hai un evidente aumento da violencia contra as mulleres e as nenas en todo o mundo debido ás crises actuais causadas por desastres naturais e desastres provocados polo home, como conflictos e guerras. 

 O 25N non é unha celebración, é unha data a borrar do noso calendario e maxinario, pero até entón queda moito por facer, moitos muros por derrubar, non podemos, nin debemos permitir un paso atrás.


No noso cole tamén conmemoramos esta data tan importante e necesaria debatendo na aula sobre o tema, reflexionando sobre a realidade actual e realizando un mural onde queda reflectido o rechazo que sentimos cara calquera tipo de violencia.





miércoles, 17 de noviembre de 2021

RECOMENDACIÓN LECTORA

Comezamos esta nova sección na bitácora de Lectoriño. A nosa mascota leva tanto lido que xa non sabe o seguinte libro que ler. Así que pensamos que podemos axudarlle subindo unha serie de recomendacións.
Aquí vos que a primeira delas, unha recomendación lectora de Cayetana, unha alumna de 4º C. 

A ver se che gusta, Lectoriño! E o resto de nenas e de nenos podedes tomar nota desta recomendación e botarlle unha ollada a este libro.
Moitas grazas, Cayetana!


viernes, 5 de noviembre de 2021

 Dende as bibliotecas escolares temos a sorte de que se poidan facer viaxes científicas que non só acollen libros e outros materiais, senón que tamén descubrimentos e camiños de aprendizaxe, cos éxitos e fracasos da ciencia e da tecnoloxía, porque cometer erros tamén é aprender.Dende a consellería de Cultura, Educación e Universidade, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual do mes de novemebro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.

Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais, relacionadas coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blog de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc.