martes, 14 de diciembre de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 Lectoriño quere compartir con todos vós unha serie de recomendacións lectoras coas que podedes gozar coa lectura este Nadal. 


miércoles, 8 de diciembre de 2021

O afiador no Camiño

Facendo o Camiño, Lectoriño atopouse cun afiador que estaba a facer o seu traballo. Chamoulle a atención porque non era un afiador convencional, este tiña unha característica especial: facía maxia. Seguiuno ata o albergue e alí puido comprobar máis de preto todas as marabillas que era capaz de facer. Gustoulle tanto que lle pediu, a través da ANPA do colexio, que visitase ás nenas e aos nenos de San Tomé e lles contase todas esas historias que leva ás súas costas acompañadas de espectaculares feitizos máxicos con outro ingrediente fundamental: o humor.

En definitiva, Teto, que así se chamaba, fíxonos pasar unha mañá estupenda.

jueves, 2 de diciembre de 2021

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O 3 de decembro conmemorase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. O principal obxectivo é promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade e o desenvolvemento, así como concienciar sobre a situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural.

Dende o C.E.I.P San Tomé queremos aportar o noso gran de area cunhas recomendacións lectoras que nos permiten empatizar e abordar a diversidade a través da literatura. 

Por outra parte, fixemos unha xornada de sensibilización en EF. Consistiu en levar a cabo xogos nos que o alumnado tiña unha limitación.
O resultado, no seguinte vídeo:

jueves, 25 de noviembre de 2021

25 N- DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

As bibliotecas escolares son espazos privilexiados para traballar valores democráticos, de igualdade e cidadanía, espazos únicos para a aprendizaxe da convivencia.

 O 25 de novembro é unha data do calendario civil que as bibliotecas escolares integraron nas súas programacións porque cómpre unha chamada de atencioón fronte a actitudes larvadas de violencia contra as nenas e as mulleres (con presenza nas relacións sociais, na publicidade ou en moitos productos audiovisuais), que fixan valores contrarios á igualdade. 

 Un curso máis, seguimosnecesitando accións para denunciar a violencia sistemática contra as mulleres e as violencias cotiás exercidas contra as nenas, mozas e muleres de toda idade e condición en distintos espazos e ámbitos, tanto privados como públicos. Dende a ONU alertan de que ademais do impacto COVI-19, hai un evidente aumento da violencia contra as mulleres e as nenas en todo o mundo debido ás crises actuais causadas por desastres naturais e desastres provocados polo home, como conflictos e guerras. 

 O 25N non é unha celebración, é unha data a borrar do noso calendario e maxinario, pero até entón queda moito por facer, moitos muros por derrubar, non podemos, nin debemos permitir un paso atrás.


No noso cole tamén conmemoramos esta data tan importante e necesaria debatendo na aula sobre o tema, reflexionando sobre a realidade actual e realizando un mural onde queda reflectido o rechazo que sentimos cara calquera tipo de violencia.





miércoles, 17 de noviembre de 2021

RECOMENDACIÓN LECTORA

Comezamos esta nova sección na bitácora de Lectoriño. A nosa mascota leva tanto lido que xa non sabe o seguinte libro que ler. Así que pensamos que podemos axudarlle subindo unha serie de recomendacións.
Aquí vos que a primeira delas, unha recomendación lectora de Cayetana, unha alumna de 4º C. 

A ver se che gusta, Lectoriño! E o resto de nenas e de nenos podedes tomar nota desta recomendación e botarlle unha ollada a este libro.
Moitas grazas, Cayetana!


viernes, 5 de noviembre de 2021

 Dende as bibliotecas escolares temos a sorte de que se poidan facer viaxes científicas que non só acollen libros e outros materiais, senón que tamén descubrimentos e camiños de aprendizaxe, cos éxitos e fracasos da ciencia e da tecnoloxía, porque cometer erros tamén é aprender.Dende a consellería de Cultura, Educación e Universidade, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual do mes de novemebro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.

Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais, relacionadas coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blog de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc.


domingo, 19 de septiembre de 2021

Benvid@s a un novo curso escolar!!!

Un ano máis lectoriño davos a benvida a un novo curso escolar!!!

 
Este ano imos vivir moitas aventuras relacionadas co Camiño de Santiago, xa que o proxecto deste curso vai xirar en torno a esta temática tan máxica e especial.


 Lectoriño xa se preparou no  verán para a volta ao cole, e buscou lecturas relacionadas con este tema para todas as idades!!

Estades preparados para esta nova aventura?

viernes, 18 de junio de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2021

LECTORIÑO QUERE ASEGURARSE DE QUE NO VERÁN SEGUIDES DISFRUTANDO DE MOMENTOS DE LECER CON LECTURAS TAN MARABILLOSAS COMO AS QUE VOS RECOMENDAMOS A CONTINUACIÓN. 

ESPERAMOS QUE ESTAS HISTORIAS VOS TRANSPORTEN A LUGARES MÁXICOS E VIVADES MIL E UNHA AVENTURAS!!!



























jueves, 10 de junio de 2021

ENTREGA DE DIPLOMAS

 ESTA SEMANA LEVOUSE A CABO O ACTO DE ENTREGA DE DIPLOMAS AOS PARTICIPANTES DO PROGRAMA DE VOLUNTARIADO MIÚDO " MÓVETE". 

ESTE ALUMNADO DE PRIMARIA COLABOROU EN DIVERSAS ACTIVIDADES  CONTRIBUÍNDO DESTE XEITO A ENRIQUECER  A VIDA DO NOSO CENTRO, POR ESTE MOTIVO QUIXEMOS RECOÑECER O SEU TRABALLO E ENTUSIASMO COA ENTREGA DUN DETALLE SIGNIFICATIVO!!












miércoles, 26 de mayo de 2021

CONTACONTOS DE PAULA CARBALLEIRA

 O MARTES OS NENOS/AS DE 3º E 4º DE PRIMARIA PUIDERON DISFRUTAR DO MÁXICO CONTACONTOS DE PAULA CARBALLEIRA. 

QUE BEN O PASAMOS COAS SÚAS DRAMATIZACIÓNS E INTERPRETACIÓNS E CANTO APRENDEMOS DELA. 

A CONTINUACIÓN AMOSÁMOSVOS UNHAS FOTOS E UNS VÍDEOS PARA QUE POIDADES APRECIAR O QUE PAULA NOS FIXO SENTIR!!! 

GRACIAS PAULA POR TRANSMITIRNOS A PAIXÓN POLOS CONTOS, ERES UNHA ARTISTA!!












jueves, 13 de mayo de 2021

VISITA DE ANXO FARIÑA!!

O 3 DE MAIO RECIBIMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL NO COLE, O ESCRITOR GALEGO ANXO FARIÑA EXPLICOUNOS COMO ILUSTROU E ESCRIBIU O SEU FERMOSO LIBRO  " DULCINEA, A NENA CABALEIRA".

QUE MOMENTOS MÁIS DIVERTIDOS COMPARTIMOS!!

















GRAZAS ANXO FARIÑA POR ESPERTAR EN NÓS A CURIOSIDADE POR ESA PROFESIÓN TAN MARABILLOSA!!