jueves, 31 de enero de 2013

BECHOS PEQUENOS

Non o dixemos na reportaxe anterior? Dunha igrexa a un monte descubriron outros animaliños que lles chistaron, e BECHOS PEQUENOS lles chamaron: ratos e ratas, cortas, trilladeiras, furafollas, toupas, leiróns, aguaneiras, muraños, furapresas, esquíos, o ourizo cacho, a donicela e o armiño... Sabiades que existían tantos con nomes tan paveron? Pois si: temos unha terra moi habitada. Descubrídeo aquí.

miércoles, 30 de enero de 2013

OS QUE FALTABAN

Continuación da entrega dos Bechos Pequenos. Máis información para o estudo da fauna galega pois non debemos esquecer que esta tamén forma parte do mundo mundial.

Bichiños e bichazos...

Adeus aos mamíferos, ola ao réptiles

martes, 29 de enero de 2013

Roque vai descansar

Polo de agora Roque e Raimundo van descansar no seu acubillo. Fixeron centos de quilómetros e antes de buscar novos destinos -que xa teñen na cabeza- pasarán uns días colgados da casiña do chopo do patio.

domingo, 27 de enero de 2013

O 2º ciclo decora o seu corredor

Como podedes ver nas imaxes, a Interculturalidade está totalmente presente no mural que fixeron os alumnos/as do segundo ciclo coas súas mestras. "O mundo é máis interesante se o forma xente diferente" é o lema que se pode ler sobre un fondo con diferentes caras. Parabéns polo excelente traballo.




sábado, 26 de enero de 2013

Roque e Raimundo percorren Galicia

Hoxe Roque e Raimundo acordaron descansar un pouco na nosa Terra, Galicia, e visitar aos seus parentes. Ademais precisan repoñer o bolsillo pois viaxar... tamén se volveu moi caro!!! Je, Je, Je. Así pois deixámosvos un percorrido dos nosos protagonistas polas covas, fendas, montes, tellados, igrexas de Galicia. E xa veredes como lle virán novas ideas ao maxín.

sábado, 19 de enero de 2013

OS MORCEGOS NA SABANA

Unha nova historia de Roque  acompañado de Raimundo lévanos pola sabana africana. Preséntanos unha chea de animais que viven alí, con información axeitada para os vosos traballos. Mamíferos, aves, réptiles, árbores, paisaxes... chegan aos nosos ollos da man de Mon. Esperamos que vos sirvan. Ata logo.

miércoles, 9 de enero de 2013

Calendario do libro e da lectura 2013

A Secretaría Xeral de Cultura publicou o pasado mes de novembro este calendario con datas relevantes de 2013, todas elas con relación directa co mundo da lectura.

martes, 1 de enero de 2013

Comezou 2013

Feliz ano a tod@s!!
Comezamos un novo ano coas pilas ben cargadas. 
Este 2013 virá cargado de celebracións, traballos, conmemoracións... Por exemplo, cúmplense 150 anos da publicación de Cantares Gallegos, o primeiro libro escrito na nosa lingua pola gran poetisa nacida en Santiago -aínda que algún sitúe o seu nacemento en Padrón- Rosalía de Castro. Non se coñece con exactitude o día da publicación desta obra, pero tómase como referencia o 17 de maio, xa que nesa data a propia Rosalía adicou o poemario a Fernán Caballero. Por iso, cada 17 de maio conmemoramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.