sábado, 24 de mayo de 2008

2ª semana de experimentos con auga

Esta foi a segunda semana que adicamos a experimentar coa auga no colexio . Todo o alumnado, desde infantil de 3 anos ata 6º de primaria, pasou polo laboratorio para descubrir o que é a densidade, o volume e a masa. Descubriron que a auga pode voar, pesa, ocupa un espacio, pode medirse, fai que flotemos, afundamos ou aboiemos. Como se poden modificar as súas propiedades , por enriba, pasárono fenomenal. Sentimos moito non poder poñervos todas as fotos. Polo de agora deixámosvos este video.

domingo, 18 de mayo de 2008

Deporte e Auga Doce













O venres pasado tivemos na escola a uns verdadeiros profesionais da auga e do lecer. Viñeron a falarlles ós rapaces e rapazas de como desfrutar da auga e da natureza á vez que gardaban o máximo respecto cara o medio ambiente e a súa propia seguridade. Cheché falounos das actividades que fan para nenos e adultos como directora de Turnauga, ensinounos videos e fotos, mandounos unhas fotos preciosas de barranquismo, raffting, piragüismo e rappel que fan nos ríos galegos que de certo non teñen nada que cobizar a outros paraxes naturais que vemos pola tele. Tamén estivo con ela un monitor do seu grupo. Trouxeron barcas, canoa, chaleques de salvamento, balizas de rescate, cascos, remos, roupas de neopreno e moito entusiasmo que conseguiron transmitir ó alumnado de San Tomé. Penso que o máis importante deste día foi a mensaxe seguinte: é posible pasalo ben sen estragar o medio ambiente. Moitísimas gracias por todo.http://4.bp.blogspot.com/

viernes, 16 de mayo de 2008

Monográfico sobre Roald Dahl


Durante dous meses no CEIP San Tomé desenvolvemos un proxecto sobre Roald Dahl. Os obxectivos principais eran os de coñecer ó autor e ler as súas obras...e FIXÉMOLO. Nestes dous meses estivemos rondando a Roald Dahl dende infantil ata 6º.
O departamento de normalización traduciu moitos dos libros do autor, preparamos un power point para infantil adaptando os textos, investigamos sobre a vida... e de todo esto saíron traballos preciosísimos:
- Paneis de lectores -50 lectores por panel, e nalgúns casos houbo que amplialos.
- Valoración das obras.
- Cadros sinópticos.
- Reescritura de textos
- Moitísimos traballos plásticos
Pero sobre todo as que tolearon co tema foron as mestras de inglés: traduciron, descibiron personaxes, investigaron, modelaron... ata felicitaron o nadal con Roald Dahl. Botaron por fóra.
E que vos imos contar do equipo infantil? Fixeron de todo e mesmo lograron que o crocodilo criara 110 crocodiliños. Podedes miralo no video.

miércoles, 7 de mayo de 2008

San Tomé énchese de auga doce


Como xa vos dixemos, estamos a traballar nun proxecto sobre a auga doce. Para ambientar o colexio imos colocando, ós poucos, unha pinga aquí, unha fonte alá, unhas moléculas de H2O no teito , unha fervenza ao frente... Nuns días poderedes velo.

Exposicións do día do libro en San Tomé

A AUGA DA VIDA

Estamos a traballar dende o departamento da biblioteca do noso cole un proxecto que titulamos A AUGA DA VIDA. Xa fixemos moitas actividades dende o mes de xaneiro e quedan ainda moitas cousas pendentes. Do que xa fixemos deixamos unha mostra neste blog ó que podedes acceder nos arquivos adxuntos. Esperamos que vos guste. http://bibliosantome@blogsport.com

martes, 6 de mayo de 2008

lunes, 5 de mayo de 2008

Inauguración do noso blog


Hoxe, día 5 de maio de 2008, creamos o primeiro blog da nosa biblioteca escolar. Esperamos que teña moito éxito e que todos participedes nel.