sábado, 5 de diciembre de 2009

A escola en funcionamento

Rematou outra semana. As lecturas van fenomenal. Hoxe, unha nai contounos algo precioso. Ten na casa un libro "case tan vello coma ela" - 40 anos- que lle regalara seu avó sendo moi pequena. Alí estaba, no medio doutros, esquecido. Os seus fillos nunca se fixaran nel, nen tan sequera ela se acordaba da súa existencia. Pero hai uns día Iago, o máis pequeno da casa, bateu cos ollos no canto e foille pedir á nai que lle dera o libro de Julio Verne. A nai buscou na mochila, no cuarto, na cociña, no curral ... pensando nun dos libros da biblioteca da escola que Iago debía ter en préstamo. Desesperada díxolle ó neno se outra vez ía ter que mercar un libro por ser tan descoidado e perdelo. Non, mamá! O libro debe ser teu porque está enterrado na estantería da saliña. E sí, estaba alí, un libro que nunca lera e que agora está a descubrir co seu neno, 40 anos despois. Benvida. No cole temos moitos máis a túa/vosa disposición.

No hay comentarios: