A interculturalidade tíñase que facer notar na celebración do Nadal e así é; unha boa mostra é o precioso Belén que se fixo a comunidade educativa do centro baixo a coordinación dos nosos compañeiros de Extraescolares. Reproduciron o Machu Pichu con distintas figuras que representan ás diferentes culturas do mundo.Vale a pena velo.
Blog da biblioteca do CEIP San Tomé de Cambados, no que este curso temos como proxecto: "VIAXANDO NO TEMPO"
jueves, 20 de diciembre de 2012
domingo, 9 de diciembre de 2012
Casas do mundo
“Todos temos dereito a unha vivenda”, di un dos artigos da declaración universal dos Dereitos Humanos. Neste terrible tempo de crise económica, todos/as temos unha vivenda na que protexernos, descansar, …? Non, dende logo que non. Pero no mundo, cada cultura á súa maneira, foi construindo as súas residencias adaptándose ao entorno, ao clima, as posibilidades económicas, ás materias primas ao alcance da man e dos bolsillos, ao número de membros, á tribo… É o que queremos que vexades no seguinte documento visual, onde tamén poderedes ver algunas excentricidades.
Casas do mundo
jueves, 6 de diciembre de 2012
Roque en Australia
O morcego Roque chegou ás Antípodas; queredes saber o que lle pasou por Australia?
Mirade:
Roque en Australia
Mirade:
Roque en Australia
miércoles, 5 de diciembre de 2012
martes, 4 de diciembre de 2012
A bubela e outros galegos
Acordádesvos da despedida do profe Mon?. Diciamos que Mon pertence a esa xeración de mestres que tanto e tanto loitou por dignificar a nosa lingua e a educación pública, contribuíndo activamente a facer un ensino de verdadeira calidade, por riba de leis e reformas educativas. Tamén confiabamos –xa o sabíamos- que eses compromisos non se acababan cun papel de “xubilado”. E para demostralo, aquí o temos de novo argallando historias con Roque, o morcego, como protagonista. Coñeceu a Raimundo, o morcego de San Tomé e xuntos levounos a percorrer as ciudades do mundo, xa que os de Infantil andan de viaxe dende outubro, e nas súas viaxes foi descobrindo máis e máis cousas: plantas, casas, animais… E cos animais imos quedar.
Para os nenos e nenas de 2º de educación primaria sacoulles pasaxe para tres enormes países-continentes: foron á sabana africana ondea toparon cunha bubela galega. A bubela faloulles da Arxentina onde había moitos galegos, e alá marcharon tirando do peto, e claro, aqueles tamén lles descobriron algo de Australia. Como Roque e Raimundo son curiosos e todo o axixan, sen pensalo, alá voaron sen motor. Para ver como son, canto pesan, que comen, onde viven… Mon preparou estas viaxes. Esperamos que as disfrutedes.
Para ver o inicio do Morcego Roque, ide ao blog de Infantil premendo aquí.
Para os nenos e nenas de 2º de educación primaria sacoulles pasaxe para tres enormes países-continentes: foron á sabana africana ondea toparon cunha bubela galega. A bubela faloulles da Arxentina onde había moitos galegos, e alá marcharon tirando do peto, e claro, aqueles tamén lles descobriron algo de Australia. Como Roque e Raimundo son curiosos e todo o axixan, sen pensalo, alá voaron sen motor. Para ver como son, canto pesan, que comen, onde viven… Mon preparou estas viaxes. Esperamos que as disfrutedes.
Para ver o inicio do Morcego Roque, ide ao blog de Infantil premendo aquí.
lunes, 26 de noviembre de 2012
viernes, 23 de noviembre de 2012
RUSIA PARA OS PEQUENOS
Xa conseguimos o LIM de Rusia para os cursos de 1º, 2º e 3º de primaria, sobre todo polo interese de Andrei quen ten moitas cousas que contar. Así pois, Andrei, nós xa cumplimos unha parte do prometido. Máis adiante iremos incluindo o resto. Esperamos que che guste a tí e a todos/as. Chao.
jueves, 22 de noviembre de 2012
El lago de los Arco Iris (Un Hermoso Cuento de Italia)
Boas lectoriñ@s!
Xa que os de Infantil andan dando unha volta por Italia aproveitamos para perdirlles que nos trouxesen un conto do país coa forma de bota. Éste é o resultado:
miércoles, 21 de noviembre de 2012
Actualización da web de Interculturalidade
Boas!
Como os contidos que estamos a subir á web de Interculturalidade xa son moitos tivemos que facer unha reestructuración na mesma para que todo estea mellor organizado.
Nas últimas datas subimos máis vídeos, máis unidades didácticas e un par de xogos. Por suposto, a excelente presentación sobre o Machu Pichu tamén está ubicada na web.
Así que se queredes ver as novidades, xa sabedes, clickade en "Interculturalidade", na barra superior á dereita.
Como os contidos que estamos a subir á web de Interculturalidade xa son moitos tivemos que facer unha reestructuración na mesma para que todo estea mellor organizado.
Nas últimas datas subimos máis vídeos, máis unidades didácticas e un par de xogos. Por suposto, a excelente presentación sobre o Machu Pichu tamén está ubicada na web.
Así que se queredes ver as novidades, xa sabedes, clickade en "Interculturalidade", na barra superior á dereita.
viernes, 16 de noviembre de 2012
O Machu Pichu...
Nenos e nenas, profes titoras... Xa estamos pensando no Nadal! Pero amodiño, eh! Como nos anda pola cabeza unha idea de belén, preparamos estas imaxes para que vaiades coñecendo un sitio incrible do Perú, xa que dentro dun par de semanas imos ter que traballar sobre el. Por agora non vos contamos máis, pero tendes que miralo xa que nos vai facer falta. Ata pronto.
Algo máis, e IMPORTANTÍSSSSIMO: ao chegar a penúltima diapositiva, unha que pon vista aérea, picade enriba dela e ... levaravos ata alá. Non saltedes este paso!
o Machu Pichu
Algo máis, e IMPORTANTÍSSSSIMO: ao chegar a penúltima diapositiva, unha que pon vista aérea, picade enriba dela e ... levaravos ata alá. Non saltedes este paso!
o Machu Pichu
Hoxe é o Día da Tolerancia
Boas!
Teñen relación a tolerancia e a interculturalide?
Pénsao un pouquiño máis....Claro que a teñen!
Hoxe celebramos o Día Mundial da Tolerancia, un valor importantísimo que evitaría moitos dos problemas da nosa sociedade. Por se alguén quere traballalo, deixámosvos aquí algúns enlaces relacionados coa temática:
- Aula 365
- Declaración de principios sobre a Tolerancia (UNESCO)
- Un conto para a Tolerancia (actividade Clic)
- Unha "caza do tesouro" para o Segundo e o Terceiro Ciclo
- Contos de Tolerancia
- Materiais didácticos contra a Intolerancia
- Enlace a "Crea e Aprende con Laura", un blogue con multitude de recursos
Teñen relación a tolerancia e a interculturalide?
Pénsao un pouquiño máis....Claro que a teñen!
Hoxe celebramos o Día Mundial da Tolerancia, un valor importantísimo que evitaría moitos dos problemas da nosa sociedade. Por se alguén quere traballalo, deixámosvos aquí algúns enlaces relacionados coa temática:
- Aula 365
- Declaración de principios sobre a Tolerancia (UNESCO)
- Un conto para a Tolerancia (actividade Clic)
- Unha "caza do tesouro" para o Segundo e o Terceiro Ciclo
- Contos de Tolerancia
- Materiais didácticos contra a Intolerancia
- Enlace a "Crea e Aprende con Laura", un blogue con multitude de recursos
martes, 13 de noviembre de 2012
Xogamos?
Por fin rematamos este pequeno xogo sobre o Perú. Podedes xogar por parellas ou en equipos máis grandes. Quen consiga chegar primeiro ao cume da montaña gañará a partida. Pero... hai revancha! 50 preguntas en total. Ánimo.
Nunca máis
Pasaron 10 anos da traxedia do Prestige, convén non esquecelo para que non se volva repetir. Esta canción do grupo "La Fuga" é un bo exemplo
Mulleres Rurais Africanas
Ola a todos os seguidores das nosas historias. Outro novo conto para ler, pensar e descubrir: está na entrada anterior. Para completar un pouco a traballo que podemos facer con el cacheamos na rede algunhas -moi pouquiñas para todo o que hai- imaxes da vida das mulleres africanas. Nós chegamos a conclusións moi importantes. África é o terceiro (ou o segundo, depende de onde se consulte) continente máis poboado do mundo, con 54 países e un montón de costumes semellantes no papel que desenvolven as mulleres. Pero queremos que sexades vos os que fagades as vosas propias ideas.
MULLERES AFRICANAS
jueves, 8 de noviembre de 2012
El nahuel y el hombre perdido (leyenda mapuche)
Como cada xoves, aquí tedes un conto do mundo, neste caso, unha lenda mapuche.
Máis contidos en "Interculturalidade"
Boas!
A páxina permanente de Interculturalidade ten máis contidos. Subimos as dúas Unidades Didácticas que vos presentamos nas últimas entradas. O apartado de UDs será ampliado nas próximas datas para mellorar o traballo que se pode facer nas aulas.
Lembrade que para acceder soamente hai que premer na pestaña "Interculturalidade" que está na parte superior dereita do Blogue.
A páxina permanente de Interculturalidade ten máis contidos. Subimos as dúas Unidades Didácticas que vos presentamos nas últimas entradas. O apartado de UDs será ampliado nas próximas datas para mellorar o traballo que se pode facer nas aulas.
Lembrade que para acceder soamente hai que premer na pestaña "Interculturalidade" que está na parte superior dereita do Blogue.
miércoles, 7 de noviembre de 2012
A filla do carboeiro. Un conto de Marrocos
A filla do carboeiro
Este é un conto moi bonito que ven dende Marrocos. Deixámolo con algunhas actividades datos de interese sobre ese país. Como temos nenas marroquís na escola seguro que nos poden contar máis cousas. Esperamos que vos guste.
A Filla do Carboeiro. Conto Marroquí
martes, 6 de noviembre de 2012
Nasreddin e o dereito a comer. Conto de Irán
Ola a todos e todas. Anque imos pouquiño a pouco, deixamos aquí un precioso contos de Irán chamado Nasreddin e o dereito a comer, xunto con algunhas actividades e unha pequena información sobre ese país. As profes xa vos contarán máis e vos mesmos iredes buscando máis datos sobre este país un pouco descoñecido para nós.
Nasreddin e o Dereito a Comer.
Nasreddin e o Dereito a Co
lunes, 5 de noviembre de 2012
Xubilouse o mestre Mon
Mon pertence a esa xeración de mestres que tanto e tanto loitou por dignificar a nosa lingua e a educación pública, contribuíndo activamente a facer un ensino de verdadeira calidade, por riba de leis e reformas educativas.
Tamén é destacable o seu labor como ilustrador e escritor de contos infantís, ademais das súas colaboracións noutras obras sobre natureza,
Aínda que a súa xubilación é máis que merecida e ten ganado o descanso, confiamos en que de cando en vez percorra a longa distancia existente entre a súa casa e o colexio para facernos algunha visita e obsequiarnos coa súa compañía e as súas impertinencias.
domingo, 4 de noviembre de 2012
Libro lim sobre Perú
Canto sabemos de Perú? No cole temos moitos nenos e nenas que viven en Cambados e estudan no noso cole. Xa son de aquí pero teñen que contarnos moitas cousas do pais onde naceron. Para ir adiantando e non quedar como "ignorantes" (é broma) diante deles, fixemos este libriño para ir practicando e aprendendo cousas sobre un dos seus paises. Veña!, cada vez aprenderemos máis.
viernes, 2 de noviembre de 2012
El zorro y el quirquincho (conto popular arxentino)
Nesta ocasión imos até a Arxentina para que nos conten esta sabia historia de astucia:
viernes, 26 de octubre de 2012
Recursos para o Samaín
Aínda que no noso cole as mestras de inglés traballan fantasticamente o Halloween e realizan un montón de actividades cos nenos, deixámosvos aquí uns cantos enlaces relacionados co Samaín, por se vos interesa o tema.
Recompilación de recursos do Ceip Víctor Sáenz
Recompilación de recursos de "A escola de Barciela"
Recursos do Samaín (web de Norberto)
Recompilación de recursos para o Samaín da páxina O Recanto de Mik
Vídeo do Samaín do Ceip Mestres Goldar
Vídeo do Samaín do Ceip Mestres Goldar II
O Rock do Samaín
Fiz, o coleccionista de medos (vídeo)
Colorea cabazas
Debuxos de Samaín
"Samaíndalas"
LIM do Samaín do Ceip A Pedra
LIMs do Samaín (O Atlas dos soños)
Recompilación de recursos do Ceip Víctor Sáenz
Recompilación de recursos de "A escola de Barciela"
Recursos do Samaín (web de Norberto)
Recompilación de recursos para o Samaín da páxina O Recanto de Mik
Vídeo do Samaín do Ceip Mestres Goldar
Vídeo do Samaín do Ceip Mestres Goldar II
O Rock do Samaín
Fiz, o coleccionista de medos (vídeo)
Colorea cabazas
Debuxos de Samaín
"Samaíndalas"
LIM do Samaín do Ceip A Pedra
LIMs do Samaín (O Atlas dos soños)
jueves, 25 de octubre de 2012
Recomendación lectora: a rata Luísa
![]() |
A rata Luísa (A Nosa Terra) |
Ás veces buscamos lonxe libros axeitados para os nenos; pero non sempre é necesario recurrir á literatura infantil estranxeira para atopar coleccións fantásticas con divertidas ilustracións. Un claro exemplo é a rata Luísa, a creación de Mon Daporta, que a través das súas aventuras e dos seus amigos a bo seguro que vos fará pasar ratos moi agradables.
Por iso hoxe (un día especial, para que o imos negar), recomendamos a lectura dos diversos libros desta roedora que tantas cousas nos ensina.
miércoles, 24 de octubre de 2012
Día da Biblioteca
Hoxe, 24 de outubro, celebrouse o Día das Bibliotecas Escolares; eses rincóns dos colexios que, como os bos amigos, sabemos que están sempre aí aínda que non os vexamos con frecuencia. Na actualidade, as Bibliotecas Escolares son moito máis que un almacén de libros ou un espazo de lectura. Son espazos interactivos, son propostas, son proxectos, son equipos... E como no noso caso, son o motor do centro.
Por iso, aínda que non se celebrara ningún acto como tal, tamén fixemos a nosa pequena homenaxe, traballando como cada día para facer un cole mellor e máis activo.
Onte os titores escolleron tema de traballo dentro do proxecto Interculturalidade; en breve seguro que empezamos a ver os primeiros resultados do esforzo do alumn@s.
Nós estaremos aquí para contalo e para mostralo.
viernes, 19 de octubre de 2012
O morcego Raimundo
Moi soleadas tardes a todos os lectores de Lectoriño.
Estamos outra vez aquí para expoñervos o plan de traballo
que equipo de Educación Infantil programou para este trimestre. Como
veredes non deixan nada ao chou, anque
logo xurdirán polo medio algunas actividades colectivas que seguro lle van
facer modificar os seus cálculos. Pero esa é outra historia.
De seguido relacionamos o proceso polo que van viaxar os de Infantil, e para saber onde se atopan cada día, o que están a facer –e tal vez a comer- cómpre mirar o foto seguinte .
De seguido relacionamos o proceso polo que van viaxar os de Infantil, e para saber onde se atopan cada día, o que están a facer –e tal vez a comer- cómpre mirar o foto seguinte .
Nos seguintes días tamén veredes algunas fotos do morcego Raimundo que fixo o seu agocho nun chopo do patio. Agocho e moucho son os máis vistos pola escola estes días. O que pasa é que como os mouchos saen de noite, fixéronlle fotos para telas nas clases.
Tamén recibiron unha carta de Raimundo…
e ata o teñen para
marcar os encargados de cada día… Vos mirade!
miércoles, 17 de octubre de 2012
"Menina bonita do laço de fita". Un conto do mundo
Boas de novo, aquí vos deixamos un conto do Brasil, de Ana María Machado, que ven de ser galardoada co premio SM de Literatura Iberoamericana Infantil e Xuvenil. Esperamos que vos guste:
Libros, libros e libros
Xa están expostos os libros que fixemos e mercamos polo de agora, A cousa xa empeza a funcionar. Polo de agora só podedes tocalos e ir mirándoos na pequena exposición da entrada, pero para a semana que ven quedarán á vosa disposición na biblioteca.
Onte xa visitaron o recanto varias aulas pero so tivemos tempo de retratar aos de 5º B. Non vos preocupedes que haberá para todos.
lunes, 15 de octubre de 2012
Fala 6ºB: Un conto xitano
Os nenos e as nenas de 6º B xa estamos a traballar o proxecto deste curso: a Interculturalidade.
O primeiro que fixemos foi empezar a ler os contos xitanos. Coa profesora Adela estamos aprendendo moito máis deste pobo, desta cultura e fainos pensar neses mitos tan malos que as veces estigmatizan a unha cultura. Nin son malos –mellor dito, non son nin máis nin menos malos ca nós, nin mais nin menos retorcidos, sucios, malvados….- Cantas mentiras nos contan ás veces…
Pois nós empezamos a traballar un conto precioso que se titula “O Porco Encantado” e hoxe rematámolo. Primeiro lémolo, falamos, fixemos preguntas… e logo reescribímolo e ilustrámolo e quedounos así como vedes. Esperamos que vos guste e xa imos por outro.
Conto xitano (preme para velo)
jueves, 11 de octubre de 2012
Ola!
Boas a todos!!
Fixástesvos o simple que é o título da entrada?
Todo ten unha explicación, na Biblioteca xa se comeza a ver a ambientación da Interculturalidade e nas ventanas da mesma hai uns preciosos adornos con diferentes formas de dicir "ola" en varios idiomas. Aquí vos deixamos un par de imaxes.
Fixástesvos o simple que é o título da entrada?
Todo ten unha explicación, na Biblioteca xa se comeza a ver a ambientación da Interculturalidade e nas ventanas da mesma hai uns preciosos adornos con diferentes formas de dicir "ola" en varios idiomas. Aquí vos deixamos un par de imaxes.
domingo, 7 de octubre de 2012
Os nenos de 6ºB traballan sobre Mondrian
Os
nenos e nenas de 6º B xunto coa súa titora Adela están a traballar ao pintor Pieter
Cornelis Mondrian. Ademáis de ver e documentarse sobre a obra, xa están a facer
traballos plásticos na aula: dende axendas a marcapáxinas, cadros, vestidos e,
como non, pintura de uñas. Polo de agora déixannos estas mostras mais, como
cada alumna e alumno quere exponer os traballos, iremos incluíndoos pouco a
pouco.
Podedes velos premendo aquí.
miércoles, 3 de octubre de 2012
Poemas sobre o Outono
Boas a todos/as de novo!
Deixámosvos esta presentación con poesías sobre o outono, unha pasada!!
Poesías del otoño from Salvia
martes, 2 de octubre de 2012
Novas da Biblioteca
Ola
a todos e a todas. Xa temos un montón de libros de contos de todo o mundo. O
equipo da biblioteca levamos case un mes buscando por canto sitio hai en
internet e logramos xuntar arredor de 300 contos distintos: rusos, peruanos,
indios e hindús; arxentinos, africanos, etíopes, xitanos , romaneses, chinos e
xaponeses. Démoslle moita importancia
aos contos dos países de moitos dos nosos compañeiros e compañeiras. Dirémosvos
que son marabillosos e esperamos que eles, xunto coas súas nais, país e avoas
nos contes algúns máis.
A
intención que temos é a seguinte: un día á semana, durante a hora de ler,
propoñémoslle aos vosos/as titoras/es que suban una carpetiña cos contos por
países. En cada carpeta imos meter non menos de 25 contos. Tamén estamos a compoñer
carpetas con contos variados do mundo –é dicir, 25 contos de distintos países,
que son diferentes aos dos libros- para que todos e todas poidades ler a
carpeta completa. Hai contos de 2, 4, 6 e 8 páxinas como máximo.
Cada
tomo leva una introdución na que se explica a temática dos contos e un índice
paxinado para poder ir directos ao relato que queirades. Tamén incluiremos un
rexistro para cada clase coa idea de que deixedes a vosa opinión das historias.
Por
último –polo de agora- dirémosvos que estamos a mercar a bibliografía que hai
sobre os contos do mundo, pero como en galego non hai nada, fixemos un esforzo
grande para presentarvos todos os que nos arranxamos en galego. Esperamos que
non haxa erros pero, si vedes algún, non dubidedes en avisarnos. Dentro dunha
semana empezaremos a publicalos no blog. Intentaremos poñelos todos para que os
aproveitedes vos e outros nenos e nenas das escolas galegas ás que lle poidan
interesar.
Ata
moi prontiño….
PD: se premedes no botón da parte de arriba que pon "interculturalidade" iredes a unha páxina onde estamos recompilando contos, vídeos, enlaces...
lunes, 24 de septiembre de 2012
Cartel do Día da Biblioteca
Boas! Aquí á esquerda tedes o cartel conmemorativo para este curso do Mes da Biblioteca Escolar (Outubro) e o Día da Biblioteca Escolar (24 de outubro). A ilustración e do galego Andrés Meixide e baixo o lema " Biblioteca escolar, acelerador de innovación" preténdese transmitir a idea dunha biblioteca activa e dinamizadora dos centros escolares.
miércoles, 19 de septiembre de 2012
Chegando ao mes da Biblioteca...
O mes de outubro é o mes da Biblioteca. Para que vaiades collendo conciencia da importancia das bibliotecas públicas colgámosvos este "spot" publicitario. Vale a pena.
lunes, 17 de septiembre de 2012
Proxecto da Biblioteca
Como ben anunciamos a semana pasada o Proxecto da Biblioteca para este curso será a Interculturalidade. Moitas serán as actividades e actuacións a realizar, sería moi difícil explicar todo aquí, así que é máis sinxelo subir o proxecto enteiro para que o poidas ler.
Preme aquí para descargalo.
Preme aquí para descargalo.
viernes, 14 de septiembre de 2012
Adeus Rodari, benvida Interculturalidade
Sen dúbida Rodari fíxonos pasar moi bos ratos o curso pasado. A través das súas historias aprendimos unha chea de cousas, pero toca pasar páxina e comezar con novas aventuras.
Os máis observadores xa se decatarían da desaparición das imaxes de Rodari do blogue; no seu lugar aparece outra que ilustra o proxecto deste curso, A INTERCULTURALIDADE.
Os máis observadores xa se decatarían da desaparición das imaxes de Rodari do blogue; no seu lugar aparece outra que ilustra o proxecto deste curso, A INTERCULTURALIDADE.
miércoles, 12 de septiembre de 2012
Comezou o curso!!
Na mañá de hoxe o cole "recobrou a vida" coa chegada de todos os nenos e nenas.
Como anunciamos onte, os que visitan o blogue son os primeiros en enterarse de que este curso o Proxecto da Biblioteca tratará a "Interculturalidade". Desta forma os nenos e nenas do colexio saberán máis do que é vida noutras culturas.
Esperamos que vos guste e que resulte interesante para todos.
Aquí vos deixamos un vídeo de benvida!
Como anunciamos onte, os que visitan o blogue son os primeiros en enterarse de que este curso o Proxecto da Biblioteca tratará a "Interculturalidade". Desta forma os nenos e nenas do colexio saberán máis do que é vida noutras culturas.
Esperamos que vos guste e que resulte interesante para todos.
Aquí vos deixamos un vídeo de benvida!
martes, 11 de septiembre de 2012
Comeza un novo curso
Xa quedan moi pouquiñas horas para ver de novo os corredores cheos de nenos. Dende o equipo de Biblioteca queremos dar a benvida a todos os alumnos do Ceip San Tomé a este curso 2012-2013.
Os máis observadores xa apreciarían algún que outro cambio no blogue: novas cores, nova imaxe, novas funcións... Esperamos que vos guste!!
Durante estes días iremos publicando novas interesantes para todos vós; como o tema do Proxecto da Biblioteca deste curso e algunha das actividades que levaremos a cabo.
Se queredes ser os primeiros en enterarvos, entrade no blogue a diario.
Os máis observadores xa apreciarían algún que outro cambio no blogue: novas cores, nova imaxe, novas funcións... Esperamos que vos guste!!
Durante estes días iremos publicando novas interesantes para todos vós; como o tema do Proxecto da Biblioteca deste curso e algunha das actividades que levaremos a cabo.
Se queredes ser os primeiros en enterarvos, entrade no blogue a diario.
sábado, 16 de junio de 2012
O ECO DE SAN TOMÉ - REVISTA ESCOLAR
Xa estamos a piques de rematar o curso e este ano a nosa revista témola que publicar a través dos blogs de biblioteca e de extraescolares, así que non vos despistedes. A razón? Non hai cartos para levala á imprenta, pero iso non vai impedirnos ter a revista como todos os anos. Podedes baixar todo o contido ao voso ordenador para logo imprimir o que queirades e se queredes claro.
Téndela aí ó lado e arriba, na barra de navegación
domingo, 3 de junio de 2012
viernes, 1 de junio de 2012
CATRO CONTOS AO TELÉFONO
Érase unha vez, a muller que contaba esbirros, o cazador desventurado e inventando números son os contiños de Rodari que aparecen neste outro libriño. Para que os lembredes cando queirades ... e teñades conexión, claro.
CONTOS Ó TELÉFONO
jueves, 31 de mayo de 2012
UNHA VIOLETA NO POLO NORTE
A quen se lle conte! Unha violeta no Polo Norte... Sentímolo un pouquiño pero as fotos sairon movidas. É posible que as volvamos facer un día destes para facilitar a lectura.Unha Violeta No Polo Norte
ADAPTACIÓN DOS LIBROS DE RODARI
Hoxe este conto perdeu algunhas follas do carballo, pero as letras están no mesmo sitio, porque ler non gasta a tinta...
MÁIS CONTOS DE RODARI
Outros tres contiños máis para que os descarguedes.
Na Praia de Ostia AQUELAS POBRES PANTASMAS A VOLTA Á CIDADE
Na Praia de Ostia AQUELAS POBRES PANTASMAS A VOLTA Á CIDADE
Aquí estamos outra vez. Durante todos estes días estivemos facendo un traballo de recollida de todo o feito durante o ano, pois os profes tamén temos que facer deberes, render contas, explicar... Si, si! todo eso que vos pedimos a vos tamén o temos que facer nós. E eses "deberes" imos poñelos no blog por si eles (os que mandan) queren velos. A todos nos servirá de recordo deste ano tan loooooongo pero tan bonitiño.
o Mundo Nas Nosas Mans
o Mundo Nas Nosas Mans
miércoles, 16 de mayo de 2012
LETRAS GALEGAS 2012
Xa están preparados os traballiños das letras. Para anticipar o día de mañá -que celebramos hoxe - podedes buscar o poema de cada un/unha. Se non o vedes aquí é posible que esté no barco das Letras. Daquela, aproveitade que non chove e ir dar un paseo pola Calzada á procura do barco do cole. Ata o luns.
LETRAS GALEGAS
LETRAS GALEGAS
Esta entrada vai de parte do Departamento de Normalización Lingüística do colexio. Como ainda non teñen un blog, pedíronnos ó de biblioteca que puxeramos estas fotos do panel co que participamos nas actividades das Letras do Concello de Cambados, e da exposición dos vosos traballos.
Primerio, dicirvos que nos resultou moi agradable comprobar que a maioría de vós decidíchedes empregar as técnicas de Rodari para honrar a Valentín Paz Andrade: rimas, acrósticos, xeroglíficos, poesía... Parabéns para o alumnado e o profesorado. Estamos moi contentos/as. Por iso, na próxima entrada que fagamos no blog, deixaremos todos os carteis que non foron colocados no barco das letras, non porque lles faltase calidade senón porque non cabían máis ca cincuenta. Chao.
LETRAS GALEGAS
Ola nenas e nenos de San Tomé. Mañá non temos clase porque.... Por que? Si, mañá é o día especial no que celebramos as Letras Galegas, ese día no que cada ano lembramos a un escritor ou escritora que adicou parte da súa vida a escribir poesía, xornais, ideas, contos, novelas, ensaios, .... no noso idioma. Queremos que teñades en conta o seguinte: mañá é ese día especial pero as Letras Galegas son toda a semana, todo o mes, todo o ano... TODOS OS DÍAS DE TODOS OS ANOS da nosa vida. Xa dende hai algúns anos, tamén vós vindes escribindo en Galego pequenas obriñas que temos na biblioteca e este curso aumentamos moito a producción de contos en galego dos nenos e nenas de San Tomé. Quen sabe? Non sería estrano que un día, visitando librerías, nos veña á mans algún título dun antigo alumno e alumna que pasou pola nosa escola, de feito xa os hai: o poeta Ramón Nogueira estudou na escola; a escritora Fuensanta tamén.... e, quen sabe? Igual hai un día das Letras Galegas adicado a alguén de vós.
De seguido podedes ver a celebración que fixemos hoxe no cole: a profesora Mónica cos alumnos e alumnas de 5º e 6º percorreu os pasillos con pandereteiras, gaiteiro, tamborileiro, bombo, cunchas, voces... dándolle un carácter especial ó día de hoxe.
Que disfrutedes e mañá animádevos a ler unha páxina en Galego.
domingo, 13 de mayo de 2012
CÓMIC DE CARAPUCHIÑA
Ola a todos os nenos e nenas do cole, e tamén aos visitantes do blog. Hoxe a nova é, de novo, un regalazo do profe Mon. Como non hai palabras para agradecerlle o seu tempo, a súa amabilidade, e o que nos quere a todos os do cole, pois non nos queda outra que mandarlle desde aquí mil bicos, apertas, saúdos... que podedes ir dándolle persoalmente cando o vexades polo patio, polos corredores, ou por calquera currucho da escola por onde pode aparecer. Lédeo.
CARAPUCHIÑA EN CÓMIC
Moi boas e chuviosa tarde. Aquí estamos de novo para cumplir os encargos que nos facedes a través do blog ou en persoa cando nos vedes pola escola. Sebas, Laura, Laura Lago, Carlos, Elia, Marta, Lidia,Luís, Alba e Aitor fixeron unhas rimas moi ben levadas cos Tres Porquiños, o Lobo, Pinocho, Carapuchiña,Cincenta, os Cabuxiños... e ademáis, ilustráronnas moi ben. Logo a profe Lula fíxolles un cartafol precioso para gardalas. Agora podedes ver o conxunto do que vos falamos. Felicidades a todos e todas elas polo traballo
jueves, 10 de mayo de 2012
UNHA MANCHEA DE ADIVIÑAS
Imos poñervos as adiviñas de 3º. Xa son coñecidas pero o esforzo dos nenos e nenas que as fixeron merece a pena ser visto. Ademáis, a presentación e o coidado posto é precioso.
ADIVIÑAS DE TERCEIRO
POR QUE MAMÁ PINTA OS LABIOS?
Por que mamá pinta os labios?
Por que papá ten que ir traballar? Por que temos ósos?, Por que as profes mandan tantos deberes? Por que as sevillanas levan vestidos de lunares?.... Por que? Por que....
Aquí tendes as respostas dos nenos e nenas de 1º.ALBUM DE DEBUXOS
Neste album de debuxos recollemos aquelas ilustracións que fixéstedes tanto para o belén de conto como para a decoración dos libros e da escola. Aproveitando eses traballos montamos este álbum que aos máis pequenos lles encantou.
O MUNDO NAS NOSAS MANS
Lembrades o 30 de xaneiro? Aquel día celebramos de forma especial o día da Paz. Aproveitamos o conto de Rodari "O MUNDO NAS NOSAS MANS" para facer a proxección no ximnasio para todo o alumnado e profesorado do cole. Anque a profe Guada xa o puxera daquela no blog de extraescolares, agora que estamos repasando o traballo do curso tamén queremos poñelo nós aquí. Esperamos que o disfrutedes de novo por un lado ou polo outro.
AS PREGUNTAS DE INFANTIL
Últimos POR QUE de Infantil e algún que outro despistado que deixou as súas invencións en sitios distintos ó correcto. Poderedes ver tamén preguntas que se fan os nenos e. nenas máis pequenos
UN CHISTE?
Por decisión unánime dos nenos e nenas de 5º, incluimos aquí ó campeón Alberto contando un chiste. Medio inventado pero moi ben personalizado, Alberto plantouse diante da cámara con varios chistes e seleccionamos este. Mirade, escoitade e ride.
ALBERTO 5. CHISTE CURA por elvirasumay
ALBERTO 5. CHISTE CURA por elvirasumay
PINOCHO, CARAPUCHIÑA E OS TRES PORQUIÑO
Un dos cursos que máis se ilusionou coas propostas da biblioteca foron os terceiros. Eles e elas seguen a argallar mesturas, adiviñas, rimas, e a profe Lula encantada, cousa que non é para menos. Agora outro libriño de contos armado para o día do libro e que tamén tendes na biblioteca.
contos
martes, 8 de mayo de 2012
OUTROS NOMES, OUTROS XEROGLÍFICOS
Con este traballo rematamos o capítulo dos xeroglíficos. Como podedes ver houbo arredor de 100 maneiras distintas de representar os vosos nomes e poder lelos dun xeito distinto ó acostumado: con cifras, debuxos, notas musicais, signos matemáticos.... Sabemos que nos quedamos curtos, pois esta técnica pódese aplicar para nomear todo o que queiramos, pero estamos moi satisfeitos polo interese que despertamos en vos para tentar resolver as propostas que vos demos dentro da biblioteca: xeroglíficos de animais, de cidades, de obxectos familiares... Detrás xa virán máis.
Agora podedes ver os nomes dos nenos e nenas de 4º da profe Encarna e descubriredes outras maneiras de representar a outros Borjas, Pablos, Paulas.... Ata prontiño.
XEROGLÍFICOS DE 4º B
ÚRSULA E BELLA
Oa alumnos da profe Camino, de 4 anos, xuntaron a Úrsula coa Bella. Andaron polo bosque onde viviron algunha aventuriña e Ursula volveu ao mar, pero en que estado? Ai!, a ler para sabelo.
lunes, 7 de mayo de 2012
Un descansiño de letras. Lembrades o día do libro? Grabamos por todas as clases aquelo que preparáchedes coas profes e que despois vimos durante esa mañá. Ben, pois un deses videos imos deixalo aquí, ademáis dunhas fotiños lembrando o 23 de abril.
TONADA por elvirasumay
TONADA por elvirasumay
UN CONTO ORIXINAL
Un conto con contos, collage, poemas e debuxos todo encadernado nin formato moi bonito, estilo arco oxival. Deus, que palabriña! Podedes velo na biblioteca tal como é ou no seguinte documento un pouco modificado. É un traballo dos nenos e nenas de 3ºB da profe Lula. Noraboa a todos e todas.
POR QUE, POR QUE, POR QUE...
Ola alumnado do cole. Os do terceiro ciclo fixeron sobre todo por ques nas horas de recreo, sentados na mesa camilla e redactando en grupos. Algúns moi ben escritos por certo, pero outros deixados así de calquera maneira. Por iso, recollémolos no seguinte libro anque hai tarxetas que escribimos dende a biblioteca, mantendo o seu contido pero dándolle un pouco de "estilo" pois, comprenderedes que non se poden poñer no album escritos enrugados, con tachaduras e... algunha que outra falta de ortografía das gordas. Ai! eses maiores!!!!!
Por Que Dos Maiores
OS NOMES EN 23 XEROGLÍFICOS
Será Alba, Aitón, Iago, Cristina... e así ata 23 nenos e nenas de 4º da profe Maricarmen Aguín, algúns con algunha axudiña. Veña, atopádelle o xeito.
domingo, 6 de mayo de 2012
OS CINCO PORQUIÑOS
5 PORQUIÑOS? OS DE INFANTIL DE 3 ANOS DA PROFE LAURA DIN QUE SÍ, QUE HAI CINCO PORQUIÑOS. SERÁ QUE NON SABEN CONTAR AINDA? PENSAMOS QUE O FIXERON CON TODA A INTENCIÓN PORQUE ESTE CONTO NON TEN NADA QUE VER CON AQUEL OUTRO TAN COÑECIDO POR TODOS. NESTE NON HAI SOPLOS, NIN FUXIDAS, NIN AVOA...
QUIXERA SER.... Rimas de 4º B
Ola de novo. Seguimos publicando os traballos feitos do Proxecto Rodari. Agora tócalle os de 4º de primaria da profe Encarna, pero só o capítulo de rimas. Temos traballo para unha ou dúas semanas así que PACCIENNNNNNCIA, que ó final estaredes todos. Cada neno-nena do curso escribiu un QUIXERA SER... que tamén recitáchedes para o video do día do libro. temos que confirmar a autorización para sair no blog. Se a tendes, farémolo, vale? E agora a ler...
sábado, 5 de mayo de 2012
PETER PAN E O GATO CON BOTAS
Este é o conto dos rapaces e rapazas de Infantil de 4 anos, da profesora Elena. Encargáronse de todo: de pensar, escribir, ilustrar, pegar e montar toda a historia. Que farán cando teñan cinco anos? Adiantámosvos que é moi bonito.
4 anos elena
4 anos elena
jueves, 3 de mayo de 2012
UN PINOCHO DISTINTO
Os nenos e nenas de 2º A e 2º B fixeron entre todos este conto de Rodari. Eles déronlle mil voltas a Pinocho, só lles quedou fabricar un de madeira, máis non lle demos ideas ás profes Silvia e Patricia que logo se poñen a buscar un bo toro de carballo, collen a trencha e póñense a facelo a tamaño natural. Nós conseguimos montar o un dos seus libros neste capítulo que deixamos a continuación.
ENSALADA DE CONTOS
Os nenos e nenas de 3 anos traballaron unha ENSALADA DE CONTOS, como podemos ver no video. Mesturaron a Peter Pan coa Carapuchiña, Pinocho, os Sete Cabuxiños ... Foron ás colchonetas.. MIRADE
UN CANTAR DE CEGO
Sentímolo moito, nenas de 5º e 6º pero non podemos poñer o video do voso cantar pois hai dúas nenas que non poden sair no blog. Nembargantes, incluímos as vosas voces ilustradas cos textos e debuxos do conto. É marabilloso oirvos. Falta a parte visual na que xesticulades, poñedes caras de emoción... pero como xa vos vimos todo o cole, dámonos por satisfeitos.
CARAPUCHIÑA EN PICTOGRAMAS
Para os pequenos, grandes, medianos; para os que xa saben ler e para os que non saben ainda, para os que lle gustan os debuxos, para todos... este conto especial do profe Mon adaptado polo equipo da biblioteca. Esperamos que vos guste.
OS VOSOS LIBROS
Despois dalgúns problemas técnicos, xa estamos en disposición de publicar os traballos que presentáchedes para a semana do libro, dando así por rematado o Proxecto Rodari. Iso non quere decir que non sigamos traballando pero xa non se farán novas propostas. Se é posible, o próximo curso seguiremos con este autor. Intentarémolo.
OS VOSOS LIBROS
Durante estes días imos poñer aquí, ós poucos, os vosos libros. Tranquilos todos, os de 3º e s de 6º tamén pois xa vemos que os reclamades. Todos van quedar na biblioteca, no espazo de Rodari, anque podedes levalos para as clases.
Primeiro de todo, un libro titulado "CÓNTASME UN CONTO". Todos son contos de nenos e nenas da escola anque o formato é cousa do equipo da biblioteca pois quixemos poñelos bonitos porque o merecedes.
miércoles, 18 de abril de 2012
DÍA DO LIBRO
Ola de novo. Xa queda pouco para o 23 de abril, ese día especial para todos ós que nos gusta ler. Estamos organizándoo todo para, alomenos, igualar o do curso pasado, anque cremos que o imos superar. Por que? Moi doado: porque este ano, ademáis de adicarlle un tempiño especial a Rodari, temos que dicirvos que os protagonistas ides ser toooooodooooos e tooooodaaas vos. A partires de mañá e ao longo de toda a semana que ven, os vosos contos, adiviñas, por ques, xeroglíficos e poesías converteranse nuns libros marabillosos que xa estamos a rematar. Como sempre, ocuparán a entrada do cole. Tamén proxectaremos os videos nos que aparecedes moitos de vos lendo, recitando, preguntando, cantando... Iso será unha sorpresa especial para o luns, así como as encadernacións dos traballos. Por iso non imos deixar aquí fotos nin imaxe ningunha. Sentímoloooo!
Lembrade: se tendes algo máis agochado polas libretas, nas carpetas, no fondo da mochila... ainda estades a tempo de entregalo ao equipo da biblioteca para velo publicado, vale?
Ata logo.
miércoles, 11 de abril de 2012
OUTRO LIBRO DE CARAPUCHÑA
UN NOVO LIBRO PARA LEMBRAR, DIVERTIRSE E APRENDER. TODO VAI ARREDOR DA ESCOLA E DAS RIMAS DE RODARI .
domingo, 8 de abril de 2012
OS POR QUE DOS NENOS E NENAS
Ola a todos e todas. Xa rematan as vacacións de Semana Santa- Que pena?, POR QUE?
Porque hai que volver á escola, porque as profes van rompervos a cabeza, porque hai que madrugar, polos deberes, os exames, ... Ben, pero, é os recreos?, e o intercambio de cromos?, e as tarxetas de aniversario?, e os ensaios de música?, as competicións de educación física? a loita para dicir "rematou o recreo"?. Xa vedes que hai razóns e por ques para todo... Por iso, e porque non queremos que nos digades por que non puxéchedes no blog os por ques? -meu Deus, que follón- aquí os tendes. Non son todos os que están pero están todos os que son. Os que faltan poderedes velos no sitio reservado para eles no cole.
Por que.....
Porque hai que volver á escola, porque as profes van rompervos a cabeza, porque hai que madrugar, polos deberes, os exames, ... Ben, pero, é os recreos?, e o intercambio de cromos?, e as tarxetas de aniversario?, e os ensaios de música?, as competicións de educación física? a loita para dicir "rematou o recreo"?. Xa vedes que hai razóns e por ques para todo... Por iso, e porque non queremos que nos digades por que non puxéchedes no blog os por ques? -meu Deus, que follón- aquí os tendes. Non son todos os que están pero están todos os que son. Os que faltan poderedes velos no sitio reservado para eles no cole.
Por que.....
View more presentations from egsumay.
jueves, 29 de marzo de 2012
OUTRA HISTORIA DE PINOCHO
Seguindo coas MESTURAS DE CONTOS que nos propón Rodari, Victor fíxonos esta historia de Pinocho con... Para sabelo tendes que lelo. A montaxe é cousa do equipo da biblioteca, mais o texto, en verso, retomando o estilo das Carapuchiñas, é de Victor Pache. Desexamos que vos guste e o digades.
martes, 27 de marzo de 2012
POR QUES DOS NENOS E NENAS
Xa sabemos que tendes presa por ver os POR QUE que estades elaborando, pero esperade uns días máis. Queremos recollelos todos e facer unha sola publicación para que sexa máis divertida. Adiantámosvos que hai respostas moi orixinais, outras moi paveras, algunhas un pouco serias. Tamén hai "verdades coma puños", preguntas que non se nos ocurriran, unhas poucas "incorrectas" pois, anque Rodari dí que todo é aproveitable e as "palabriñas" non se poden eliminar, pensamos que algúns por ques que temos lido non os imos a publicar. Lembrade sempre que non hai que faltarlle a ninguén e podemos ser igual de graciosos e/ou creativos sen humillar. Vale?. Pois ata prontiño.
FALSAS ADIVIÑAS
Recollemos dos paneis dos corredores algunhas FALSAS ADIVIÑAS ás que lles demos un pouco de xeito dende a biblioteca. Están moi ben, pero si o pensades, hai moitas máis e moi coñecidas como...
Ouro parece,
plata non é, ......
Animádevos a buscalas e, por suposto, a inventar máis. Bicos.
FALSAS ADIVIÑAS
Ouro parece,
plata non é, ......
Animádevos a buscalas e, por suposto, a inventar máis. Bicos.
FALSAS ADIVIÑAS
viernes, 23 de marzo de 2012
CORRECCIÓN DE XEROGLÍFICOS
Moitísimas grazas a Pablo Serantes porque atopou un xeroglífico cun erro e avisounos. Como non temos moito tempo agora para modificar todo o libro de actividades, correximos o xeroglífico incorrecto e poñémolo agora aquí. Eso sí, a profe Mónica ensina que dá gusto pois o erro estaba xusto na nota do pentagrama: puxeramos SOL cando deberiamos poñer MI. Noraboa Pablo
XEROGLÍFICOS DE TODO PARA TODOS E TODAS
Non foi doado pero aquí están: 34 xeroglíficos para dárlle voltas a cabeza. Outra forma de ler, outra maneira de buscar significados. Ide practicando. Dentro duns días terédelos, en formato de libro, no andel de Rodari na biblioteca. Chao.
CONTO ADAPTADO
Nalgunhas aulas están a traballar os oficios relacionados cos contos. Nunha das aulas xa sabedes que temos unha nena moi especial, e como non é capaz de ler os contos tal como os lemos nós, fixémoslle unha adaptación. Para que o aproveitedes todos e todas os de Infantil -e tamén algúns de 1º- aquí o tendes.
Trátase do conto "El zapatero y los duendes" da editorial Combel. Aproveitamos as ilustracións de Sebastián Serra e adaptamos o texto o mellor que pudemos. Esperamos que vos guste.o Zapateiro e Os Duendes
jueves, 22 de marzo de 2012
CARAPUCHIÑA VAI Á ESCOLA
Como regalo para os máis pequenos do cole por traballar a toda máquina nos corredores e nas aulas, por facernos os pareados, por contestar con tanta risa ós por que?, poñemos outro anaquiño dunha actividade sobre a Carapuchiña e os personaxes dos contos que axixan polo cole. Iremos facendo máis... pero poquiño a pouco.
PAREADOS DISPARATADOS
Mirade que preciosidade nos presentan os nenos e nenas de Infantil de 5 anos da profe Emma. Todo un traballo artístico e imaxinativo. Cada un/unha imaxinouse, debuxouse, escribeu e Emma fíxolles a montaxe coas súas caras. Que vos parece?
Hai un neno e unha nena cunhas caras rariñas, non sí? Ben, é que non temos permiso para que aparezan en internet, así que o sentimos. Pero teñen os orixinais e alí sí se poden ver.
Hai un neno e unha nena cunhas caras rariñas, non sí? Ben, é que non temos permiso para que aparezan en internet, así que o sentimos. Pero teñen os orixinais e alí sí se poden ver.
lunes, 19 de marzo de 2012
O DERRADEIRO CAPÍTULO DAS ADIVIÑAS
Agora sí que chegamos ao final. Pechamos o capítulo das adiviñas feitas polo equipo da biblioteca anque máis adiante engadiremos as novas que fixéstedes vos. Dámoslle miles de grazas a Mon polo tempo adicado a estruchar os miolos para todos nós e, como xa sabemos, para outros/as nenos/as de coles galegos que xa as están aproveitando. Estupendo.
ADIVIÑAS DE PLANTAS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)