martes, 11 de septiembre de 2012

Comeza un novo curso

Xa quedan moi pouquiñas horas para ver de novo os corredores cheos de nenos. Dende o equipo de Biblioteca queremos dar a benvida a todos os alumnos do Ceip San Tomé a este curso 2012-2013.
Os máis observadores xa apreciarían algún que outro cambio no blogue: novas cores, nova imaxe, novas funcións... Esperamos que vos guste!!

Durante estes días iremos publicando novas interesantes para todos vós; como o tema do Proxecto da Biblioteca deste curso e algunha das actividades que levaremos a cabo.

Se queredes ser os primeiros en enterarvos, entrade no blogue a diario.

1 comentario:

Elvira dijo...

Cheghou a revolución informática á escola. O profe Manuel cheghou, arremangouse e doulle a volta ao blog. A que está máis bonitiño, ordenado, completo...? A min gústame moito.