martes, 4 de diciembre de 2012

A bubela e outros galegos

Acordádesvos da despedida do profe Mon?. Diciamos que Mon pertence a esa xeración de mestres que tanto e tanto loitou por dignificar a nosa lingua e a educación pública, contribuíndo activamente a facer un ensino de verdadeira calidade, por riba de leis e reformas educativas. Tamén confiabamos –xa o sabíamos- que eses compromisos non se acababan cun papel de “xubilado”. E para demostralo, aquí o temos de novo argallando historias con Roque, o morcego, como protagonista. Coñeceu a Raimundo, o morcego de San Tomé e xuntos levounos a percorrer as ciudades do mundo, xa que os de Infantil andan de viaxe dende outubro, e nas súas viaxes foi descobrindo máis e máis cousas: plantas, casas, animais… E cos animais imos quedar.

Para os nenos e nenas de 2º de educación primaria sacoulles pasaxe para tres enormes países-continentes: foron á sabana africana ondea toparon cunha bubela galega. A bubela faloulles da Arxentina onde había moitos galegos, e alá marcharon tirando do peto, e claro, aqueles tamén lles descobriron algo de Australia. Como Roque e Raimundo son curiosos e todo o axixan, sen pensalo, alá voaron sen motor. Para ver como son, canto pesan, que comen, onde viven… Mon preparou estas viaxes. Esperamos que as disfrutedes.

Para ver o inicio do Morcego Roque, ide ao blog de Infantil premendo aquí.

No hay comentarios: