Blog da biblioteca do CEIP San Tomé de Cambados, no que este curso temos como proxecto: "VIAXANDO NO TEMPO"
sábado, 13 de junio de 2009
Para estar satisfeitos
Xa rematamos o traballo, o círculo pechouse coa montaxe dos paneis que se fixeron nas aulas. A información é rigurosa, moi ben organizada. Por suposto agora toca facer un libro con cada unha das follas redactadas e ilustradas que pasará a aumentar os fondos da biblioteca: uns libros que ninguén máis terá, uns libros exclusivos que servirán para consultas dos alumnos/as que xa formades parte da escola e outros que no futuro se escolaricen en San Tomé. Non so mercamos, tamén somos quen de producir. Noraboa a todos/as sen esquecernos de todo o profesorado que estivo ó noso/voso lado sen condicións. É unha satisfacción tervos como alumnos/as e compañeiros/as
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Din que o ben feito ben parece!
Iso é o que tratamos de facer coa axuda e interés de compañeiras da categoría de Elvira, Adela, Mary...Os nenos e nenas disfrutaron moitísssssimo!!!
Grazas a vos.
Unha compañeira
Publicar un comentario