viernes, 5 de junio de 2009

Grazas especiais

Hai unhas datas quedáronnos pendientes uns agradecementos especiais, tanto que queriamos adicarlle un espazo concreto para eles/elas porque lle supuxeron, de maneira voluntaria e algunhas veces arriscada, un emprego de horas non remuneradas, cesión de obxectos de tremendo valor sentimental e non menos valor económico, esforzo persoal para mostrar cousas especiais a todo o alumnado. Todos eles e elas apostan por un ensino público de calidade e na súa medida quixeron contribuir a ese fin cos proxectos deste ano.
- Grazas a familia Portas pola mostra de cetrería no pavillón.
- Grazas a moitos profesores/as da escola pola cantidade de horas que botaron ó lombo fóra do horario escolar.
- Grazas o colexio de Vilariño por algunhas pezas cedidas para as exposicións de trebellos da casa.
- Grazas a Asociación Cultural Unha Grande Chea por todos os traxes.
- Grazas a familia Xesteira (Xaquín, Anxo e Roi) pola mostra de música e instrumentos musicais
- Grazas os pais, nais e avós do profesorado por deixarnos tantos aparellos de labranza, instrumentos de carpinteiros, ferreiros, zapateiros, canteiros... algúns deles auténticas reliquias.
- Grazas a Manuel Marín -profesor de debuxo do IES de Cesures- polo debuxo do tapiz do salón do trono.
- Gazas a Chumi de Catoira por facernos a cota de mallas, os escudos, os cascos, o atril e a catapulta.
- Grazas á escritora Anxos Sumai por deixarnos os marabillosos libros facsímiles de tremendo valor económico.

2 comentarios:

biblioteca dijo...

Estes agradecementos tan merecidos necesitan unha mención moi especial á persoa que máis se implicou neste fermoso proxecto adicándolle horas e horas do seu tempo persoal e que é sin dúbida a profe Elvira. Un bico para ela. Non cambies nunca.

Reme dijo...

Grazas polo voso traballo!

Boto por fora de orgullo.
Bicos millóns. Reme.