domingo, 18 de marzo de 2012

COUSAS DAS COUSAS DAS COUSAS. ADIVIÑAS INÉDITAS

A sorpresa é constante. Mon non para e nós tampouco. Estas adiviñas son novas, e as que siguen tamén. Fíxoas en secreto!!! Como vos gustan, el aproveita para facer, idear, imaxinar... pero non quededes atrás vos.
COUSAS IV

miércoles, 14 de marzo de 2012

UN CONTO DE MARTA: La Tierra se va de vacaciones

Marta, de 2ª A, tivo unha idea moi orixinal e mandou á Terra de vacacións para coñecerse a ela mesma. Tiña as ideas moi claras, as ilustracións decididas pero... non lle apetecía escribir. Así que, recurreu ó seu pai, Benito, e convenceuno para que puxera sobre o papel o que ela quería contar. Perfecto! Ó final saiu este conto chulísimo que merece a pena poñer para todos e todas. Grazas Marta e Benito.

CONTO DE MARTA

ADIVIÑAS DE ANIMAIS

Pouco a pouco imos chegando ao final das adiviñas. Por iso hoxe deixámosvos o último capítulo, ou será o penúltimo?. De vos depende. Que vos guste, pois Mon pensounas para eso; que vos divirtan, pois o equipo da biblioteca fíxovos este LIM para entretervos e aprender.

domingo, 11 de marzo de 2012

Aquí tendes os xeroglíficos que fixéstedes estes días. Ao final puxemos a explicación pois algúns, sexa porque os debuxos non están claros ou sexa polo lío armado, non eran recoñecibles.
(XEROGLÍFICOS DOS VOSOS NOMES)

sábado, 10 de marzo de 2012

NOVOS PANEIS DE PASATEMPOS

A semana que rematou deixamos novos paneis de adiviñas e xeroglíficos, pero antes de entregárvolos, deixámolos fóra, cando as vosas familias viñeron a buscarvos. E sabedes?. Algunhas contestaron, poucas, e déronlles traballo. Un pai dicía... "E que hoxe non trouxen as gafas e non vexo ben", unha nai contaba "non podo que me escapa a meniña...."  e tamén se preguntaban, " isto saben facelo os rapaces" Ja, ja, ja... Si eles souberan!!!! Dádelles vos unha lección na casa!

Na biblioteca deixamos o venres un libro que recolle estas adiviñas e bastantes máis. Podedes collelo e levalo para as aulas para xogar entre vos.
.

ACTIVIDADES RESOLTAS

Xa estamos elaborando máis actividades para deixar polos corredores e metervos dentro das aulas. Tampouco queremos agobiarvos pero as profes dinnos que, cando rematades cunha actividade e a modo de lecer entre clase e clase, achegádesvos ós paneis para ir completándoos pouco a pouco. Os resultados deixámolos aquí.
Respostas ás adiviñas de contos
Atopáchedes os 48 nomes femininos que comezan por A
Buscar palabras que levan os núcleos indicados. Costou un pouquiño, non?
Os nenos e nenas de 2º non deron tempo a que outros o intentaran
Ainda é recente. Está entre a aula de música e a de inglés. A que esperades?
Hai que xa sabe inventar sopas de letras

martes, 6 de marzo de 2012

OUTRAS CARAPUCHIÑAS

Ola a todos e todas. Hoxe imos deixarvos unha pequena actividade LIM para xogar coa decoración de Infantil do bosque da Carapuchiña. Como polo de agora estamos aprendendo a facer estas marabillas, incluimos poucas páxinas pero, segurísimo, que virán máis. Bicos e a xogar....

viernes, 2 de marzo de 2012

XEROGLÍFICOS DE ANIMAIS

Presentámosvos outro capítulo de xeroglíficos, neste caso de animais. Pensamos que son moi doadas, en calquera caso, na última diapositiva tendes as respostas. O traballo que vos pedimos é o razonamento das respostas: por que  "Galicia, Ñ, -101" se converte en "galiña" e así ata 23 voltas de cabeza máis.
(XEROGLÍFICOS DE ANIMAIS)

jueves, 1 de marzo de 2012

FINAIS DE CONTOS

Unha das técnicas de Rodari, que aplicamos moito na escola , é a mestura de contos e a invención de remates, felices ou non, dos contos clásicos. Xaquin, de 2º A, comezou a escribir un conto... pero cansouse e non quixo seguir con el. Á profe Patricia encantoulle aquel comezo, e propuxémosllo ó segundo ciclo. O que vos deixamos a continuación é o traballo dos nenos e nenas da profe Lula que, posiblemente mañá, vaian á clase de 2ºA para lerllos a Xaquín e aos/ás compas. Noraboa a todos vós.



















TRES CONTOS DE 2º

Xaquín, Marta e Lara entregáronnos os seus contos pendientes. Como sabemos que van comprobar se os incluímos, poñémolos anque non están demasiado claros. Xaquín, o teu reescribímolo ó lado do orixinal. Marta e Lara, pensamos debedes repasalos cun boli negro para poder lelos.