viernes, 27 de marzo de 2015

CRÓNICA DUNHA VISITA ANUNCIADA

Día de emocións contidas, de lembranzas repousadas na boca de Julio Santos que, como mestre que foi e que é  fixéronnos rir e a moitos deixou asombrados: só unha hora de luz eléctrica ao día, a falta de medios para socorrer nos naufraxios, a desesperanza do día en que chegou a Ons coa sús muller Loli pois a xente non quería un home de mestre, posición moi xustificada, no home imprescindible no que se converteu para os habitantes da illa, a introducción do futbito en Ons -disque esa modalidade de fútbol naceu na illa-, e tamén naceu alí a escola mixta, a primeira do estado español, eso sí, sen perdir permiso as autoridades educativas pois ben sabía que non llo ían conceder, defensor da igualdade de oportunidades para nenos e nenas, practicante ou enfermeiro para o que se formou un pouco no hospital de Pontevedra... É un home feliz pero lembra os seus anos na Illa de Ons como os máis felices da súa vida. Alí, naquela terra onde non había nada estaba todo: amizade, cariño, confianza, axuda, patacas, moitas patacas, cacheiras, raxo, leite, chourizos, ovos... Alí naceu a súa primeira filla e foi por ela polo que tivo que volver a Marín, como facían moitos dos habitantes de Ons aos que as mareas malas, as saídas sen volta certa no día, as separacións das familias... levou aos mariñeiros a invertir en casas en Beluso para residir alí os días en que o mar non lles permitía regresar. Desta maneira os colonos foron deixando a Illa aos poucos ata chegar o día no que case non quedaban nenos nin nenas como a súa filla. Así foi con Dº Xulio Santos chegou no ano 1970 á Illa de Ons desesperanzado e foise tres anos despois cheo de amigos e recordos. 
Hoxe contounos parte desa vida como mestre na Illa, mestre de ata 50 nenos, nenas e mozos, todos xuntos naquela escola. Bueno, mestre, practicante, "confesor", compañeiro... un máis dos poboadores de Ons.  

No hay comentarios: