Blog da biblioteca do CEIP San Tomé de Cambados, no que este curso temos como proxecto: "VIAXANDO NO TEMPO"
viernes, 27 de marzo de 2015
LIBRO PRESENTADO
A presentación á que asistiron os alumnos e alumnas de 6º, acompañadas polas profes titoras e, como non, pola profe emérita Teresa (dicir que se atopa en plena forma), foi bonita, alegre e simpática. Nas fotos que siguen podedes darvos unha idea do acto. Como nós non imos dicilo mellor que a xornalista Martina Miser, poñemos aquí a nova publicada na Voz de Galicia. Iso sí, apuntar que nas fotos aparece unha moi importante: a mesa dos ponentes botando a lingua con e para Merche.
Manu Felpeto e Elena Silvoso presentan o
libro «O Faro de CorazONS»
A novela narra a historia
dunha nena de Cambados e dun neno que vive na illa de Ons
LA VOZ Cambados, 27 de marzo de 2015.
Actualizado a las 17:25 h.
O alcalde de
Cambados, Luis Aragunde, acompañou ós profesores do colexio San Tomé,
Manuel Felpeto e Elena Silvoso na presentación do libro «O Faro de
CorazONS», novela que narra a historia dunha nena de Cambados e dun neno que
vive na illa de Ons. Manu Felpeto, profesor de educación física, explicou
que a narración comezou cun «xogo de palabras» respecto dunha illa de Ons que a
finais dos anos 70 sofre un despoboamento masivo que provoca o peche da escola.
Isto afecta sobre todo ó fareiro e familia que non poden abandonar a illa. As
vidas da cambadesa Lía e do neno de Ons, Martiño, crúzanse grazas a unha paixón
común: o faro de Ons.
Elena Silvoso, que ademais
de profesora é pintora, colaborou por vez primeira na ilustración dun libro.
Inspirouse nos protagonistas da novela e nos contextos reais nos que se
desenvolven. A ilustradora traballou con bases de óleo e tamén con acrílicos
para embelecer o volume. Julio Santos Pena, que tamén asistiu ao
acto, foi o penúltimo mestre da illa de Ons, dixo sentirse honrado de
figurar neste libro, suliñou que vivira tres anos coa súa muller naquela illa
idílica na que «nin sequera había luz eléctrica, pero na que fomos moi
felices». No acto de presentación tamén interviu o alcalde, que gabou a
iniciativa e felicitou ós autores pola obra que non só vai formar parte da área
de lingua castelá no colexio San Tomé, senón que acabará nos anaqueis das
bibliotecas dos outros centros públicos cambadeses.
O director do colexio
indicou que todo o claustro de profesores apoiaba este traballo e mostrouse
orgulloso de representalo nun acto desta natureza. Felicitou ós autores,
incluindo á maquetadora do libro, Elvira G. Sumay, dunha historia que vai
formar parte do proxecto anual «Os faros e a luz» da biblioteca do CEIP
San Tomé.
Imprimíronse 200
exemplares para repartir entre os alumnos do colexio de San Tomé e os outros
centros do municipio, así como nas bibliotecas e axencias de lectura. A
Deputación colaborou económicamente coa publicación en castelán que será
empregada polo colexio como libro de texto.
CRÓNICA DUNHA VISITA ANUNCIADA
Día de emocións contidas, de lembranzas repousadas na boca de Julio Santos que, como mestre que foi e que é fixéronnos rir e a moitos deixou asombrados: só unha hora de luz eléctrica ao día, a falta de medios para socorrer nos naufraxios, a desesperanza do día en que chegou a Ons coa sús muller Loli pois a xente non quería un home de mestre, posición moi xustificada, no home imprescindible no que se converteu para os habitantes da illa, a introducción do futbito en Ons -disque esa modalidade de fútbol naceu na illa-, e tamén naceu alí a escola mixta, a primeira do estado español, eso sí, sen perdir permiso as autoridades educativas pois ben sabía que non llo ían conceder, defensor da igualdade de oportunidades para nenos e nenas, practicante ou enfermeiro para o que se formou un pouco no hospital de Pontevedra... É un home feliz pero lembra os seus anos na Illa de Ons como os máis felices da súa vida. Alí, naquela terra onde non había nada estaba todo: amizade, cariño, confianza, axuda, patacas, moitas patacas, cacheiras, raxo, leite, chourizos, ovos... Alí naceu a súa primeira filla e foi por ela polo que tivo que volver a Marín, como facían moitos dos habitantes de Ons aos que as mareas malas, as saídas sen volta certa no día, as separacións das familias... levou aos mariñeiros a invertir en casas en Beluso para residir alí os días en que o mar non lles permitía regresar. Desta maneira os colonos foron deixando a Illa aos poucos ata chegar o día no que case non quedaban nenos nin nenas como a súa filla. Así foi con Dº Xulio Santos chegou no ano 1970 á Illa de Ons desesperanzado e foise tres anos despois cheo de amigos e recordos.
Hoxe contounos parte desa vida como mestre na Illa, mestre de ata 50 nenos, nenas e mozos, todos xuntos naquela escola. Bueno, mestre, practicante, "confesor", compañeiro... un máis dos poboadores de Ons.
jueves, 26 de marzo de 2015
A PRESENTACIÓN
Mañá venres 27, ás 12 da mañá, na biblioteca municipal de Cambados, os profes Manu e Elena van presentar o libro Faro de CorazÓNS, si, xa en galego. Parécenos que van estar moi acompañados polo director Javi, por Julio Santos, talvez por alguén da nosa biblioteca e claro, algún político do Concello, pero non pensades que podería ir algún curso ata alí para ver como é iso de presentar un libro? Ademais, segurísimo que lles faría moita ilusión aos nosos profes. Falade coas titoras e argumentádelles para convencelas...
Como é un acto público consideramos que aquelas persoas de Cambados, relacionadas ou non co noso cole pero interesados pola Cultura, poden asistir a este acto. O libro merece a pena tanto pola historia que relata como pola documentación que aporta sobre Cambados e Ons dos anos 1970.
VISITA DE JULIO SANTOS PENA

Aquí temos a Julio Santos, o mestre Dº Xulián do libro El faro de corazONeS que algúns xa estades lendo. Pois mañá vai estar con todos nós de 10 a 11:30 no ximnasio da escola. A razón da visita? Ben. É doble: por un lado queriamos que o coñecerades físicamente pois é o último mestre da Illa de Ons, escoitar da súa voz o traballo, as emocións, as relacións, dificultades, alegrías, aprendizaxes e tantas cousas que nos teña que contar e responder sobre aqueles anos entre 1970 e 1973. Seguro que vai ensinarnos e sorprendernos.
Por outro lado, o profe Manu convidouno a estar mañá con el e con Elena na presentación do libro na Biblioteca do Concello. Temos que agradecerlle que aceptara, non sabemos se máis encantado pola presentación ou pola visita á escola. En calquera caso estámoslle moi agradecidos que deixe Marín por unhas horas e veña a Cambados a coñecernos e coñecelo.
miércoles, 25 de marzo de 2015
lunes, 23 de marzo de 2015
Cartas a Haití
A semana pasada os nenos de 4º de primaria recibiron a visita de Mariña, unha futura xornalista que pasou unha tempada traballando para unha ONG en Haití. O encontro serviu para que os nenos e nenas coñecesen a realidade dese país e a comparasen coa súa. Remataron a visita escribindo unha carta aos nenos haitianos que vos poñemos a continuación.






sábado, 21 de marzo de 2015
QUE PASARÍA SI...
Agora son os alumnos da profe Meli, de 2ºB os que pensaron sobre o que podería pasar en situacións ás veces moi reais.
ALTOS OU BAIXOS?
Quen sabe se é mellor ser alto ou ser pequeniño. Os nenos e nenas de primeiro teñen razóns para as dúas tallas. Que non? Lede e veredes
Powered by
Issuu
Publish for Free
domingo, 15 de marzo de 2015
PROPOSTAS PARA ARGUMENTAR
Deixamos aquí unha ducia de propostas sobre as que podedes argumentar. A condición é a seguinte: os máis pequenos só teñen que dar unha razón, os de 1º ciclo deben escribir 2, o 2º ciclo aportará 3 razóns e 5º e 6º terán que elaborar 4 argumentos , baseándose en feitos, exemplos, datos, citas... Podedes argumentar a favor ou en contra. Alá cada un... Quen se atreve?
PROPOSTAS:
1. Regalar caramelos nos cumpleanos
2. Celebrar os cumpleanos nun parque de bólas
3. Ir a piscina ou ir á praia no verán?
4. Ir de vacacións á praia ou á montaña?
5. Durmir coa luz encendida ou con ela apagada?
6. Ter tele no cuarto ou non tela?
7. Meter un can nun piso ou non?
8. Coller libros na biblioteca ou mercalos?
9. Que chova ou que non chova
10. Usar gafas ou lentillas?
11.Ir ao cine ou ver películas en video
12. Libros en papel ou dixitais
As respostas e tamén, si tendes outras ideas para argumentar, por favor entregádellas por escrito á vosa titora/titor. Gracias
PROPOSTAS:
1. Regalar caramelos nos cumpleanos
2. Celebrar os cumpleanos nun parque de bólas
3. Ir a piscina ou ir á praia no verán?
4. Ir de vacacións á praia ou á montaña?
5. Durmir coa luz encendida ou con ela apagada?
6. Ter tele no cuarto ou non tela?
7. Meter un can nun piso ou non?
8. Coller libros na biblioteca ou mercalos?
9. Que chova ou que non chova
10. Usar gafas ou lentillas?
11.Ir ao cine ou ver películas en video
12. Libros en papel ou dixitais
As respostas e tamén, si tendes outras ideas para argumentar, por favor entregádellas por escrito á vosa titora/titor. Gracias
TEXTO ARGUMENTATIVO
Esto de que os profes tamén vaiamos a clase!!! Pois sí, afortunadamente temos moooito que aprender. E aquí deixamos un pouquiño das ideas que nos deu hai uns días o profesor Victor Moreno que veu á escola falarnos desto e de outras cousas que pouco a pouco iremos traballando con vos.
miércoles, 11 de marzo de 2015
O FARO DE CORAZÓNS XA ALUMEA...
... máis alá de San Tomé. A asociación cultural Os PiñeirÓNS de Bueu tivo noticia do libro dos profes Manu e de Elena e non dubidou en poñerse en contacto co xornal Faro de Vigo para falar del. Deseguido podedes ler a redacción da nova, pero a conclusión que sacamos dela é que a historia gustou a pesares de que se escribiu e ilustrou sen outro interese que a de ofrecer un relato sobre un faro, aquel que o autor mira todas as noites dende a ventá da súa casa en San Tomé.
ALTA TENSIÓN
PREPARANDO A SEMANA DA ELECTRICIDADE
martes, 3 de marzo de 2015
ADICATORIAS
Os libros é o que teñen: todo é aproveitable, e as adicatorias forman parte de moitísimos deles. Aos pais, aos amigos, as mascotas, aos deuses, aos escritores, aos amores... Tamén no cole abordamos este apartado e os rapaces escribiron as súas. Hainas paveras, serias, malhumoradas, emocionantes, emotivas, sinceiras. Bueno, podedes lelas de seguido. Pero antes imos poñer tamén a adicatoria que escribiu o autor do Faro de CorazONeS:
“La vida en el faro siempre fue muy bonita, muy romántica”
Áurea Reiris
Viuda de Ramiro Otero, farero de Ons durante cuarenta años.
A mis padres, que me educaron para que pudiera pensar libremente.
A mis hermanos, que siempre estuvieron, están y estarán para un roto o un descosido.
A Tamara, por soportar mi necesidad de estar ocupado.
A mis hijas, por hacer que cada día sea más feliz que el anterior.
A todos los docentes que además de cumplir con su trabajo,” hacen cosas”
Powered by
Issuu
Publish for Free
POLBO ESTILO ONS
O venres pasado houbo seis polbos na escola e a pouco chegaron para os 140 nenos e nenas de infantil. Despois de estudar moitas receitas decidíronse pola do polbo estilo Ons, e claro, as receitas rematan cando se come o prato do que falan. Os pratos non os comeron pero sí que os lamberon...
Nós poñemos aquí a receita que escribiron. As imaxes e todo o proceso téndelas no blog de infantil. Que aproveite!
Nós poñemos aquí a receita que escribiron. As imaxes e todo o proceso téndelas no blog de infantil. Que aproveite!
ACCIDENTES NO MAR

O alumnado de 5º rematou o seu traballo con textos expositivos sobre os accidentes de barcos de pasaxeiros e mercadorías, sobre todo petroleiros. A investigación e elaboración dos temas xurde a partires da lectura da obra "El naufragio del Sirio" de Antoni García LLorca.
Como veredes, a redacción segue sendo en castelán pois, como ben sabedes, este curso non tendes libro de texto de castelán e traballamos con obras literarias.
Para todos poñemos as imaxes dos seus textos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)