martes, 17 de septiembre de 2013

Xabarín salta ao papel

O Xarbarín Club foi unha auténtica revolución para o audiovisual galego. Neste proxecto infantil da TVG participaron míticos grupos musicais galegos coma Siniestro Total, Heredeiros da Crus, Aerolíneas Federales, Os Diplomáticos de Monte Alto ou Nación Reixa. Tamén serán lembradas as galas conducidas por Manquiña ou series de debuxos coma "As bólas do Dragón".

Pois ben, o noso querido Xabarín non se conforma con ser o rei da pantalla galega e decidiu aventurarse no mundo da revista.
Será de publicación mensual e conta con atractivas ilustracións e diversos temas de interés: ciencia, arte ou historia adaptados aos nenos.

En fin, longa vida ao Xabarín e á súa revista: OINK!

No hay comentarios: