sábado, 23 de marzo de 2013

Exposicións a eito

Xa temos case todo preparado. Estamos axudando ao equipo de extraescolares a rematar a montaxe a exposición sobre cousas do mundo. As "cousas" están organizadas en seccións. Percorrendo o cole ides atopar mostras de artesanía, instrumentos musicais, escrituras en moitos idiomas, moedas e billetes, pequenas xoias e bisutería, libros e roupa... Bueno, a roupa ainda non está porque nos faltan maniquís, perchas, pinzas, etc, pero neso estamos. Esperamos que as disfrutedes cando as visitedes coas titora ou pola vosa conta. Unha petición: vos solos/as non debedes tocalos, e si o facedes, que sexa con coidadiño. Lembrade: todo é prestado e debemos coidalo máis que se fose noso.
Para ver algunhas fotiños mirade o blogue de extraescolares.
Boas vacacións!!!

No hay comentarios: