Blog da biblioteca do CEIP San Tomé de Cambados, no que este curso temos como proxecto: "VIAXANDO NO TEMPO"
domingo, 24 de marzo de 2013
A LLAMA
Outro dos animais moi importantes para os habitantes dos Andes en Sudamérica é a Llama. Aquí está unha pequena reportaxe útil para as vosas investigacións
A ALPACA
Durante os próximos días iremos poñendo aquí algúns dos animais que estades a traballar. Estes van de forma divertida pero moi ben explicada polo profe Mon. Serviravos para completar, profundizar e mesmo decatarvos de aspectos nos que non repararades. Ánimo co traballo!!!!
ETIQUETAS
Deixamos aquí unha mostra das etiquetas que aparecen ao carón de cada peza das exposicións. Nelas dase unha información básica do que representa, pero avós pódevos servir para profundizar.
sábado, 23 de marzo de 2013
AS NAIS E OS PAIS
Ola a todas e todos. Queremos anunciar que á volta das vacacións os pais e nais dos nosos compañeiros/as de outros países van vir ao cole falarnos dos seus costumes, das súas linguas, tradicións, comidas...
No cadro podedes ver como o temos organizado
As nais son: Ana, a mamá de Esteban. É polaca.
Fátima, a mamá de Carmen Irina e de Andrei. Rusos.
As mamás de Tamara, Niurka, Iker e Marca dende Perú.
Dende China, a nai de Raquel e a de Jie Wang.
A nai de Rania e Noor que é de Marrocos.
Coas profes iredes preparando un pouquiño estas charlas e prepararedes algunhas preguntas para que vos contesten.
No cadro podedes ver como o temos organizado
As nais son: Ana, a mamá de Esteban. É polaca.
Fátima, a mamá de Carmen Irina e de Andrei. Rusos.
As mamás de Tamara, Niurka, Iker e Marca dende Perú.
Dende China, a nai de Raquel e a de Jie Wang.
A nai de Rania e Noor que é de Marrocos.
Coas profes iredes preparando un pouquiño estas charlas e prepararedes algunhas preguntas para que vos contesten.
Exposicións a eito
Xa temos case todo preparado. Estamos axudando ao equipo de extraescolares a rematar a montaxe a exposición sobre cousas do mundo. As "cousas" están organizadas en seccións. Percorrendo o cole ides atopar mostras de artesanía, instrumentos musicais, escrituras en moitos idiomas, moedas e billetes, pequenas xoias e bisutería, libros e roupa... Bueno, a roupa ainda non está porque nos faltan maniquís, perchas, pinzas, etc, pero neso estamos. Esperamos que as disfrutedes cando as visitedes coas titora ou pola vosa conta. Unha petición: vos solos/as non debedes tocalos, e si o facedes, que sexa con coidadiño. Lembrade: todo é prestado e debemos coidalo máis que se fose noso.
Para ver algunhas fotiños mirade o blogue de extraescolares.
Boas vacacións!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)