domingo, 28 de febrero de 2010

Acordádesvos del? Esperamos que sí. Jules Verne é un dos verdadeiros xenios da ciencia ficción do século XIX. Lembrade que escribiu unha serie de novelas de aventuras sobre temas científicos e a que máis chamou a atención foi "Da Terra á Lúa". Verne fixo un esforzo grande para resolver o problema do lanzamento -daquela ainda non existía a NASA nin a cosmonáutica soviética- e largou o proxectil dende un canón xigante, pero estaba mal informado sobre as leis da física. Non reparou en que tal aceleración repentina esmagaría ós cosmonautas. En calquera caso, tivo o seu mérito.

Este outro autor chamado H.G.Wells, alá polo ano 1901, novelou outra viaxe á lúa na obra "O primeiro home na Lúa" esforzándose un pouco máis  por resolver o problema do despegue e da gravidade, pero os físicos daquela época sabían ben que ningún dos dous escritores lograría levar ós humanos ó satélite terrestre. De todos os xeitos, a obra destes dous homes  puxo a funcionar o maxín dunha xeración de científicos. Anos despois a viaxe espacial deixou de considerarse un soño fantástico para verse coma unha realidade posible.

No hay comentarios: