Blog da biblioteca do CEIP San Tomé de Cambados, no que este curso temos como proxecto: "VIAXANDO NO TEMPO"
lunes, 21 de diciembre de 2009
Nadal na escola
Nenos e nenas de San Tomé... Feliz Nadal!!! Pero esto non rematou. Á volta de vacacións continuaremos todo o mes de xaneiro con Xulio Verne a petición do profesorado. Mentres tanto, podedes visitar o blogue de actividades extraescolares para ver o voso belén. Nós seguiremos traballando para a volta.
lunes, 7 de diciembre de 2009
Segundo ciclo con Xulio Verne
A obra elexida polos de 4º é "20.000 leguas de viaxe submarina", así que temos a escola chea de auga por abaixo e por arriba. Tamén están os do primeiro ciclo a traballar "A volta ao mundo" e"5 semanas en globo". Estes últimos, con 30 globos formarán parte do Belén de San Tomé este ano xunto cos faros e os submarinos de terceiro.

Jules Verne e o terceiro ciclo
Os 5º da profesora Adela leron a novela "Viaxe ao centro da Terra", entre outros, e en Plástica quixeron facer os volcáns. Fáltanos por meter aquí unha portada preciosa de Victor, un alumno de 5º que temos reservada para o mural que o equipo de extraescolares vai facer sobre os títulos de Xulio Verne, pero o que podedes ver a continuación é igual de bonito. Tamén están os nenos e nenas de 6ºB que se decidiron pola "Volta ao mundo en 80 días".
Xulio Verne e os faros
Os rapazas e rapaces de 6º adicáronlle o traballo plástico á novela "O faro do fin do mundo" e saíronlle 6 faros moi persoais como podedes ver. Agora, os profes de actividades extraescolares están a facer un faro -tamén moi persoal.- para poñelo na entrada do cole e, dentro duns días, convertiranse todos no belén de nadal.
Infantil e Jules Verne
Os de infantil, tal como ameazaban, chegaron á entrada e empezan a enchernos de mar. Deixámosvos unha reportaxe dalgúns dos seus traballos. Cada curso, dende 3 a 5 fixeron un animaliño submarino que encheron de tiras de papel de periódicos para darlles corpo. Este é o resultado
sábado, 5 de diciembre de 2009
A escola en funcionamento
Rematou outra semana. As lecturas van fenomenal. Hoxe, unha nai contounos algo precioso. Ten na casa un libro "case tan vello coma ela" - 40 anos- que lle regalara seu avó sendo moi pequena. Alí estaba, no medio doutros, esquecido. Os seus fillos nunca se fixaran nel, nen tan sequera ela se acordaba da súa existencia. Pero hai uns día Iago, o máis pequeno da casa, bateu cos ollos no canto e foille pedir á nai que lle dera o libro de Julio Verne. A nai buscou na mochila, no cuarto, na cociña, no curral ... pensando nun dos libros da biblioteca da escola que Iago debía ter en préstamo. Desesperada díxolle ó neno se outra vez ía ter que mercar un libro por ser tan descoidado e perdelo. Non, mamá! O libro debe ser teu porque está enterrado na estantería da saliña. E sí, estaba alí, un libro que nunca lera e que agora está a descubrir co seu neno, 40 anos despois. Benvida. No cole temos moitos máis a túa/vosa disposición.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)