
Hoxe estivemos vendo na escola que tamén coa auga podemos facer arte. Descubrimos verdadeiros artistas na pintura, escultura, arquitectura, fotografía... pero o que máis nos chamou a atención foron unha serie de fotografías tituladas "Esculturas Líquidas". Explicáronnos o proceso que os artistas seguen para chegar a fotografiar estas verdadeiras obras de cor e movemento. Ten que ver coa densidade, a modificación das propiedades da aiga, o volume, etc, é dicir, unha boa aplicación de todos os experimentos que fixemos no laboratorio da nosa escola. Eso sí, os artistas precisan de moita paciencia, probas, revelados... para poder chegar a estas fotos. Ademáis de deixar unha pequena mostra, poñemos o enlace para chegar a todas elas en internet
simplement.wordpress.com/.../
wordpress.com/.../




2 comentarios:
Unhas fotos moi interesantes.
Noraboa.
Si buscades auga e xeo tamén hai esculturas impresionantes. Rosa
Publicar un comentario