jueves, 29 de marzo de 2012

OUTRA HISTORIA DE PINOCHO

Seguindo coas MESTURAS DE CONTOS que nos propón Rodari, Victor fíxonos esta historia de Pinocho con... Para sabelo tendes que lelo. A montaxe é cousa do equipo da biblioteca, mais o texto, en verso, retomando o estilo das Carapuchiñas, é de Victor Pache. Desexamos que vos guste e o digades.

martes, 27 de marzo de 2012

POR QUES DOS NENOS E NENAS

Xa sabemos que tendes presa por ver os POR QUE que estades elaborando, pero esperade uns días máis. Queremos recollelos todos e facer unha sola publicación para que sexa máis divertida. Adiantámosvos que hai respostas moi orixinais, outras moi paveras, algunhas un  pouco serias. Tamén hai  "verdades coma puños", preguntas que non se nos ocurriran, unhas poucas "incorrectas" pois, anque Rodari dí que todo é aproveitable e as "palabriñas" non se poden eliminar, pensamos que algúns por ques que temos lido non os imos a publicar. Lembrade sempre que non hai que faltarlle a ninguén e podemos ser igual de graciosos e/ou creativos sen humillar. Vale?. Pois ata prontiño.

FALSAS ADIVIÑAS

Recollemos dos paneis dos corredores algunhas FALSAS ADIVIÑAS ás que lles demos un pouco de xeito dende a biblioteca. Están moi ben, pero si o pensades, hai moitas máis e moi coñecidas como...
                                                   Ouro parece,
                                                    plata non é, ......
Animádevos a buscalas e, por suposto, a inventar máis. Bicos.
FALSAS ADIVIÑAS

viernes, 23 de marzo de 2012

CORRECCIÓN DE XEROGLÍFICOS

Moitísimas grazas a Pablo Serantes porque atopou un xeroglífico cun erro e avisounos. Como non temos moito tempo agora para modificar todo o libro de actividades, correximos o xeroglífico incorrecto e poñémolo agora aquí. Eso sí, a profe Mónica ensina que dá gusto pois o erro estaba xusto na nota do pentagrama: puxeramos SOL cando deberiamos poñer MI. Noraboa Pablo

XEROGLÍFICOS DE TODO PARA TODOS E TODAS

Non foi doado pero aquí están: 34 xeroglíficos para dárlle voltas a cabeza. Outra forma de ler, outra maneira de buscar significados. Ide practicando. Dentro duns días terédelos, en formato de libro, no andel de Rodari na biblioteca. Chao.

CONTO ADAPTADO

Nalgunhas aulas están a traballar os oficios relacionados cos contos. Nunha das aulas xa sabedes que temos unha nena moi especial, e como non é capaz de ler os contos tal como os lemos nós, fixémoslle unha adaptación. Para que o aproveitedes todos e todas os de Infantil -e tamén algúns de 1º- aquí o tendes.
Trátase do conto "El zapatero y los duendes" da editorial Combel. Aproveitamos as ilustracións de Sebastián Serra e adaptamos o texto o mellor que pudemos. Esperamos que vos guste.
o Zapateiro e Os Duendes

jueves, 22 de marzo de 2012

CARAPUCHIÑA VAI Á ESCOLA

Como regalo para os máis pequenos do cole por traballar a toda máquina nos corredores e nas aulas, por facernos os pareados, por contestar con tanta risa ós por que?, poñemos outro anaquiño dunha actividade sobre a Carapuchiña e os personaxes dos contos que axixan polo cole. Iremos facendo máis... pero poquiño a pouco.


PAREADOS DISPARATADOS

Mirade que preciosidade nos presentan os nenos e nenas de Infantil de 5 anos da profe Emma. Todo un traballo artístico e imaxinativo. Cada un/unha imaxinouse, debuxouse, escribeu e Emma fíxolles a montaxe coas súas caras. Que vos parece?
Hai un neno e unha nena cunhas caras rariñas, non sí? Ben, é que non temos permiso para que aparezan en internet, así que o sentimos. Pero teñen os orixinais e alí sí se poden ver.

lunes, 19 de marzo de 2012

O DERRADEIRO CAPÍTULO DAS ADIVIÑAS

Agora sí que chegamos ao final. Pechamos o capítulo das adiviñas feitas polo equipo da biblioteca anque máis adiante engadiremos as novas que fixéstedes vos. Dámoslle miles de grazas a Mon polo tempo adicado a estruchar os miolos para todos nós e, como xa sabemos, para outros/as nenos/as de coles galegos que xa as están aproveitando. Estupendo.
ADIVIÑAS DE PLANTAS

domingo, 18 de marzo de 2012

COUSAS DAS COUSAS DAS COUSAS. ADIVIÑAS INÉDITAS

A sorpresa é constante. Mon non para e nós tampouco. Estas adiviñas son novas, e as que siguen tamén. Fíxoas en secreto!!! Como vos gustan, el aproveita para facer, idear, imaxinar... pero non quededes atrás vos.
COUSAS IV