Blog da biblioteca do CEIP San Tomé de Cambados, no que este curso temos como proxecto: "ILLAS ATLÁNTICAS"
miércoles, 17 de diciembre de 2025
jueves, 11 de diciembre de 2025
CONTOS POR SAMAÍN
Aproveitamos esta celebración que tanto lles gusta aos nenos e nenas para traballar a creatividade e a expresión escrita.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca argallaron a idea de realizar unha actividade multinivel, na que cada aula elaborase un conto de Samaín. Posteriormente, unha vez finalizados, os grupo-clase vinculados polo amadriñamento e apadriñamento lector xuntáronse para facer unha posta en común destes relatos e realizar unha lectura en voz alta dos mesmos.
Agora imos a encadernar estes relatos e así crear novos recursos para a biblioteca do centro.
Por aquí vos deixamos algunhas imaxes:
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
