O venres 13 de maio festexamos as Letras Galegas adicadas a Florencio Delgado Gurriarán e ao seu traballo en prol da nosa lingua. O seu compromiso vital coa terra e a lingua a través do seu traballo como poeta, articulista, editor, tradutor e a súa labor como activista cultural e político fanno merecedor de ser o gran protagonista das nosas letras no ano 2022. Para coñecer como o festexamos no noso cole so tedes que premer no seguinte enlace que vos levará ao blog de dinamización da lingua galega http://endlsantome.blogspot.com.
Blog da biblioteca do CEIP San Tomé de Cambados, no que este curso temos como proxecto: "VIAXANDO NO TEMPO"
jueves, 19 de mayo de 2022
martes, 10 de mayo de 2022
domingo, 1 de mayo de 2022
23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO
O venres 22 de abril festexamos o día do libro con un apadriñamento lector. Os nenos/as de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria eran os encargados de lerlle aos máis pequenos un libro elixido previamente por eles. Esta actividade tivo lugar tanto no interior como no exterior do centro, eran os rapaces os protagonistas da mesma, polo tanto podían elixir a ubicación que máis máxica lles parecera. Para rematar o día, os máis pequenos agasallaron aos seus padriños e madriñas con orixinais marcapáxinas feitos con moito amor.
Preme na imaxe para ver máis fotos deste fermoso día.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)