Blog da biblioteca do CEIP San Tomé de Cambados, no que este curso temos como proxecto: "VIAXANDO NO TEMPO"
martes, 20 de diciembre de 2022
lunes, 28 de noviembre de 2022
lunes, 6 de junio de 2022
Gañadores do certame radiofónico "O vello dos contos"

jueves, 19 de mayo de 2022
17 DE MAIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O venres 13 de maio festexamos as Letras Galegas adicadas a Florencio Delgado Gurriarán e ao seu traballo en prol da nosa lingua. O seu compromiso vital coa terra e a lingua a través do seu traballo como poeta, articulista, editor, tradutor e a súa labor como activista cultural e político fanno merecedor de ser o gran protagonista das nosas letras no ano 2022. Para coñecer como o festexamos no noso cole so tedes que premer no seguinte enlace que vos levará ao blog de dinamización da lingua galega http://endlsantome.blogspot.com.
martes, 10 de mayo de 2022
domingo, 1 de mayo de 2022
23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO
jueves, 21 de abril de 2022
Gravamos podcast para as Letras Galegas
Como este curso temos Radio na Biblio é obrigado sacarlle todo o rendemento posible, e boa proba diso son as gravacións de diferentes podcast para o Día das Letras Gaelgas.
A experiencia está a resultar moi enriquecedora, a implicación dos participantes é total e está a deixar unha semente importante: as gañnas de crear máis contidos.
Premendo na imaxe podedes acceder a máis fotos do proceso de gravación.
martes, 5 de abril de 2022
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2022

jueves, 10 de marzo de 2022
8M: Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible
O Día Internacional da Muller 2022 reivindinca os dereitos das mulleres baixo o lema: "Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible", reclamando unha acción polo clima por e para as mulleres.
A Axenda 2030 marca como obxectivo número 5: Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas. As bibliotecas deben apoiar a igualdade de xénero e ofrecer lugares, e actividades de encontro e empoderamento.
Na publicación elaborada polo Grupo de Traballo " Bibliotecas e Axenda 2030" do Consello de Cooperación Bibliotecaria: " A implicación das bibliotecas españolas na Axenda 2030" apúntase que é tamén destacable o papel das bibliotecas, como institucións de fonte de coñecemento, á hora de acabar coa brecha de xénero, atender á diversidade de xénero, lograr a igualdade e empoderar ás mulleres e as nenas.
As bibliotecas escolares de Galicia traballan, todo o curso, en prol dunha igualdade efectiva na nosa sociedade, formando cidadanía crítica. Arredor desta data promoven actividades coa lectura, o cine, a radio, a publicidade, a creación, a busca e tratamento da información ...
Para máis información Preme aquí
No noso centro festexamos este día tan significativo dialogando e ensalzando a figura da muller na nosa sociedade, e ensalzando a figura da muller na nosa sociedade e en distintos ámbitos, familiar, artístico, científico... Tamén puidemos disfrutar da actuación do grupo Migallas co seu espectáculo " Elas pintan moito" onde reivindicaron o importante papel de catro pintoras no ámbito artístico a nivel internacional.
martes, 8 de marzo de 2022
RETO " A MULLER E A MÚSICA"
lunes, 7 de marzo de 2022
DÍA DE ROSALÍA
A maiores, o EDLG elaborou un genially dirixido ao alumnado de infantil e outro genially dirixido ao alumnado de primaria co que os nenos e nenas, a través do xogo, puideron profundizar na vida e obra de Rosalía de Castro.
Preme aquí para poder acceder ao blog do EDLG.
lunes, 14 de febrero de 2022
RECOMENDACIÓN LECTORA PARA O ENTROIDO
O alumnado de cuarto de primaria quere compartir con todos vós unha recomendación lectora para o mes de febreiro en relación coa temática do Entroido. Esperamos que vos guste e vos animedes a descubrila.
viernes, 11 de febrero de 2022
11F: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA