Ui!!! Rematamos coa Paz e metémonos "a lo loco" no Antroido.
Mentres trafegamos cos vestidos e todas esas cousas, podemos ler un novo conto da Rata Luisa, mellor dito, dos fillos da Rata Luisa, que queren facer algunha trasnada no Antroido.
Blog da biblioteca do CEIP San Tomé de Cambados, no que este curso temos como proxecto: "VIAXANDO NO TEMPO"
viernes, 30 de enero de 2015
ALMANAQUE 2015
ALMANAQUE 2015
Aquí tendes o voso traballo sobre as tipoloxías textuais arredor dos faros cos que elaboramos o almanaque. A busca de información sobre efemérides é moi completa, e que dicir sobre os textos!
Dentro duns días terédelos colgados nas clases.
Aquí tendes o voso traballo sobre as tipoloxías textuais arredor dos faros cos que elaboramos o almanaque. A busca de información sobre efemérides é moi completa, e que dicir sobre os textos!
Dentro duns días terédelos colgados nas clases.
UN ADIANTO...
Todo comezou cunha necesidade, que axiña se convertiu en provocación e rematou con esto.
50 PALABRAS DE PAZ
Preparamos o día especial da Paz entre todos e todas, as titoras e titores, os equipos de Música, Inglés, Extraescolares, Tics e Biblioteca. A choiva estropeou parte da celebración mais non impediu emocionarnos. Pola contra, a Paz tamén supón facerlle fronte con ilusión aos contratempos.
Ao equipo de Biblioteca tocounos deixar nesta entrada as proxeccións que elaboramos para Infantil e Primaria e poder así miralas de novo na intimidade das vosas aulas,
Unha felicitación para todos e cada un-unha de vos por pintar miles de pedras para elaborar o Faro da Paz, da interpretación da canción, sobre todo a versión muda da mesma. Nesta felicitación incluímos tamén as titoras e titores, especialistas, a Mercedes e incluso a Inés e Alicia que axudaron a colocar as palabras do faro.
viernes, 23 de enero de 2015
UN MAR DE FAROS
Xa recollemos todos os faros que trouxéchedes, fixéchedes e tamén debuxáchedes. Só quedan tres e permanecerán aí ata rematar o curso. Por iso, para lembralos cando queirades, gardámolos como un video para mirar na tele.
viernes, 9 de enero de 2015
Unha pequena historia de Nadal
Todos os anos os Reis Magos chegan a San Tomé, pero como somos un pouco "liantes" teñen que andar a buscar o Belén. Atoparíano?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)