Blog da biblioteca do CEIP San Tomé de Cambados, no que este curso temos como proxecto: "VIAXANDO NO TEMPO"
lunes, 22 de diciembre de 2014
lunes, 8 de diciembre de 2014
jueves, 4 de diciembre de 2014
NORABOA
Hoxe queremos darlle a noraboa ao alumnado de 3º ciclo. Parabéns pola vosa actitude, pola atención, polas preguntas que fixéchedes o día que César Portela estivo no cole. Noraboa tamén ás vosas titoras por preparar tan ben esta visita, por falarvos da persoa que viña a contarnos, parecía, o seu labor na construcción do faro de Punta Nariga. E resultou que o seu faro quedou para o remate. Fixo un percorrido polos faros de Galicia, contounos porque estaban onde estaban, a razón das diferentes construccións, as súas alturas e aspectos constructivos... todo eso para chegar ao faro de Nariga. Pero, ademáis deso, falou de que un arquitecto, ao igual que un escritor, un músico, un pintor...ao primeiro que se enfronta é a un papel en branco e a un lápiz, a facer borradores, a rachar, volver a empezar, borrar, mellorar, mirar, escoitar, falar, buscar... e estudar. E que, senón iso, é o que facemos nós no cole como alumnos/as e mestres?
Tamén fixo moito fincapé en dous aspectos: o traballo en equipo e o respecto máximo ao medio. Sí, el é o proxectista, o deseñador, o calculador de estructuras pero sin os canteiros, os gruistas, o equipo técnico co que traballa, os transportistas, etc... non podería erguer ningún tipo de construcción. E quen seriamos nós sen os compañeiros do grupo, dese que debuxa de marabilla, do outro que aporta ideas, daquel que é un artista cos números, do que manexa o diccionario coma un raio, do que sabe compoñer o traballo con estética, do que discute porque non o ve claro? Non digamos do respecto ao medio no que nos movemos ou no que podemos movernos mañá. Pois tamén nos ensinou iso, como tantas veces o facemos as profes e os profes.
Xa está. Todos a unha.
Algunhas das imaxes dese día para os nenos e nenas que non estivéchedes alí.
Algunhas das imaxes dese día para os nenos e nenas que non estivéchedes alí.
EXPERIMENTOS DE ÓPTICA
Remataron os experimentos deste trimestre e agora toca poñervos as fotos que tanto pedides. Tardamos un pouco porque os nenos e nenas de Infantil ainda tiveron onte a última sesión. Xa completos,fixemos esta montaxe que esperamos sexa do voso agrado.
A visita de César Portela na prensa
A visita que nos fixo o arquitecto pontevedrés César Portela o pasado martes tivo repercusión na prensa local, xa que La Voz de Galicia publicouna na edición de Arousa.
Deixámosvos unha copia da mesma.
lunes, 1 de diciembre de 2014
ILUSIÓNS ÓPTICAS FISIOLÓXICAS
Aquí tendes a segunda parte das Ilusións ópticas que miramos a semana pasada nas sesions dos experimentos vista, cerebro e visión.
domingo, 30 de noviembre de 2014
OBRAS DE CÉSAR PORTELA
Un pouquiño máis para ver algunhas das obras civiles, particulares e o traballo que Portela fai no medio onde levanta as súas construccións.
VISITA DE CÉSAR PORTELA
César Portela é o arquitecto do faro de PUNTA NARIGA en Malpica, entre outras moitas obras tanto en Galicia como en España e no mundo enteiro. Xa sabedes que nos vai visitar o vindeiro martes pola maña para ter unha conversa co alumnado de 3º ciclo na Biblioteca. É por iso que vos deixamos aquí unhas entrevista nas que fala da súa obra baixo o título "ELOGIO DE LA LUZ". Hai máis videos na rede que tamén podedes ollar, como o emitido pola TVE na 2, neste enderezo que vos deixamos www.rtve.es/...cesar-portela-arquitectura.
Aquí tendes a imaxe do faro e os videos
http://www.rtve.es/alacarta/videos/elogio-de-la-luz/elogio-luz-cesar-portela-arquitectura-solidaria/1792351/
Aquí tendes a imaxe do faro e os videos
Sobre o faro de Punta Narig
a
Sobre o cemiterio de Fisterra
Sobre a súa vida
sábado, 29 de noviembre de 2014
jueves, 27 de noviembre de 2014
EXPERIMENTOS NA ESCOLA
Estamos a piques de rematar os 15 días de experimentos de óptica, luz, vista e visión, pero non imos publicar as fotos ata rematar de todo. Parécenos que vos gustaron moito e polo que estamos lendo nas vosas libretas, estamos moi contentas e contentos dos vosos comentarios e dos escritos. Para nós está sendo un pracer contar e ensinar esas experiencias que non están nos libros pero que son tan marabillosas. Encántanos as vosas caras sorprendidas, as bocas abertas, as ganas de probar, as preguntas tan complicadas que nos facedes e que non sempre sabemos respondervos ao instante pois temos que investigar para dar a resposta correcta. Aseguramos que aprendemos ao par, vos descubrichedes un montón de cousas e nos tivemos que buscar e organizar de maneiras diferentes para atendervos a todos. Unha chea de gracias ao alumnados e ao profesorado.
O equipo da biblioteca.
CÍRCULOS ÓPTICOS
Aqueles/as que queirades máis círculos ópticos podedes descargalos no documento que está máis abaixo. Tamén podedes miralos en google pois alí hai milleiros. Outra opción vai ser que os diseñedes vos. Posiblemente vos queden máis bonitos e personalizados. Animámosvos a que miredes moitos e logo os debuxedes ao voso gusto.
A opción máis doada para facelas no ordenador é empregar as ferramentas de paint para deseñar os circulos, anque se vos manexades en Photoshop ou arcsoft teredes máis posibilidades e variedades.
A opción máis doada para facelas no ordenador é empregar as ferramentas de paint para deseñar os circulos, anque se vos manexades en Photoshop ou arcsoft teredes máis posibilidades e variedades.
Powered by
Issuu
Publish for Free
domingo, 16 de noviembre de 2014
O FARO DE ONS
A seguinte imaxe serve para dúas cousas: primeiramente, para felicitar ao profe Manu por un regalo que nos vai facer a todos e todas para Reis, e como cariño, as profesoras Camino e Laura fixéronlle a maqueta do faro de Ons, que polo de agora quedará na escola. E en segundo lugar, para que vexades o efecto que fai unha lente cóncava sobre unha imaxe.
Gracias Manu.
CARACOL ROSA
CARACOL ROSA QUERÍA VER A LUZ DO FARO é unha historia feita polas nenas e nenos de 4 anos da profesora Elena. A súa protagonista saiu de outro conto que a profe lles leu na clase, e quixeron ter a súa propia historia: desde a elección da protagonista, a súa feitura, o nome, o título e o relato. Fixeron que Elena andara de noite pola illa de A Figueira asombrando aos habitantes se San Tomé co caracol no colo dun lado para outro.
Aquí o tendes.
Powered by
Issuu
Publish for Free
sábado, 15 de noviembre de 2014
O LUNS 17 ... EMPEZAMOS
Xa vos dirían as profes que o luns empezamos cos experimentos da luz e óptica. Os primeiros seredes os de 5º, martes baixan os de 6º e así o resto da semana e da seguinte tamén. Esperamos contar co profesor Mon, que destas cousas sabe un montón e seguro que nos fai máis bonitos os días.
As sesións van ser así:
1. Baixades ata a entrada da escola, pois non hai outro sitio amplio onde traballar xuntos en varias mesas. Alí sentades nos banquiños e miramos unha montaxe que nos explicará cousiñas sobre a luz, de onde ven, as súas propiedades, como se move, que instrumentos axudan a ver...
2. Despois repartirémonos en dous grupos: uns iredes ao cuarto escuro (a aula de PT) onde miraredes como se descompón a luz a través de aparellos ópticos, e outros quedaremos na entrada para practicar aquilo que miramos na montaxe:a auga como lente, espellos planos e curvos, as lentes cóncavas e convexas, microscopios e lupas, debuxos en movemento,...
Pensamos que ides aprender e, por enriba, vai gustarvos.
Algo así vai pasar
As sesións van ser así:
1. Baixades ata a entrada da escola, pois non hai outro sitio amplio onde traballar xuntos en varias mesas. Alí sentades nos banquiños e miramos unha montaxe que nos explicará cousiñas sobre a luz, de onde ven, as súas propiedades, como se move, que instrumentos axudan a ver...
2. Despois repartirémonos en dous grupos: uns iredes ao cuarto escuro (a aula de PT) onde miraredes como se descompón a luz a través de aparellos ópticos, e outros quedaremos na entrada para practicar aquilo que miramos na montaxe:a auga como lente, espellos planos e curvos, as lentes cóncavas e convexas, microscopios e lupas, debuxos en movemento,...
Pensamos que ides aprender e, por enriba, vai gustarvos.
Algo así vai pasar
lunes, 10 de noviembre de 2014
Semana dos experimentos
Despois de tantas semanas caladiños/as, xa case estamos a piques de sorprendervos cunha semana de experimentos sobre óptica, luz, visión... POR FIN!!! Experimentos!!!
Haberá un pouquiño de todo pero, anque vos pareza máxia non o é. Os ollos enganan, a luz xóganos malas pasadas -ou boas-. Xa veredes.
Adiantamos este:
Haberá un pouquiño de todo pero, anque vos pareza máxia non o é. Os ollos enganan, a luz xóganos malas pasadas -ou boas-. Xa veredes.
Adiantamos este:
O rato Francisco
Neste este tempo fresquiño, de castañas e matanzas, hai un ratiño lambón que,por circunstancias da vida e da boca, viuse en serios apuros. Podedes mirar o conto no seguinte video.
Powered by
Issuu
Publish for Free
domingo, 12 de octubre de 2014
CONSTELACIÓNS LECTORAS SOBRE FAROS
Ola. Xa temos seleccionados os libros de lectura e consulta arredor dos faros e a luz. Ainda faltan!!!, pero co que conseguimos podemos empezar a traballar. Así que esta semana as profes irán ensinándovos e falándovos deles para poder decidir a cal ou cales lle ides "meter os ollos, as mans e o naris". Adiantámosvos que falta o máis importante, que ainda se está cocendo... Pero iso será unha gratísima sorpresa para o próximo mes. Iremos contándovos.
miércoles, 8 de octubre de 2014
Terceira entrega da rata Luisa
Luisa visitou os faros, e arredor dos faros había paisaxes marabillosas. Coa súa cámara, Mon a través dos ollos da familia de ratos, retratou estas escenas da nosa costa.
Powered by
Issuu
Publish for Free
miércoles, 1 de octubre de 2014
AQUÍ, ALÍ, ALÁ CON MANOLO PAZ
O 30 DE SETEMBRO, OS NENOS E NENAS DE 4º A E 4º B FORON VISITAR A FUNDACIÓN DE ARTE CONTEMPORÁNEA DE MANOLO PAZ –O ESCULTOR CAMBADÉS- .
É UN FERMOSO MUSEO AO AIRE LIBRE, ENTRE O MAR E O MONTE DE CASTRELO. ALÍ AS PEZAS ESCULTÓRICAS CONVIVEN ENTRE ÁRBORES E REGUEIROS, “PRATOS XAPONESES” QUE RECOLLEN AUGA NA QUE SE REFLEXAN AS COPAS DAS ÁRBORES COMA ESPELLOS.
OS RAPACES E RAPAZAS BRINCARON ENTRE AS PEZAS, METÉRONSE NA CASA DE BAMBÚ E XOGARON CO CAN DO ARTISTA, ROCO. PERO TAMÉN LLE FIXERON UNHAS PREGUNTAS QUE O ESCULTOR RESPONDEU COAS PALABRAS XUSTAS, LACÓNICAS, SENTENCIOSAS… LEDE.
Alumno: Cal foi a primeira escultura que fixeches?
Manolo Paz: Pois non sei. Fun facendo oficio dende pequeno.
A. Cal é a túa escultura favorita?
M.P.: Quérolle a todas por igual
A. Sabes o nome de todas estas esculturas?
M.P.: Nooon. Aquela de alí (di sinalando co dedo) é "A Penúltima Cea", inspirada en patacas ensambladas. Fixen a maqueta en New York.
A. Ademáis da pedra e do ferro, con que outros materiais traballas?
M.P.: Si. Con zapatos e roupa vella.
A.:Arredor de que ano empezaches a traballar?
M.P.: Tarde. Eu nacín aquí (Castrelo) e no lugar non había xente que estivese ao tanto da escultura. Con todo, levo nesto dende neno.
A: Tes obras por outros países?
M.P.: En moitos. En Bélxica, Xapón, Holanda, España, California, Los Ángeles, Chicago...
A.: Que te levou a facer este museo?
M.P.: Cando volvín de New York empecei a mercar algunhas terras nas que poder colocar as miñas obras, e así, pouco a pouco, plantexeime facer desto un museo.
A: Traballas en colaboración con outros artistas?
M.P.: Bueno, cando fago obras moi grandes si que chamo a xente.
A: Esta arte, venche de familia?
M.P.: Non, non,
Ata aquí a conversa entre nenos, nenas e escultor. Para ver as fotos deste día picade no enlace.
Visita a Manolo Paz
Visita a Manolo Paz
martes, 30 de septiembre de 2014
De Illa Pancha a Cabo Silleiro
Powered by
Issuu
Publish for Free
lunes, 29 de septiembre de 2014
E... POR ONDE ANDA A RATA LUISA?
Á rata Luisa quedáballe por coñecer... as torres mariñas, faros, balizas e cantos sinais luminosos guían ós barcos polas costas galegas. E sabedes? Son tantos que non lle chegou unha sola viaxe.
Nesta nova aventura, Luisa e a familia percorren no seu coche vermello unha morea de faros, falan cun fareiro para coñecer con fundamento, andan, retratan e alucinan! Que país temos!
Claro, esto debémosllo ao noso profesor "xubilado" Mon Daporta, que pasou hai uns días polo cole para saber en que andabamos metidos. Desa información saíron tres historias para ler e consultar. Imos poñelas pouquiño a pouco. Aproveitádeas!!!!!
Nesta nova aventura, Luisa e a familia percorren no seu coche vermello unha morea de faros, falan cun fareiro para coñecer con fundamento, andan, retratan e alucinan! Que país temos!
Claro, esto debémosllo ao noso profesor "xubilado" Mon Daporta, que pasou hai uns días polo cole para saber en que andabamos metidos. Desa información saíron tres historias para ler e consultar. Imos poñelas pouquiño a pouco. Aproveitádeas!!!!!
Powered by
Issuu
Publish for Free
domingo, 14 de septiembre de 2014
XA EMPEZAMOS.....
Pouquiño a pouco, pero xa estamos listos para empezar.
Estes días as profesoras -e tamén os dous profesores titores- iran amosando este video nas aulas. É sospeitoso pois teredes que descubrir que agochamos detrás do título MIRA CON OLLO EXPERTO. Algúns collerédelo rápido, outros tardaredes un pouquño máis... Pois mira que ben! Así a emoción rende máis.
martes, 15 de julio de 2014
O SAPOCONCHO ANDRÉS
Ooooooola nenos e nenas. Como van esas vacacións? Vai caloriño eh!!!! Non sei si sabedes pero a algunhas de nós moléstanos o sol e agochámonos nas casas ata que chega o fresco da noite. Mentras tanto, lemos e inventamos para que leades... por se a alguén lle pasa o mesmo que a nós. Pois iso, hoxe deixamos aquí ao SAPOCONCHO ANDRÉS que nos conta, á súa maneira, outro contiño.
Ata calquera horiña.
Powered by
Issuu
Publish for Free
jueves, 10 de julio de 2014
CARAPUCHIÑA
Outro conto desta semana, coñecidísimo e contadísimo. Debuxouno o profe Mon Daporta e os profes da biblioteca puxémolo así de bonito para vos. Esperamos que o disfrutedes.
Powered by
Issuu
Publish for Free
miércoles, 9 de julio de 2014
UN CONTIÑO PARA OS MÁIS PEQUENIÑOS
Fácil de ler, coñecido e moi, moi resumidiño, aquí vos queda este contiño.
Powered by
Issuu
Publish for Free
DESPEDIDA DO CURSO
Rematamos o curso 2013-2014 e desexámosvos unhas merecidas vacacións a todos e a todas. Repasar? Estudar? Traballar? Tampouco é cousa diso, non vos parece? Dous meses de relax, de praia e xogos, festas, visitas, amigos e parque. Tamén algunha viaxe para coñecer e descansar, comer... O que non cansa nunca é ler, así que nos esquezades meter un libro na maleta, debaixo da almofada ou dentro da bolsa da praia (creo que este verán vai ser fresquiño). En calquera caso, a divertirse e disfrutar.
Bicos ao alumnado, familias e... PROFES, que tamén os merecen a miles.
Bicos ao alumnado, familias e... PROFES, que tamén os merecen a miles.
martes, 17 de junio de 2014
O Eco de San Tomé 2014
Xa temos o derradeiro número do Eco de San Tomé no que podedes ver gran cantidade de traballos feitos polos alumnos do cole.
A edición deste ano ten unha protagonista especial, a mestra Teresa, que despois de moitos anos se xubila. Así que sirva esta entrada como dedicatoria e homenaxe á nosa querida compañeira.
Preme aquí para ver unha versión descargable
A edición deste ano ten unha protagonista especial, a mestra Teresa, que despois de moitos anos se xubila. Así que sirva esta entrada como dedicatoria e homenaxe á nosa querida compañeira.
Powered by
Issuu
Publish for Free
miércoles, 11 de junio de 2014
Visita de Ricardo Gómez ao Ceip San Tomé
Onte foi un deses días que dificilmente poderemos esquecer. Como xa estaba anunciado, o escritor de Ojo de Nube, Ricardo Gómez, visitou o noso cole.
Eran as 9:15h cando ao entrar pola porta recibiu a primeira sorpresa; os alumnos de Infantil caracterizados como indios crow estaban a esperalo para cambiarlle o seu nome e rebautizalo como "Anteojo de Nube". Acompañounos ata as súas aulas, onde lle ensinaron os debuxos e demais traballos que realizaron a raíz do seu libro.
Posteriormente dirixiuse ao ximnasio do cole, onde todos os nenos de Primaria agardaban para charlar un rato con el e darlle algunha que outra sorpresa que fixeron que o día fora moi emocionante. Podedes velo neste vídeo:
Eran as 9:15h cando ao entrar pola porta recibiu a primeira sorpresa; os alumnos de Infantil caracterizados como indios crow estaban a esperalo para cambiarlle o seu nome e rebautizalo como "Anteojo de Nube". Acompañounos ata as súas aulas, onde lle ensinaron os debuxos e demais traballos que realizaron a raíz do seu libro.
Posteriormente dirixiuse ao ximnasio do cole, onde todos os nenos de Primaria agardaban para charlar un rato con el e darlle algunha que outra sorpresa que fixeron que o día fora moi emocionante. Podedes velo neste vídeo:
domingo, 8 de junio de 2014
Entrevista a Marta Leiro
A alumna de 4º A, Marta Leiro, ven de quedar finalista no II Certame de Relato Curto convocado pola Federación Provincial de ANPAs. Como premio, verá o seu relato publicado pola editorial Kalandraka baixo o título "Lucas e os tres Reis Magos".
Para saber máis sobre esta obra e outros asuntos máis persoais de Marta os seus compañeiros realizáronlle esta entrevista.
Para saber máis sobre esta obra e outros asuntos máis persoais de Marta os seus compañeiros realizáronlle esta entrevista.
miércoles, 14 de mayo de 2014
Comunicación co Concello en 4ºB
Os nenos e nenas de 4ºB de Primaria apreciaron problemas de seguridade vial nas inmediacións do colexio. Lonxe de quedarse nunha queixa puntual decidiron dar un paso máis e puxéronse en contacto co Sr. Alcalde mediante un escrito formal solicitando melloras neste aspecto.
Unhas semanas despois recibiron unha carta coa contestación á súa solicitude, co que o seu exercicio de cidadanía non caeu en saco roto e puideron ler as explicacións do Alcalde.
Na parte esquerda podedes ver ambos escritos.
martes, 29 de abril de 2014
Ojo de Nube en pictogramas
Boas!!
Como ben sabedes levamos unha tempada traballando co libro de Ricardo Gómez "Ojo de Nube".
Por se estaba pouco traballado á profe Elvira non se lle ocorreu mellor idea que elaborar un resumo do libro con pictogramas para dar cumprida atención á diversidade. O resultado do mesmo é espectacular e queremos compartilo con todos os nosos lectores. Premendo na imaxe do libro pódese acceder a el.
Como ben sabedes levamos unha tempada traballando co libro de Ricardo Gómez "Ojo de Nube".
Por se estaba pouco traballado á profe Elvira non se lle ocorreu mellor idea que elaborar un resumo do libro con pictogramas para dar cumprida atención á diversidade. O resultado do mesmo é espectacular e queremos compartilo con todos os nosos lectores. Premendo na imaxe do libro pódese acceder a el.
lunes, 28 de abril de 2014
E os nenos len máis...
Claro, os nenos e a nenas len máis porque sodes 400. Puxemos repartidos polo cole as follas tituladas QUE LIBRO ESTÁS LENDO? Non é de extrañar a aparición repetidísima de Ojo de Nube, pero tamén hai títulos de moi diversa temática. Mirádeos.
Os profes tamén len
Hoooome, non! Todos os días aconsellándovos que leades, e leades e leades e nos non iamos ler? Pois claro. E moito.
TARXETAS DE AUTORES GALEGOS
Este ano, para o día do libro, entregámosvos unhas tarxetas de cores. En cada tarxeta ía escrito o nome dun autor (poeta, novelista, ilustrador...) distinto porque, en Galicia, temos máis de 1000 autores.
Como esperabamos o traballo non rematou aqui: nas aulas fixéchedes investigación sobre eses nomes que vos tocaron ao chou. Aquí deixamos a mostra dalgúns deses traballiños.
Eugenio Carré Aldao
Neira Vilas
Bieito Iglesias
jueves, 24 de abril de 2014
Día do Libro
Como ben saberedes todos e todas, hoxe celebramos o Día do Libro.
Nas imaxes pode apreciarse a exposición que se montou na entrada principal do cole. Nela estaban os novos libros que se mercaron para a Biblioteca neste curso, incluindo -por suposto-, Ojo de Nube.
Os alumnos de diferentes cursos visitaron ao longo do día a exposición para ollear as novidades e tomar boa conta delas de cara a realizar futuros empréstitos na Biblio.
Nas imaxes pode apreciarse a exposición que se montou na entrada principal do cole. Nela estaban os novos libros que se mercaron para a Biblioteca neste curso, incluindo -por suposto-, Ojo de Nube.
Os alumnos de diferentes cursos visitaron ao longo do día a exposición para ollear as novidades e tomar boa conta delas de cara a realizar futuros empréstitos na Biblio.
jueves, 27 de marzo de 2014
Experiencias educativas no cole

Ao longo destas dúas últimas semanas tiveron lugar en algunhas aulas vairas experiencias educativas relacionadas coa elaboración de diferentes tipos de textos. Foron impartidas por Estela D`Angelo e Laura Benítez (nas imaxes), ambas profesoras da Universidade Complutense de Madrid.
Os nenos e nenas mostráronse participativos e deixaron moitos detalles da súa creatividade. Pola súa banda, Estela e Laura intentaron transmitir o seu saber con moita cercanía e amabilidade. Sen dúbida, foron xornadas que invitan á reflexión e que poden calar aportando novas alternativas aos traballos que se realizan nas aulas.
martes, 18 de marzo de 2014
Visítanos Estela D´Angelo
Mañá teremos unha interesantísima experiencia educativa no cole. Estela D´Angelo, profesora da Universidade Complutense de Madrid, estará no noso centro para compartir un ratiño cos alumnos dentro das aulas. Non queremos adiantar o contido da sesión; primeiro por manter un pouco a emoción, e segundo porque temos unha idea de como queremos comezar, pero é imposible saber cómo rematará.
Mañá vos informaremos do devenir da xornada. Lémonos!!
domingo, 16 de marzo de 2014
Cursos de formación
Os profes de San Tomé tamén van a clase. O proxecto da Biblioteca esixe que dediquen algunha que outra tarde a asistir a cursos de formación. As imaxes corresponden a unha das sesións que se celebraron en Pontevedra e que tiveron como protagonista -como non- a "Ojo de Nube".
Nas próximas semanas levaranse a cabo no centro experiencias educativas moi interesantes que vos iremos contando.
domingo, 9 de marzo de 2014
Ricardo Gómez

Premendo aquí accederás á súa páxina web, onde podedes atopar información sobre a súa vida e obra, premios, escolas que traballaron e traballan con Ojo de Nube..., pero esto xa é labor vosa.
OJO DE NUBE
Ola a todos/as. Como xa vos explicaron as profes, nos tamén temos que estudiar e ler moito. Estamos moi emocionados con este libro que xa case todos coñecedes, sobre todo a portada. Cantas cousas dixéchedes e cantas delas razoáchedes. Que ben! As porfes -e os profesores- xa o lemos e sabemos que moitos queredes avanzar polas follas do libro, pero tende paciencia.
Queremos que todos saibades as explicacións dadas ás preguntas que vos fomos formulando:
- Cando preguntamos, QUE VEDES? as respostas foron:
- Cabalos, unha nena, un mozo, unha luz, árbores, letras, nomes, un bosque, a portada dun libro, ...
2. QUE PODE SER ESA LUZ DO FONDO?
- Un faro, unha farola, unha fogueira, unha lanterna, un incendio, o sol, a lúa, unha estrela, un resplandor, o atardecer, o amencer,
3. QUE OU QUEN SERÁ OJO DE NUBE?
- A protagonista, o protagonista, o cabalo, a manda de cabalos, o nome do bosque, o nome do pobo
4. OJO DE NUBE SERÁ UN NENO OU UNHA NENA?
Os que estabades a favor dun neno dixéchedes: non ten peitos, vai desnudo, vai solo polo monte, os nenos non teñen o pelo tan longo...
Os que dixéchedes nena faláchedes do pelo longo, que ainda era pequena para ter peitos
5. A QUE SE DEBERÁ ESE NOME?
Rapaces e rapazas: aquí os máis pequenos foron tamén os máis certeiros: notouse moito o traballo do curso pasado no que os de infantil visitaron aos indios de Norteamérica. É un neno indio e chámase Ojo de Nube porque os indios sempre usan nomes de 3 palabras relacionadas coa Natureza. Tamén, e en esto todos o víchedes bastante rápido, que era un neno cego, como si tivese unha nube nos ollos que se miran brancos.
6. OJO DE NUBE, ESCAPA DE ALGO OU VAI CARA A ALGO?
Os que elexíchedes que ESCAPA: escapa do incendio, escapa dos vaqueiros, dos ladróns de cabalos, dos invasores, dun perigo, de Cristóbal Colón (jajajá), dun río envenenado, das serpes, ...
Os que elexíchedes que VAI CARA A.. : vai avisar ao poboado do lume, vai avisar que chegan os malos, busca a liberdade, leva os cabalos que atrapou ao poboado; vai ver á súa nai enferma, vai loitar contra os inimigos, leva aos cabalos a beber, volve á casa despois dun día de traballo...
Ben. Isto só é o principio. Como comprobáchedes, as vosas titoras e titores non vos leron as pistas de corrido senón que foron abrindo o libro por disintas páxinas e cada unha delas foi despertándovos a curiosidade. Veremos que pasa esta semana.
martes, 25 de febrero de 2014
Choqueiros
Boas lectoriños!
Como xa saberedes, este ano decidimos que no Entroido o disfraz predominante sexa o de choqueiro.
É un deses términos que todo o mundo recoñece (máis ou menos sabe o que é) pero que non resulta fácil definir. Así que consultamos co dicionario da RAG e o que nos atopamos foi o seguinte:
substantivo2Persoa que vai disfrazada con chocasO martes de Entroido habémonos disfrazar de choqueiros3por extensiónPersoa disfrazada con calquera roupa e cunha máscaraEstaban as rúas cheas de choqueiros
Máis claro agora? Pois mans á obra, a rebuscar no fondo dos armarios, a facer mesturas "imposibles" e seguramente xa teñas o teu disfraz e choqueiro.
Como xa saberedes, este ano decidimos que no Entroido o disfraz predominante sexa o de choqueiro.
É un deses términos que todo o mundo recoñece (máis ou menos sabe o que é) pero que non resulta fácil definir. Así que consultamos co dicionario da RAG e o que nos atopamos foi o seguinte:
substantivo2Persoa que vai disfrazada con chocasO martes de Entroido habémonos disfrazar de choqueiros3por extensiónPersoa disfrazada con calquera roupa e cunha máscaraEstaban as rúas cheas de choqueiros
Máis claro agora? Pois mans á obra, a rebuscar no fondo dos armarios, a facer mesturas "imposibles" e seguramente xa teñas o teu disfraz e choqueiro.
miércoles, 29 de enero de 2014
Textos expositivos no Día da Paz
No Día da Paz tiña que haber un cachiño do Proxecto de Biblioteca, así que puxemos aos nenos e nenas mans á obra e elaboraron coa axuda das súas mestras e mestres a portada do noso xornal escolar, "O Eco de San Tomé", dedicada á figura de Nelson Mandela. Na portada recóllense diversas novas que resumen un pouco a vida dunha das figuras destacadas do século XX e principios do XXI. Permanecerá colocada na entrada principal do colexio onde se poderá ler dende lonxe esa fantástica frase "Tende a man ao teu adversario"
jueves, 16 de enero de 2014
Divírtete lendo
Aquí vos poñemos un vídeo no que podedes ver como se anima a ler aos nenos e nenas doutros países
Suscribirse a:
Entradas (Atom)