Como o noso obxetivo nesta andaina é coñecer o lugar onde vivimos, unha visita obrigada, como non era a casa do concello. Así que alí fomos, paseando e disfrutando das nosas rúas no camiño.
Blog da biblioteca do CEIP San Tomé de Cambados, no que este curso temos como proxecto: "VIAXANDO NO TEMPO"
sábado, 26 de marzo de 2011
pintando un gran mural
Estamos xa metidos de cheo no noso proxecto e ademais dos traballos que facemos nas aulas, entre todos ambientamos o corredor e outros recunchos do cole.Nesta foto podedes ver como os nenos e nenas máis pequenos colaboran pintando un gran mural dunha zona emblemática do noso pobo, As ruínas de Santa Mariña Dozo, restos dunha igrexa medieval na que se ubica actualmente o ceminterio.
miércoles, 16 de marzo de 2011
EXCURSIÓN POR CAMBADOS
O venres 11 fomos por Cambados para aprender un pouco sobre as esculturas. Fomos ao museo do viño e vimos: a escultura de Manolo Paz "Laureiro"; alí nos explicaron un pouco sobre ela. Despois,fomos á praza de Ramón Cabanillas para ver a famosa escultura de Paco Leiro "Baco". E por último visitamos a reprodución da "Maiciña" feita por Francisco Asorey. E así rematou a nosa pequena pero divertida excursión por Cambados.
martes, 15 de marzo de 2011
os mestres do cole en busca de información
lunes, 14 de marzo de 2011
un novo proxecto, unha nova andaina
Neste curso 2010-2011 todos, desde os máis pequenos de tres anos recén chegados ao cole ata os maiores, comezamos unha nova andaina conxunta, coñecer a fondo o noso pobo, Cambados.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)