
Blog da biblioteca do CEIP San Tomé de Cambados, no que este curso temos como proxecto: "VIAXANDO NO TEMPO"
viernes, 2 de julio de 2010
O diccionario espacial en inglés
Con esto despedímonos ata setembro. Descansade moito, disfrutade un montón e esquecédevos da escola pero non de ler un pouquiño cada día.
Felices vacacións rapazas, rapaces e profes!!!!!
Felices vacacións rapazas, rapaces e profes!!!!!
Os libros de Inglés
Para rematar, quedan os libros que as profesoras de inglés Lucía e Guadalupe traballaron con todo o alumnado. Comezamos polos máis pequeniños.
O universo en cifras e letras
O 3º ciclo fixo un traballo contundente: O Universo en cifras e letras e un pequeno diccionario que fala de quásares, púlsares... Aquí vos queda.
As galaxias polos rapaces de 5º
Para saber o que son as galaxias, como se forman, os tipos, a distribución e a morte das mesmas -entre outras cousas- achégate ó libro dos de 5º. Se logo queres ampliar a información xa sabes, segue buscando nos múltiples libros que hai sobre o tema.
As mulleres no espacio
Esta señora chinesa-galega traballa no observatorio astronómico de Santigo e tivo a amabilidade de mandarnos unha carta logo de saber o traballo que estabamos a facer en San Tomé. Na carta, que a publicamos na revista deste ano, cóntanos o labor que fai e así soubemos que Josefina descobreu e púxolle o seu nome a unha estrela doble. Os nenos e nenas de 2º ciclo, e sobre todo os de 3º A da clase de Lula, investigaron e traballaron sobre as mulleres e o espacio, ademáis dos satélites...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)