Esta foi a segunda semana que adicamos a experimentar coa auga no colexio . Todo o alumnado, desde infantil de 3 anos ata 6º de primaria, pasou polo laboratorio para descubrir o que é a densidade, o volume e a masa. Descubriron que a auga pode voar, pesa, ocupa un espacio, pode medirse, fai que flotemos, afundamos ou aboiemos. Como se poden modificar as súas propiedades , por enriba, pasárono fenomenal. Sentimos moito non poder poñervos todas as fotos. Polo de agora deixámosvos este video.
Blog da biblioteca do CEIP San Tomé de Cambados, no que este curso temos como proxecto: "VIAXANDO NO TEMPO"
sábado, 24 de mayo de 2008
domingo, 18 de mayo de 2008
Deporte e Auga Doce
O venres pasado tivemos na escola a uns verdadeiros profesionais da auga e do lecer. Viñeron a falarlles ós rapaces e rapazas de como desfrutar da auga e da natureza á vez que gardaban o máximo respecto cara o medio ambiente e a súa propia seguridade. Cheché falounos das actividades que fan para nenos e adultos como directora de Turnauga, ensinounos videos e fotos, mandounos unhas fotos preciosas de barranquismo, raffting, piragüismo e rappel que fan nos ríos galegos que de certo non teñen nada que cobizar a outros paraxes naturais que vemos pola tele. Tamén estivo con ela un monitor do seu grupo. Trouxeron barcas, canoa, chaleques de salvamento, balizas de rescate, cascos, remos, roupas de neopreno e moito entusiasmo que conseguiron transmitir ó alumnado de San Tomé. Penso que o máis importante deste día foi a mensaxe seguinte: é posible pasalo ben sen estragar o medio ambiente. Moitísimas gracias por todo.http://4.bp.blogspot.com/
viernes, 16 de mayo de 2008
Monográfico sobre Roald Dahl

Durante dous meses no CEIP San Tomé desenvolvemos un proxecto sobre Roald Dahl. Os obxectivos principais eran os de coñecer ó autor e ler as súas obras...e FIXÉMOLO. Nestes dous meses estivemos rondando a Roald Dahl dende infantil ata 6º.
O departamento de normalización traduciu moitos dos libros do autor, preparamos un power point para infantil adaptando os textos, investigamos sobre a vida... e de todo esto saíron traballos preciosísimos:
- Paneis de lectores -50 lectores por panel, e nalgúns casos houbo que amplialos.
- Valoración das obras.
- Cadros sinópticos.
- Reescritura de textos
- Moitísimos traballos plásticos
Pero sobre todo as que tolearon co tema foron as mestras de inglés: traduciron, descibiron personaxes, investigaron, modelaron... ata felicitaron o nadal con Roald Dahl. Botaron por fóra.
E que vos imos contar do equipo infantil? Fixeron de todo e mesmo lograron que o crocodilo criara 110 crocodiliños. Podedes miralo no video.
miércoles, 7 de mayo de 2008
San Tomé énchese de auga doce
A AUGA DA VIDA
Estamos a traballar dende o departamento da biblioteca do noso cole un proxecto que titulamos A AUGA DA VIDA. Xa fixemos moitas actividades dende o mes de xaneiro e quedan ainda moitas cousas pendentes. Do que xa fixemos deixamos unha mostra neste blog ó que podedes acceder nos arquivos adxuntos. Esperamos que vos guste. http://bibliosantome@blogsport.com
martes, 6 de mayo de 2008
lunes, 5 de mayo de 2008
Inauguración do noso blog
Suscribirse a:
Entradas (Atom)