Ola a todos/as. Nesta entrada imos deixarvos un esquema para telo en conta á hora de poñerse a escribir e ler. A imaxe fala de extratexis de comprensiñon e escritura dun texto expositivo pero iso non quere dicir que non serva para outras tipoloxías textuais con unhas modificacións. Pensamos que é moi importante ter en conta os tres pasos que se recollen en cada aspecto: ANTES, DURANTE e DESPOIS. Segun o vaiades practicando veredes como vos é máis doado centrarse neste tipo de actividade.
Blog da biblioteca do CEIP San Tomé de Cambados, no que este curso temos como proxecto: "ILLAS ATLÁNTICAS"
martes, 14 de abril de 2015
lunes, 13 de abril de 2015
CANTO APRENDEMOS...
Un pequeno repaso da semana pasada quédabos neste LIM que fixemos dende a biblioteca.
domingo, 12 de abril de 2015
CONSTRUIMOS FAROS NOVOS
Cando pensamos que xa iamos rematar, ao alumnado de 2º ciclo deulles por pechar o libro coa elaboración e exposición de máis faros. A base de todos eles son 3 macetas e a decoración é persoal, por iso hai dende faros de area ata outros de gulichadas.
ELECTRICIDADE E MÁQUINAS
Que día tan especial foi o mércores!! Canta xente boa, comprometida e competente temos arredor nosa e que sorte temos na escola porque queren axudarnos encantados. Agora toca falar de Xocas Cores e do taller de electricidade de Salvador Cores. Xocas estivo toda a mañá do mércores na nosa biblioteca encargándose de informar e axudar a formar a vos e a nós. El non é mestre de escola, pero sí que é mestre da súa profesión. Que ben nos ensinou!, con que paciencia, ata tres veces repetiu o que lle pedimos e soubo contalo para cada un dos cursos, tan ben, tan ben que algúns decidiron a súa profesión para o futuro.
Pero ademáis de falarnos, durante 15 días el e o seu irmán Salvador montaron todos os aparellos que manipuláchedes: faros, xeneradores eólicos, pontes levadizas, circuitos, células fotovoltaicas, semáforos... E a cousa non acaba aí. Regaláronnos bolígrafos e tamén deixaron no colexio a bóla de luz que durante o resto do curso vai lucir na entrada.
Pensamos que habería que inventar un superlativo de gracias para casos coma este. Como ainda non o atopamos, mandámoslle un bico de 420 labios.
LÁMPADA DE LAVA
Ola a todos e todas. Como é imposible desenvolver na biblioteca todas as experiencias que temos programadas, durante uns días imos deixar en LECTORIÑO algúns videos e libros con experimentos para que os fagades vos nas aulas. Todas estas experiencias precisan materiais cortiás que tendes pola casa e pola escola. O tempo para facelo non vai máis alá dunha sesión de 50 minutos. Algúns SI necesitan a presencia dun adulto para vixiar o proceso -xa que necesitan lume, cortar con cúter, empregar subelas...- e non queremos que algo tan chulo poida amargarvos os resultados.
O primeiro destes experimentos é facer unha lámpara de lava. No libro que segue tendes as imaxes e unha escasa información sobre o proceso. Tamén descubriredes que vos pedimos algo ao remate da proba,pero lembrade que NUNCA vos imos pedir imposibles.
O primeiro destes experimentos é facer unha lámpara de lava. No libro que segue tendes as imaxes e unha escasa información sobre o proceso. Tamén descubriredes que vos pedimos algo ao remate da proba,pero lembrade que NUNCA vos imos pedir imposibles.
jueves, 9 de abril de 2015
Experimento cun dron
Dentro desta semana chea de experimentos os alumnos de 3º de Primaria puideron disfrutar dunha das novidades tecnolóxicas máis chamativas dos últimos anos: os drones. Da man de Miguel Prego aprenderon varias cousas relacionadas con estes artiluxios e tamén sobre os aparellos láser.
A xornada rematou cun vídeo que capturou o propio dron
A xornada rematou cun vídeo que capturou o propio dron
UN DRON PEQUENO... PERO MATÓN
martes, 7 de abril de 2015
SAN TOMÉ ELECTRIFÍCASE
Pois sí, mañá comezamos coa semana de experiencias de electricidade. Contamos con colaborades moi cualificados que farán que estes días de diversión e aprendizaxe sexan inesquecibles. Temos a Miguel Prego que ven falarnos da súa pasión polos drons, esas máquinas que están tan de moda, esperamos que para o bo. Tamén nos falará dun láser con 10 km. de alcance é, o mellor de todo, poderemos velos en funcionamento.
Contamos tamén con dous técnicos en montaxe e manipulación de aparellos eléctricos. Tráennos circuitos, semáforos, células fotovoltaicas, ascensores, pontes levadizas... e non podía faltar UN FARO. Estarán no cole ata a hora do recreo e a eles tocaralles explicar iso da electricidade, dos átomos, neutróns e protóns, por onde circulan... Seguro que será proveitoso. Son Salvador Cores e o seu irmán Xocas.
Outras experiencias estarán relacionadas coa electricidade estática: globos, auga, botellas, imáns, circuitos, labirintos, lámpadas de lava... que faremos en vivo e en directo os membros do equipo da biblioteca e o alumnado de 6º.
E o venres, para rematar, teremos un espectáculo sorprendente chamado RAIOS e CENTELLAS. Desto non imos dicir nada porque ides abraiar.
Lembrade que durante estes días temos que suprimir a actividade de biblioteca das mañáns pois imos convertila nun obradoiro eléctrico polo que pasaredes tooooodoooaaas. Que o disfrutedes
Contamos tamén con dous técnicos en montaxe e manipulación de aparellos eléctricos. Tráennos circuitos, semáforos, células fotovoltaicas, ascensores, pontes levadizas... e non podía faltar UN FARO. Estarán no cole ata a hora do recreo e a eles tocaralles explicar iso da electricidade, dos átomos, neutróns e protóns, por onde circulan... Seguro que será proveitoso. Son Salvador Cores e o seu irmán Xocas.
Outras experiencias estarán relacionadas coa electricidade estática: globos, auga, botellas, imáns, circuitos, labirintos, lámpadas de lava... que faremos en vivo e en directo os membros do equipo da biblioteca e o alumnado de 6º.
E o venres, para rematar, teremos un espectáculo sorprendente chamado RAIOS e CENTELLAS. Desto non imos dicir nada porque ides abraiar.
Lembrade que durante estes días temos que suprimir a actividade de biblioteca das mañáns pois imos convertila nun obradoiro eléctrico polo que pasaredes tooooodoooaaas. Que o disfrutedes
viernes, 27 de marzo de 2015
LIBRO PRESENTADO
A presentación á que asistiron os alumnos e alumnas de 6º, acompañadas polas profes titoras e, como non, pola profe emérita Teresa (dicir que se atopa en plena forma), foi bonita, alegre e simpática. Nas fotos que siguen podedes darvos unha idea do acto. Como nós non imos dicilo mellor que a xornalista Martina Miser, poñemos aquí a nova publicada na Voz de Galicia. Iso sí, apuntar que nas fotos aparece unha moi importante: a mesa dos ponentes botando a lingua con e para Merche.
Manu Felpeto e Elena Silvoso presentan o
libro «O Faro de CorazONS»
A novela narra a historia
dunha nena de Cambados e dun neno que vive na illa de Ons
LA VOZ Cambados, 27 de marzo de 2015.
Actualizado a las 17:25 h.
O alcalde de
Cambados, Luis Aragunde, acompañou ós profesores do colexio San Tomé,
Manuel Felpeto e Elena Silvoso na presentación do libro «O Faro de
CorazONS», novela que narra a historia dunha nena de Cambados e dun neno que
vive na illa de Ons. Manu Felpeto, profesor de educación física, explicou
que a narración comezou cun «xogo de palabras» respecto dunha illa de Ons que a
finais dos anos 70 sofre un despoboamento masivo que provoca o peche da escola.
Isto afecta sobre todo ó fareiro e familia que non poden abandonar a illa. As
vidas da cambadesa Lía e do neno de Ons, Martiño, crúzanse grazas a unha paixón
común: o faro de Ons.
Elena Silvoso, que ademais
de profesora é pintora, colaborou por vez primeira na ilustración dun libro.
Inspirouse nos protagonistas da novela e nos contextos reais nos que se
desenvolven. A ilustradora traballou con bases de óleo e tamén con acrílicos
para embelecer o volume. Julio Santos Pena, que tamén asistiu ao
acto, foi o penúltimo mestre da illa de Ons, dixo sentirse honrado de
figurar neste libro, suliñou que vivira tres anos coa súa muller naquela illa
idílica na que «nin sequera había luz eléctrica, pero na que fomos moi
felices». No acto de presentación tamén interviu o alcalde, que gabou a
iniciativa e felicitou ós autores pola obra que non só vai formar parte da área
de lingua castelá no colexio San Tomé, senón que acabará nos anaqueis das
bibliotecas dos outros centros públicos cambadeses.
O director do colexio
indicou que todo o claustro de profesores apoiaba este traballo e mostrouse
orgulloso de representalo nun acto desta natureza. Felicitou ós autores,
incluindo á maquetadora do libro, Elvira G. Sumay, dunha historia que vai
formar parte do proxecto anual «Os faros e a luz» da biblioteca do CEIP
San Tomé.
Imprimíronse 200
exemplares para repartir entre os alumnos do colexio de San Tomé e os outros
centros do municipio, así como nas bibliotecas e axencias de lectura. A
Deputación colaborou económicamente coa publicación en castelán que será
empregada polo colexio como libro de texto.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





