domingo, 12 de abril de 2015

ELECTRICIDADE E MÁQUINAS

Que día tan especial foi o mércores!! Canta xente boa, comprometida e competente temos arredor nosa e que sorte temos na escola porque queren axudarnos encantados. Agora toca falar de Xocas Cores e do taller de electricidade de Salvador Cores. Xocas estivo toda a mañá do mércores na nosa biblioteca encargándose de informar e axudar a formar a vos e a nós. El non é mestre de escola, pero sí que é mestre da súa profesión. Que ben nos ensinou!, con que paciencia, ata tres veces repetiu o que lle pedimos e soubo contalo para cada un dos cursos, tan ben, tan ben que algúns decidiron a súa profesión para o futuro. 
Pero ademáis de falarnos, durante 15 días el e o seu irmán Salvador montaron todos os aparellos que manipuláchedes: faros, xeneradores eólicos, pontes levadizas, circuitos, células fotovoltaicas, semáforos... E a cousa non acaba aí. Regaláronnos bolígrafos e tamén deixaron no colexio a bóla de luz que durante o resto do curso vai lucir na entrada. 
Pensamos que habería que inventar un superlativo de gracias para casos coma este. Como ainda non o atopamos, mandámoslle un bico de 420 labios.





No hay comentarios: