Blog da biblioteca do CEIP San Tomé de Cambados, no que este curso temos como proxecto: "ILLAS ATLÁNTICAS"
martes, 9 de junio de 2026
martes, 2 de junio de 2026
LECTURA DE FAMILIAS
O longo de todos os meses de abril e maio numerosas familias fixeron lecturas ao alumnado dentro da actividade "Lectura de familias".
Agradecemos moito a gran acollida que tivo na comunidade educativa e os bos momentos que pasamos grazas á súa xenerosidade.
lunes, 27 de abril de 2026
DÍA DO LIBRO
Coma cada curso, voltamos conmemorar o Día do Libro realizando unha lectura compartida no patio do centro entre as madriñas e padriños lectores e os seus afillados e afilladas. Por aquí vos deixamos algunhas imaxes desta fermosa actividade.
Ademais, tras este tempo de lectura, as alumnas e alumnos do segundo e terceiro ciclo de primaria desfrutaron da visita de Iago Fernández e Damián Gómez, autor e ilustrador do cómic "Fauna".
jueves, 5 de marzo de 2026
NAVEGA CON RUMBO
Esta semana, o alumnado de 5º de Educación Primaria recibiu unha charla enmarcada dentro do programa "Navega Rumbo". Nesta sesión, as nenas e nenos analizaron e reflexionaron sobre exemplos de situacións próximas á súa realidade, buscando facelas e facelos conscientes da importancia de protexer a súa identidade dixital, os riscos que poden aparecer no uso de dispositivos e plataformas en liña e a importancia de contrastar a información circula pola rede.
Este tipo de actividades enmárcase dentro dos obxectivos da biblioteca escolar, buscando favorecer a alfabetización informacional e mediática do alumnado.
jueves, 19 de febrero de 2026
IV CERTAME DE PODCAST
Por cuarto ano consecutivo, volve unha das actividades anuais pola que máis preguntan as nenas e nenos do noso centro: O CERTAME DE PODCAST!
martes, 3 de febrero de 2026
QUE COMECE A FESTA!
O vindeiro luns comezamos por fin cos tan ansiados ENTROIDIÑOS, dando así o pistoletazo de saída ao ENTROIDO 2026. Como cada curso, cada mandato do Meco está relacionado coa liña do PDI do centro. Neste caso, as illas atlánticas serán o noso fío condutor para amenizar as nosas vestimentas a próxima semana.
Ídevos preparando!
miércoles, 28 de enero de 2026
VOLUNTARIADO NA BIBLIO: PRÉSTAMO EN INFANTIL
Un curso máis, a nosa biblioteca participa no programa de Bibliotecas Solidarias, dende o cal se promove unha liña de voluntariado para os alumnos e alumnas máis maiores.
No noso caso, dadas as circunstancias nas que se atopan determinados espazos do centro por mor das obras de ampliación, como é o caso da biblioteca, vímonos na obriga de adaptar e simplificar este voluntariado. Este curso, en lugar de realizar o préstamo de libros na biblioteca, durante os tempos de recreo, as alumnas e os alumnos voluntarios de 6º de Primaria están a levar a cabo esta tarefa acudindo elas e eles mesmos ás aulas de infantil, un día á semana.
Por aquí vos deixamos algunhas imaxes destes fantásticos e fantásticas axudantes de biblioteca.

