Por cuarto ano consecutivo, volve unha das actividades anuais pola que máis preguntan as nenas e nenos do noso centro: O CERTAME DE PODCAST!
Esta cuarta edición xirará, ao igual que o fixeron as tres anteriores, en torno ao tema central do PDI deste curso, este ano centrado nas Illas Atlánticas de Galicia.
Por aquí vos deixamos o cartel que anuncia o certame e as bases para participar no mesmo.
Estamos desexando escoitar eses marabillosos podcast!

No hay comentarios:
Publicar un comentario