Mostrando entradas con la etiqueta FAROS E LUZ. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FAROS E LUZ. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de marzo de 2015

VISITA DE JULIO SANTOS PENA


         Aquí temos a Julio Santos, o mestre Dº Xulián  do libro El faro de corazONeS que algúns xa estades lendo. Pois mañá vai estar con todos nós de 10 a 11:30 no ximnasio da escola. A razón da visita? Ben. É doble: por un lado queriamos que o coñecerades físicamente pois é o último mestre da Illa de Ons, escoitar da súa voz o traballo, as emocións, as relacións, dificultades, alegrías, aprendizaxes e tantas cousas que nos teña que contar e responder sobre aqueles anos entre 1970 e 1973. Seguro que vai ensinarnos e sorprendernos.
          Por outro lado, o profe Manu convidouno a estar mañá con el e con Elena na presentación do libro na Biblioteca do Concello. Temos que agradecerlle que aceptara, non sabemos se máis encantado pola presentación ou pola visita á escola. En calquera caso estámoslle moi agradecidos que deixe Marín por unhas horas e veña a Cambados a coñecernos e coñecelo. 
   

jueves, 4 de diciembre de 2014

NORABOA

   Hoxe queremos darlle a noraboa ao alumnado de 3º ciclo. Parabéns pola vosa actitude, pola atención, polas preguntas que fixéchedes o día que César Portela estivo no cole. Noraboa tamén ás vosas titoras por preparar tan ben esta visita, por falarvos da persoa que viña a contarnos, parecía, o seu labor na construcción do faro de Punta Nariga. E resultou que o seu faro quedou para o remate. Fixo un percorrido polos faros de Galicia, contounos porque estaban onde estaban, a razón das diferentes construccións, as súas alturas e aspectos constructivos... todo eso para chegar ao faro de Nariga. Pero, ademáis deso, falou de que un arquitecto, ao igual que un escritor, un músico, un pintor...ao primeiro que se enfronta é a un papel en branco e a un lápiz, a facer borradores, a rachar, volver a empezar, borrar, mellorar, mirar, escoitar, falar, buscar... e estudar. E que, senón iso, é o que facemos nós no cole como alumnos/as e mestres? 
   Tamén fixo moito fincapé en dous aspectos: o traballo en equipo e o respecto máximo ao medio. Sí, el é o proxectista, o deseñador, o calculador de estructuras pero sin os canteiros, os gruistas, o equipo técnico co que traballa, os transportistas, etc... non podería erguer ningún tipo de construcción. E quen seriamos nós sen os compañeiros do grupo, dese que debuxa de marabilla, do outro que aporta ideas, daquel que é un artista cos números, do que manexa o diccionario coma un raio, do que sabe compoñer o traballo con estética, do que discute porque non o ve claro? Non digamos do respecto ao medio no que nos movemos ou no que podemos movernos mañá. Pois tamén nos ensinou iso, como tantas veces o facemos as profes e os profes. 
    Xa está. Todos a unha.

Algunhas das imaxes dese día para os nenos e nenas que non estivéchedes alí.

EXPERIMENTOS DE ÓPTICA

Remataron os experimentos deste trimestre e agora toca poñervos as fotos que tanto pedides. Tardamos un pouco porque os nenos e nenas de Infantil ainda tiveron onte a última sesión. Xa completos,fixemos esta montaxe que esperamos sexa do voso agrado.

lunes, 1 de diciembre de 2014

ILUSIÓNS ÓPTICAS FISIOLÓXICAS

Aquí tendes a segunda parte das Ilusións ópticas que miramos a semana pasada nas sesions dos experimentos vista, cerebro e visión.

domingo, 30 de noviembre de 2014

OBRAS DE CÉSAR PORTELA

Un pouquiño máis para ver algunhas das obras civiles, particulares e o traballo que Portela fai no medio onde levanta as súas construccións.

VISITA DE CÉSAR PORTELA

César Portela é o arquitecto do faro de PUNTA NARIGA en Malpica, entre outras moitas obras tanto en Galicia como en España e no mundo enteiro. Xa sabedes que nos vai visitar o vindeiro martes pola maña para ter unha conversa co alumnado de 3º ciclo na Biblioteca. É por iso que vos deixamos aquí unhas entrevista  nas que fala da súa obra baixo o título "ELOGIO DE LA LUZ".  Hai máis videos na rede que tamén podedes ollar, como o emitido pola TVE na 2, neste enderezo que vos deixamos  www.rtve.es/...cesar-portela-arquitectura.

Aquí tendes a imaxe do faro e os videos



Sobre o faro de Punta Narig

a

Sobre o cemiterio de Fisterra



Sobre a súa vida




http://www.rtve.es/alacarta/videos/elogio-de-la-luz/elogio-luz-cesar-portela-arquitectura-solidaria/1792351/

domingo, 12 de octubre de 2014

CONSTELACIÓNS LECTORAS SOBRE FAROS

Ola. Xa temos seleccionados os libros de lectura e consulta arredor dos faros e a luz. Ainda faltan!!!, pero co que conseguimos podemos empezar a traballar. Así que esta semana as profes irán ensinándovos e falándovos deles para poder decidir a cal ou cales lle ides "meter os ollos, as mans e o naris". Adiantámosvos que falta o máis importante, que ainda se está cocendo... Pero iso será unha gratísima sorpresa para o próximo mes. Iremos contándovos.


domingo, 14 de septiembre de 2014

XA EMPEZAMOS.....

Pouquiño a pouco, pero xa estamos listos para empezar. 
Estes días as profesoras -e tamén os dous profesores titores- iran amosando este video nas aulas. É sospeitoso pois teredes que descubrir que agochamos detrás do título MIRA CON OLLO EXPERTO. Algúns collerédelo rápido, outros tardaredes un pouquño máis... Pois mira que ben! Así a emoción rende máis.