martes, 7 de abril de 2015

SAN TOMÉ ELECTRIFÍCASE

Pois sí, mañá comezamos coa semana de experiencias de electricidade. Contamos con colaborades moi cualificados que farán que estes días de diversión e aprendizaxe sexan inesquecibles. Temos a Miguel Prego que ven falarnos da súa pasión polos drons, esas máquinas que están tan de moda, esperamos que para o bo. Tamén nos falará dun láser con 10 km. de alcance é, o mellor de todo, poderemos velos en funcionamento.

Contamos tamén con dous técnicos en montaxe e manipulación de aparellos eléctricos. Tráennos circuitos, semáforos, células fotovoltaicas, ascensores, pontes levadizas... e non podía faltar UN FARO. Estarán no cole ata a hora do recreo e a eles tocaralles explicar iso da electricidade, dos átomos,  neutróns e protóns, por onde circulan... Seguro que será proveitoso. Son Salvador Cores e o seu irmán Xocas.

Outras experiencias estarán relacionadas coa electricidade estática: globos, auga, botellas, imáns, circuitos, labirintos, lámpadas de lava... que faremos en vivo e en directo os membros do equipo da biblioteca e o alumnado de 6º.

E o venres, para rematar, teremos un espectáculo sorprendente chamado RAIOS e CENTELLAS. Desto non imos dicir nada porque ides abraiar.

Lembrade que durante estes días temos que suprimir a actividade de biblioteca das mañáns pois imos convertila nun obradoiro eléctrico polo que pasaredes tooooodoooaaas. Que o disfrutedes






No hay comentarios: