Manu Felpeto e Elena Silvoso presentan o
libro «O Faro de CorazONS»
A novela narra a historia
dunha nena de Cambados e dun neno que vive na illa de Ons
LA VOZ Cambados, 27 de marzo de 2015.
Actualizado a las 17:25 h.
O alcalde de
Cambados, Luis Aragunde, acompañou ós profesores do colexio San Tomé,
Manuel Felpeto e Elena Silvoso na presentación do libro «O Faro de
CorazONS», novela que narra a historia dunha nena de Cambados e dun neno que
vive na illa de Ons. Manu Felpeto, profesor de educación física, explicou
que a narración comezou cun «xogo de palabras» respecto dunha illa de Ons que a
finais dos anos 70 sofre un despoboamento masivo que provoca o peche da escola.
Isto afecta sobre todo ó fareiro e familia que non poden abandonar a illa. As
vidas da cambadesa Lía e do neno de Ons, Martiño, crúzanse grazas a unha paixón
común: o faro de Ons.
Elena Silvoso, que ademais
de profesora é pintora, colaborou por vez primeira na ilustración dun libro.
Inspirouse nos protagonistas da novela e nos contextos reais nos que se
desenvolven. A ilustradora traballou con bases de óleo e tamén con acrílicos
para embelecer o volume. Julio Santos Pena, que tamén asistiu ao
acto, foi o penúltimo mestre da illa de Ons, dixo sentirse honrado de
figurar neste libro, suliñou que vivira tres anos coa súa muller naquela illa
idílica na que «nin sequera había luz eléctrica, pero na que fomos moi
felices». No acto de presentación tamén interviu o alcalde, que gabou a
iniciativa e felicitou ós autores pola obra que non só vai formar parte da área
de lingua castelá no colexio San Tomé, senón que acabará nos anaqueis das
bibliotecas dos outros centros públicos cambadeses.
O director do colexio
indicou que todo o claustro de profesores apoiaba este traballo e mostrouse
orgulloso de representalo nun acto desta natureza. Felicitou ós autores,
incluindo á maquetadora do libro, Elvira G. Sumay, dunha historia que vai
formar parte do proxecto anual «Os faros e a luz» da biblioteca do CEIP
San Tomé.
Imprimíronse 200
exemplares para repartir entre os alumnos do colexio de San Tomé e os outros
centros do municipio, así como nas bibliotecas e axencias de lectura. A
Deputación colaborou económicamente coa publicación en castelán que será
empregada polo colexio como libro de texto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario