domingo, 15 de marzo de 2015

PROPOSTAS PARA ARGUMENTAR

Deixamos aquí unha ducia de propostas sobre as que podedes argumentar. A condición é a seguinte: os máis pequenos só teñen que dar unha razón, os de 1º ciclo deben escribir 2, o 2º ciclo aportará 3 razóns e 5º e 6º terán que elaborar 4 argumentos , baseándose en feitos, exemplos, datos, citas...  Podedes argumentar a favor ou en contra. Alá cada un... Quen se atreve?

PROPOSTAS:

1. Regalar caramelos nos cumpleanos
2. Celebrar os cumpleanos nun parque de bólas
3. Ir a piscina ou ir á praia no verán?
4. Ir de vacacións á praia ou á montaña?
5. Durmir coa luz encendida ou con ela apagada?
6. Ter tele no cuarto ou non tela?
7. Meter un can nun piso ou non?
8. Coller libros na biblioteca ou mercalos?
9. Que chova ou que non chova
10. Usar gafas ou lentillas?
11.Ir ao cine ou ver películas en video
12. Libros en papel ou  dixitais

As respostas e tamén, si tendes outras ideas para argumentar, por favor entregádellas por escrito á vosa titora/titor. Gracias

No hay comentarios: