Blog da biblioteca do CEIP San Tomé de Cambados, no que este curso temos como proxecto: "UN MUNDO, MOITAS VOCES"
domingo, 24 de marzo de 2013
A LLAMA
Outro dos animais moi importantes para os habitantes dos Andes en Sudamérica é a Llama. Aquí está unha pequena reportaxe útil para as vosas investigacións
A ALPACA
Durante os próximos días iremos poñendo aquí algúns dos animais que estades a traballar. Estes van de forma divertida pero moi ben explicada polo profe Mon. Serviravos para completar, profundizar e mesmo decatarvos de aspectos nos que non repararades. Ánimo co traballo!!!!
ETIQUETAS
Deixamos aquí unha mostra das etiquetas que aparecen ao carón de cada peza das exposicións. Nelas dase unha información básica do que representa, pero avós pódevos servir para profundizar.
sábado, 23 de marzo de 2013
AS NAIS E OS PAIS
Ola a todas e todos. Queremos anunciar que á volta das vacacións os pais e nais dos nosos compañeiros/as de outros países van vir ao cole falarnos dos seus costumes, das súas linguas, tradicións, comidas...
No cadro podedes ver como o temos organizado
As nais son: Ana, a mamá de Esteban. É polaca.
Fátima, a mamá de Carmen Irina e de Andrei. Rusos.
As mamás de Tamara, Niurka, Iker e Marca dende Perú.
Dende China, a nai de Raquel e a de Jie Wang.
A nai de Rania e Noor que é de Marrocos.
Coas profes iredes preparando un pouquiño estas charlas e prepararedes algunhas preguntas para que vos contesten.

Exposicións a eito
Xa temos case todo preparado. Estamos axudando ao equipo de extraescolares a rematar a montaxe a exposición sobre cousas do mundo. As "cousas" están organizadas en seccións. Percorrendo o cole ides atopar mostras de artesanía, instrumentos musicais, escrituras en moitos idiomas, moedas e billetes, pequenas xoias e bisutería, libros e roupa... Bueno, a roupa ainda non está porque nos faltan maniquís, perchas, pinzas, etc, pero neso estamos. Esperamos que as disfrutedes cando as visitedes coas titora ou pola vosa conta. Unha petición: vos solos/as non debedes tocalos, e si o facedes, que sexa con coidadiño. Lembrade: todo é prestado e debemos coidalo máis que se fose noso.
Para ver algunhas fotiños mirade o blogue de extraescolares.
Boas vacacións!!!
miércoles, 13 de febrero de 2013
O BURRO
Dentro do estudo dos animais do mundo que estades a facer nalgunhas aulas, veunos á man dende a cabeza de Mon vía pen drive ata o noso ordenador, un documento moi interesante, curioso, simpático e científico sobre un animaliño pouco estimado cun nome que algúns utilizan para amolarnos. Pero mirade por onde o sustantivo ou calificativo nada ten que ver co que aquí se conta. Prestade atención!!!!
o burro by
AS CASAS DE 4º B
O curso de 4º B leu un precioso libro de
Paula Carballeira titulado “Casas”.
Un libro de relatos e poemas que abordan o concepto da vivenda e a vida
no seu interior en países moi lonxanos pero todos eles entrañables. Froito
desas lecturas colectivas na “hora de ler” e da posta en común qué a profesora
Lula ten moi ben organizada, saíron outros relatos, descripcións, xuizos
críticos e, o qué hoxe vos imos deixar aquí: un traballo plástico sobre as
casas tal como as imaxinaron os seus alumnos/as. Anque todos traballaron por
parellas nalguns casos tamén se aprecia a colaboración importantísima dos pais
e nais, aos qué lle agradecemos o seu interese pola escola e no qué aque
traballamos.
martes, 12 de febrero de 2013
Libros para o San Valentín
Boas lectoriñ@s!!
O próximo xoves volvemos ao cole e, coincidencias da vida, é o día dos namorados, o San Valentín.
Se queredes ler algún libro relacionado con este fermoso día, aquí tes algunhas propostas:
Enamorados. Ed. Kókinos
Ernesto quere a Salomé pero non sabe como demostrarllo, realmente, tampouco sabe o que é estar namorado... Este libro davos algunha pista.
La media naranja. Ed. Thule.
Cando coñeces á túa media laranxa non sempre está madura. Pero se realmente é a túa metade, non tardará en caer da árbore e estará lista.
Abuelos. Chema Heras y Rosa Osuna
Preciosa historia de dous avós que aceptan o paso dos anos. A beleza exterior pérdese pero podes atopala mirando na profundidade dos ollos con amor.
Adivina cuánto te quiero. Ed. Kókinos
¿Pódese medir o amor? Moitas veces queremos cuantificar este sentimento, pero non é algo doado.

miércoles, 6 de febrero de 2013
Libros do Entroido
Xa chegou o Entroido a San Tomé!!
Nótase polos corredores que a Interculturalidade tivo moito que ver neste Entroido 2013... Pero das imaxes e dos recursos para traballar o Entroido encárganse os nosos compañeiros de Extraescolares.
O que nos trae a nós por aquí é aconsellarvos algún que outro libro que ten como temática principal o Entroido; aí van:
Carnaval. Ed. La Galera
Neste libro aprenderás dunha forma comprensible todo o relacionado co Entroido e cos disfraces.
El carnaval de los animales. Ed. Juventud.
Neste libro os disfraces son unha disculpa para coñecer aos animais.
Os contos da rata Luisa. A Nosa Terra.
O noso roedor máis querido e entrañable vive unha das súas apaixoantes historias no Entroido máis cercano.
Teo se disfraza. Timun Mas Infantil.
Teo e os seus amigos prepáranse a conciencia para saír polas rúas disfrazados en pleno Entroido.
Los disfraces de las tres mellizas. Destino Infantil y Juvenil.
Neste libro tes tres bonecas magnéticas ás que poderás disfrazar de moitas maneiras!!

O Entroido. Ed. Galaxia
Todo o mundo tolea neste libro, a xente se disfraza pola rúa, hai filloas para todos...

viernes, 1 de febrero de 2013
UNS CONTOS SELECCIONADOS
Moi boas mañáns! Estes días da Paz fixemos unha selección de traballos feitos na clase polos nenos e nenas de 4ºB e 5º A. Démoslle a ler un capítulo do libro "Saudades de Kissinger" do escritor de Tel Aviv, Israel, Ergar Keret.
O capítulo titúlase "Escachar o porquiño". Unha profe leullo nas clases e resulta que o final non llo contou. Pediulles que escribisen eles un posible final e moi poucos mataron a Pesahzón... Claro, os que non lestes o relato non vos estades a enterar do que vos contamos. P
ara arreglalo, de seguido quédabos o capítulo e algúns dos finais seleccionados. De ningún hai nada que dicir, todos teñen o seu encanto, todos amosan os sentimentos dos autores e autoras. Moitas felicidades.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)