Ola a todas e todos. Queremos anunciar que á volta das vacacións os pais e nais dos nosos compañeiros/as de outros países van vir ao cole falarnos dos seus costumes, das súas linguas, tradicións, comidas...
No cadro podedes ver como o temos organizado
As nais son: Ana, a mamá de Esteban. É polaca.
Fátima, a mamá de Carmen Irina e de Andrei. Rusos.
As mamás de Tamara, Niurka, Iker e Marca dende Perú.
Dende China, a nai de Raquel e a de Jie Wang.
A nai de Rania e Noor que é de Marrocos.
Coas profes iredes preparando un pouquiño estas charlas e prepararedes algunhas preguntas para que vos contesten.
No hay comentarios:
Publicar un comentario