martes, 12 de febrero de 2013

Libros para o San Valentín

Boas lectoriñ@s!!
O próximo xoves volvemos ao cole e, coincidencias da vida, é o día dos namorados, o San Valentín.
Se queredes ler algún libro relacionado con este fermoso día, aquí tes algunhas propostas:

Enamorados. Ed. Kókinos
Ernesto quere a Salomé pero non sabe como demostrarllo, realmente, tampouco sabe o que é estar namorado... Este libro davos algunha pista.








La media naranja. Ed. Thule.
Cando coñeces á túa media laranxa non sempre está madura. Pero se realmente é a túa metade, non tardará en caer da árbore e estará lista.








Abuelos. Chema Heras y Rosa Osuna
Preciosa historia de dous avós que aceptan o paso dos anos. A beleza exterior pérdese pero podes atopala mirando na profundidade dos ollos con amor.







Adivina cuánto te quiero. Ed. Kókinos
¿Pódese medir o amor? Moitas veces queremos cuantificar este sentimento, pero non é algo doado.

No hay comentarios: