Xa chegou o Entroido a San Tomé!!
Nótase polos corredores que a Interculturalidade tivo moito que ver neste Entroido 2013... Pero das imaxes e dos recursos para traballar o Entroido encárganse os nosos compañeiros de Extraescolares.
O que nos trae a nós por aquí é aconsellarvos algún que outro libro que ten como temática principal o Entroido; aí van:
Carnaval. Ed. La Galera
Neste libro aprenderás dunha forma comprensible todo o relacionado co Entroido e cos disfraces.
El carnaval de los animales. Ed. Juventud.
Neste libro os disfraces son unha disculpa para coñecer aos animais.
Os contos da rata Luisa. A Nosa Terra.
O noso roedor máis querido e entrañable vive unha das súas apaixoantes historias no Entroido máis cercano.
Teo se disfraza. Timun Mas Infantil.
Teo e os seus amigos prepáranse a conciencia para saír polas rúas disfrazados en pleno Entroido.
Los disfraces de las tres mellizas. Destino Infantil y Juvenil.
Neste libro tes tres bonecas magnéticas ás que poderás disfrazar de moitas maneiras!!
O Entroido. Ed. Galaxia
Todo o mundo tolea neste libro, a xente se disfraza pola rúa, hai filloas para todos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario