Blog da biblioteca do CEIP San Tomé de Cambados, no que este curso temos como proxecto: "VIAXANDO NO TEMPO"
jueves, 23 de abril de 2015
PREPARANDO O DÍA DO LIBRO
Anque un pouco tarde, xa temos todo listo para mañá, 23 de abril. Rematamos o proxecto da Biblioteca que comezamos en outubro anque esto non significa que deixemos de traballar nos textos e con eles.
A organización dos actos é así:
Despois da hora de ler, os cursos de 3º a 6º baixaredes áo ximnasio. Alí escoitaremos unha entrevista que Marta lle vai facer a Elena e a Manu. Ao remate, neno/as de 5º e 6º daranlle unha sorpresa aos nosos protagonistas dirixidas pola profe de música Mónica. De seguido, todos e todas subiredes ás aulas e, según vos vaiamos avisando, baixaredes para que vos asinen o voso exemplar do Faro de Corazones.
Mentres esto pasa, o alumnado de Infantil, 1º e 2º entrarán no ximnasio para ver a representación "sorpresa" e recibirán un marcapáxinas do Faro de Corazones.
Tamén colocaremos polos patios, entre as árbores do xardín, nas cancelas, pequenos relatos sacados do texto orixinal para que vós e as vosas familias poidades ler anaquiños da historia de Lía e Martiño.
De seguido podedes ver -bueno, xa o víchedes- como ambientamos a entrada para mañá.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Foi o mellor dia do libro desde que estou na escola.
Alba
Moitas gracias ao profe Manuel Felpeto e a profesora Elena Silvoso por adicarme o libro con moito cariño.
Amin tamén me puxeron con cariño e estou contenta. Gustarome moito os cuadros de Elena. O peixe parece unha foto pero non o é. Lidia.
Güstame que os profes do noso ceip san tome fagan tantas cousas bonitas e se preocupen porla nosa educación. Carlos
Publicar un comentario